“Putin está usando o gas como un arma de guerra”, recorda Nicolás González

IES CHAMOSO LAMAS

O almacenamento de gas mellorará a seguridade do fornezo da UE

Esta mañá o pleno do Parlamento Europeo debateu sobre asegurar o fornezo de gas
nos estados membros da UE de cara ao inverno, algo que debe facerse máis rápido
como resposta á guerra de Rusia contra Urania.
O eurodeputado socialista, Nicolás González Casares, interveu durante a sesión para
recordar as palabras do Presidente da Axencia Internacional da Enerxía: “Canto máis
nos achegamos ao inverno, máis entendemos as intencións de Rusia”. O inverno cada
vez está máis cera, o gas redúcese, os prezos aumentan. “Agora necesitamos emendar
os erros da alta dependencia de Rusia”, insistiu o europeizado socialista, que
considera o acordo provisional entre o Consello e o Parlamento Europeo sobre a
lexislación relativa ao almacenamento do gas, “un paso importante para mellorar a
seguridade do fornezo da UE nun contexto de guerra”.

HIPER MASIDE

O acordo establece como obxectivo que o almacenamento subterráneo de gas no
territorio dos Estados membros debe cubrirse polo menos ata o 80 % da súa
capacidade antes do inverno de 2022-2023 e ata o 90 % antes dos invernos seguintes.
A Unión intentará, de forma colectiva, cubrir o 85 % da capacidade de almacenamento
NOTA DE PRENSA nicocasares.eu
subterráneo de gas en 2022. Para González Casares garantir un mínimo de
almacenamento “é crucial”,, sendo, ademais, esta unha forma de “emendar un fallo
de mercado” vendo que “a intervención pública resulta necesaria para garantir a
seguridade de fornezo”

Dado que non todos os Estados membros dispoñen de instalacións de almacenamento
no seu territorio nin parten das mesmas circunstancias, o acordo necesitou reflectir
esta realidade “acomodándose as especificidades dos Estados Membros”.
Durante a súa intervención, Nicolás González recordou que “temos que seguir
avanzando en reformas” porque a escaseza de gas “tamén afecta ao mercado
eléctrico e ás regras de prezo”.
Para finalizar, o eurodeputado socialista reiterou a mensaxe de que Rusia non pode
ser un provedor fiable da UE e a necesidade de apostar polas enerxías renovables.
“Ademais de independizarnos de Rusia e os combustibles fósiles, temos que seguir
profundando na transición enerxética cara a enerxías renovables que nos permitan
unha maior independencia”.