Comeza o derrubo do ático ilegal da Alameda

A empresa encargada do derrubo do ático ilegar ubicado na Alameda, xa comezou a pasada semana a preparar estas obras. Será o concello o encargado de executalas, cun custo que ascende a preto de 30.000 euros, que posteriormente será trasladado ó seu propietario.

Publicidade

Esta problemática remóntase ó ano 2009, e no pasado ano retomouse o proceso xudicial, no que o propio concello foi investigado por non facer que se executase o derrubo da parte do edificio que non cumpre ca normativa.