Por Felipe-Senén

Ben elixido o emprazamento do Carballiño, erguido sobre unha lomba a 402 metros sobre o nivel do mar, anfiteatro campando entre os montes do Paraño, a Madanela e a Martiñá, pra abrirse aos Ribeiros que todos van ao Miño. Vila chantada entre o curso medio do río Arenteiro e o pequeno regueiro do Carrás…fluír este que alí por onde pasa collerá o nome do seu lugar: Corzos, regueiro do Mato, Carrás, Varón… pra desembocar no Avía á altura de Gomariz, onde pouco máis atrás, en Pazos, o Arenteiro xa o fixera nese Avía que sigue cara a Leiro e Ribadavia pra atoparse co Miño baixo o Coto de Novelle.

O ser humano pra evolucionar foi experimentando, abrindo camiños, subindo e baixando montañas, vadeando ríos, buscando zonas onde atravesalos a pé, con barcas ou con dornas, como nas que noutrora e ate os anos sesenta atravesaban o Miño… e construíndo pasais e pontes.
Si estas son foron terras de castros, de templos, mosteiros, vilas ou castelos fórono tamén de relacións, de camiños e encrucilladas, entón de pontes. Pontes algunhas delas xa perdidas ou modificadas, pese á sabedoría e ao esforzo dos seus promotores e construtores. Outras foron asolagadas polos encoros, ben o sabemos como aquelas medievais que temos pasado nos camiño de Avión, antes da construción do encoro de Albarellos.
O ríos, a máis de ser medio vital, servían de complemento defensivo a castros e castelos e sobre todo separaban tribos, grupos….aspecto aínda moi por esclarecer pola Arqueoloxía e a Historia. E foron as pontes e os camiños un elemento que artillou o territorio, ben o sabían os romanos e ben se soubo no medievo e nos anos da Ilustración, os que tanto progreso supoñen.
Na tradición popular pasalas pontes equivalía a despirse e certo medo ao que viña despois. Pois velaí ergueita a cruz sobre moitos deles como para esconxurar males e bendicir o rito de pasaxe, tal como lembra a novela do “Lazarillo de Tormes”: onde ao encetar o camiño e ao saír de Salamanca, denantes de atravesar a súa ponte romana sobre o Tormes, o vello cego, curtido nos camiños, colle ao rapaciño, achégao á escultura do berraco antigo que alí hai e, de súpeto, dálle sobre il unha cacheirada. Dábase cumprimento así a un ancestral rito de iniciación, de paso, pra internarse nesa ascese , odisea ou xogo da oca, de aventuras e desventuras que supón toda viaxe. Escenarios de antigos ritos: onde a media noite tres Marías bendicían á parideira pra un bo parto…. os exorcismos e esconxuros.
Arredor de todas as grandes pontes antigas atopamos a lenda que se repite e di ser obra e artimaña do mesmo Demo, feitas nunha noite. Tema que ten moito fondo e do que temos falado con Ernesto Atanasio, “Corcheiro”, concluíndo en que as pontes supuña entrometerse noutros territorios e tribos, convivir con elas ou combatelas para apropialas… Con elas comezaron outros problemas entre os que limar a convivencia e o humanismo.
As pequenas pontes arcadas do Carrás, as medievais e modernas do Arenteiro
Despois destes principios teórico e éticos sobre as pontes, volvemos ao emprazamento do Carballiño, entre o Arenteiro e o Carrás. Vila nova, nacida pola comenencia do mercado, do encontro, servíndose das vellas pontes, anovándoas ou construíndo outras pros novos sistemas de comunicación.
Aos vellos de antes, aos tataravó, os que case foron os fundadores da vila, témoslle escoitado que as primeiras casas do que sería a vila estaban en Carrás, e que eran de cordaneiros de Maceda. Gremio fundamental ao traballo labrego e gandeiro, establecidos ás beiras daquel vello carreiro que do Cuartel Vello ía cara Señorín, con ponte sobre o mesmo regueiro do Carrás. Antiga, sólida e pequena ponte de pedra con arco de medio punto… sabémolo ben. As obras posteriores, dos anos sesenta, a construción dun matadoiro (que xa non hai), doutra pequena ponte, as ampliacións da estrada, os entubados puideron sobre a vella ponte , cubrírona e sobrecargárona de asfalto. Lembro a inmediata estrutura industrial, de madeira, feita con certa provisionalidade, nada estudada, nin fotografada e que acollera unha fábrica de xabón… Asistimos ao seu esmorecemento e desaparición. Estruturas de abandono nas que aniñaba certo misterio: no interior enferruxábase un vello camión, como un Chevrolet, que hoxe sería cotizada peza de museo e sobre o que caian as tellas, as vigas podrecidas e a chuvia. O que si aínda queda, preto, é un peto de ánimas, con crucificado labrado na súa capela semicircular, con reixa de ferro. Testemuña da sensibilidade e crenza popular que debera ter mellor trato por incluírse entre os Ben de Interese Cultural con protección xenérica. Aínda queda alguén que, ao paso, lle pon flores, quizais sen reparar no epígrafe e na data que recorda o pasamento dun camiñante naquel lugar. Punto no que partía outro vello sendeiro que beiraba o Carrás, cara ao Penedo e onde nos lameiros do Pilán había unha pequena e pintoresca ponte de poldras.
Primitivo camiño a Señorín, aínda que había outros quizais do mesmo tempo, como o que do centro da Vila, da Eira de Flores, a chamada verea Vella, levaba por Flores, atravesaba os lameiros do Mato, onde había outra pequena ponte arcada atravesando aquel Regueiro que tamén nutría a acea do pequeno, pero antolóxico muíño, sobrevivinte a carón do que foi Piñeiral do Benitiño, os lameiros e a congostra da Cachela, os da leitería do Pepe do Reque…sitio por certo de concorridas lavandeiras e que se me repite moitas veces nos soños, entre a ansia e o medo de atravesar o río.
Pequenas pontes sobre o Regueiro, onde no mesmo Mato é cara á Pena e á Fontiña do Ouro, había uns pasais, petóns de pedra seguido doutros pra facilitar o paso … Tipoloxías das que non quedan fotos e poucos quen o conten.
Si, quedan as grandes e poderosas pontes, as máis antigas, as que coinciden cos Camiños Reais, aínda que tamén esta denominación de perde. Entre elas a vella Ponte Veiga, ben trazada, co seu arco de oxiva, que, en relación con outras no mesmo camiño cara Compostela, como é a do Irixo , lle pon época, o século XIV.

