A andaina do Pan de Cea supera os 200 participantes. Inscríbete ata o sábado

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A Andaina Festa do Pan de Cea alcanza a súa sexta edición. Celebrarase o vindeiro domingo 26 de xuño, con saída ás 9:00 horas para os participantes no percorrido de 20 kms, e ás 10:00 horas para os do percorrido de 10 kms, desde a Praza Maior de Cea.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Haberá sorteo de agasallos, pincho a chegada, puntos de avituallamento e unha paisaxe espectacular.

Nesta edición a organización apostou por ubicar as sinais en estacas, coa idea de ser máis respetuosos e evitar pintadas e usar árbores ou outro lugares para as colocación dos indicadores. Algo máis de 100 estacas foron colocadas para tal efecto, de cor vermella para o percorrido longo e de cor azul percorrido curto.

Ata hoxe, superábanse xa os 200 inscritos. Pero para os que aínda non o fixeron, teñen ata o próximo sábado.

Para inscribirse o procedemento é realizar o pagamento de 8 € no número de conta posto a disposición, que se pode consultar no concello ou nas súas redes sociais, poñer no concepto “Andaina Festa do Pan”. O xustificante de pagamento enviarase por Whatsapp ao 672122300 ou a cultura@concellodecea.com e recibirán confirmación da inscrición.