A asociación fotográfica O’Potiños ten espalladas pola vila e noutros espazos fora un total de 13 exposicións, que estarán activas durante este mes de febreiro e logo rotarán a súa ubicación. Unha delas é “Carballiño vila termal”, na casa do concello. Esta mostra amosa o potencial termal dos tres balnearios da vila: o de Arcos, o de Partovia e o Gran Balneario.
Ademais, tamén se poden desfrutar doutras mostras no Casino, no Café Peñasco, no Café Plaza, no Hotel Arenteiro, no Asador Veracruz, no Pazo da Almuzara, nas Galerías Alameda, no Doctor Café, no concello de Maside, en Cosaga Ourense, en Ferreira de Pantón e no concello de Sober.