A segunda feira do Carballiño durante o estado de alarma baixa en asistencia de clientes

Esa foi a sensación xeral da segunda feira que tivo lugar este sábado. A concelleira de Servizos Públicos Rosa Fuentes, informaba a pasada semana que preferían manter as precaucións e cautelas e non ampliar o número de postos o que suporía unhas maiores aglomeracións de visitantes á feira. Únicamente houbo postos de produtos agroalimentarios, agás un par de postos de artesanía.

VIDEO

AVANTAR ACTIVIDADES

Esta é unha das causas que refiren algún feirantes, que se non están todos á chamada a clientela non é tan forte.

Outros lle ven a explicación en que as hortas xa están postas e non necesitaban xa mercar as sementes e as plantas.

E tamén hai que considera que o medo das persoas maiores e a imposibilidade de movemento entre provincias fixo que pasada a euforia da primeira feira a esta non se animara tanta xente.