Ourense é a capital do hóckey salga feminino coa celebración do Campionato de Europa esta fin de semana no Paco Paz

Ás - 13.00 horas: Presentación do Campionato de Europa de Hóckey Sala Absoluto Feminino.- O presidente da Deputación, Manuel Baltar, participa na presentación do Campionato de Europa de Hóckey Sala Absoluto Feminino, acompañado de Alberto Estévez Franco (Presidente da xunta xestora da Federación galega de Hockei), Manuel Pérez (Xefe Territorial de Deportes da xunta de Galiica) e Anibal Pereira Novoa (Representante do concello de Ourense).Lugar: Pavillón dos Deportes Paco Paz. SÓ GRÁFICOS. A cobertura informativa realizarase exclusivamente por vía telemática a través da web da Deputación de Ourense, que emitirá sinal en directo.
IES CHAMOSO LAMAS

A pista central do pavillón de deportes Paco Paz acollerá este #fin# de semana -días 21, 22 e 23- o Campionato de Europa de Hóckey Salga Feminino, que reunirá en Ourense a seis selecciones absolutas para disputar este trofeo: Escocia, Irlanda, Suíza, Polonia, Bélxica e España como anfitrioa. Unha nova oportunidade para “poñer de relevo o importante papel que xoga o territorio ourensán no mundo do deporte, apostando por unha disciplina tan próxima para nós como é o hóckey e por unha categoría, a feminina, cuxa promoción é para a Deputación máis que unha obrigación”, dixo o presidente provincial, Manuel Baltar, durante a visita que realizou esta mañá ás xogadoras e corpo técnico da selección, acompañado polo presidente da Federación Galega de Hóckey, Alberto Estévez; o xefe territorial de Deportes da Xunta en Ourense, Manuel Pérez; e o asesor de Deportes do Concello de Ourense, Aníbal Pereira.

Ás – 13.00 horas: Presentación do Campionato de Europa de Hóckey Sala Absoluto Feminino.- O presidente da Deputación, Manuel Baltar, participa na presentación do Campionato de Europa de Hóckey Sala Absoluto Feminino, acompañado de Alberto Estévez Franco (Presidente da xunta xestora da Federación galega de Hockei), Manuel Pérez (Xefe Territorial de Deportes da xunta de Galiica) e Anibal Pereira Novoa (Representante do concello de Ourense).Lugar: Pavillón dos Deportes Paco Paz. SÓ GRÁFICOS. A cobertura informativa realizarase exclusivamente por vía telemática a través da web da Deputación de Ourense, que emitirá sinal en directo.

Manuel Baltar deu a benvida á selección ao “territorio mellor conectado de Galicia, que demostrou ter as mellores condicións para a práctica das máis diversas disciplinas e que deu grandes exemplos de deportistas a nivel nacional e internacional”. Agora, destacou, Ourense “vístese de gala para gozar do mellor deporte de alta competición que seguro nos ofrecerá un gran espectáculo deportivo”.

HIPER MASIDE

Ademais de agradecer a colaboración do Concello de Ourense e da Xunta de Galicia, “unha mostra máis de cooperación entre administracións”, o presidente provincial fixo mención especial ao “espírito competitivo da federación galega, que conseguiu que Ourense sexa unha vez máis sede dun evento deportivo internacional, convertendo á cidade en capital europea do hóckey”.

Pola súa banda, o presidente da federación, Alberto Estévez, agradeceu ao presidente da Deputación o apoio recibido para organizar este campionato “nunhas magníficas instalacións que nos permiten situarnos á altura de calquera país europeo”.