Vella ponte Veiga tendida entre dúas penedas cos seus pequenos aliviadoiros, que debaixo deixa a auga escura, case negra, onde se tiraban as pedras e facían circos e circos, espontáneas e ancestrais esculturas efémeras. Sitio arredor do que se escoitaba que era o punto onde na noite vían as luceciñas preventivas das señas….onde había un pozo escuro e tentador, de afogados… medo sementado entre os nenos pra apartalos daquel sedutor lugar. A xente chamáballe e séguelle chamando a aquela ponte, a “Ponte Romana”, unha confusión que dalgún xeito sigue a outorgar fama á ansia romana en construír pontes e daí o significativo nome de pontifex, o que traza pontes pro encontro.

Na mente están esas outras pontes tamén medievais, camiño de pedras luídas polo paso, as máis solemnes, as de Leiro, vila que case é un museo de tipoloxías de pontes: a das Poldras, do Campo da Santa Cruz, a de San Clodio, do Sc, XVI, ponte esta que entusiasmaba a Chamoso…e a Ponte da Esperela, dos tempos de Isabel II….e mesmo dende o Carballiño a Boborás a da Pontarriza, a de Cavadoso, as de Pazos de Arenteiro… Pontes estas que poden ter como doela central a imaxe labrada dun santo, lector ou peregrino….como esconxurando ou indicando que o camiño é sabedoría. A nova ponte de Godás, próxima ao serradoiro e ao monte de Miomás, responde aos principios decimonónicos, sobria, funcional, resistente….hoxe, como moitas outras escondida tras un manto de silvas, amieiros e sabugueiros.
Na mesma vila, próxima ao Balneario estaba pasarela de madeira da Ponte Toscaña, da que si quedan fotos, denantes da construción da nova ponte, esta elemental, de taboleiro sobre sólidos piares.


Entre esas novas pontes as dos anos 5o : a pequena de Señorín sobre o Carrás, trazada a un tempo que se abría aquela nova vía, descontextualizando aquel querido muiño dos meus soños…a algo máis antiga da nova ponte Veiga, entre a medieval e o serradoiro… o Viaduto do Ferrocarril Zamora-Coruña, sobre a presa do Cuco, como no Irixo o viaduto de Agre, sobre o Viñao, obras de coida estética, aínda en difíciles anos de posguerra, deseño dun equipo interdisciplinar, entre os que estaban os enxeñeiros José Luis Tovar Bisbal e o carballiñés don Marcelino Parrondo, moi interesado en canto significaban estas obras.
Alegra que, fronte ao paso do tempo, ao descoido, ao vandalismo tamén, de cando en cando, haxa plans de limpeza e mantemento destes monumentos. É bo símbolo que se sigan a trazar pontes, aínda decorativas como as dos muíños das Lousas…ou os retos que supuxeron as grandes obras do Ave a Galicia.. con aquela desgracia, que tamén queda na memoria, acaecida en setembro do 2007, cando se derruba parte do taboleiro do viaduto en construción de Pol de Piteira. Historias onde se poñen a proba os saberes, o longo camiño andado e as ansias de convivir, comunicarse e humanizarse.
—————————————————————————————————
Traxectoria e obras de Felipe Senén
—————————————————————————————————
Outros artigos de Felipe Senén:
Felipe Senén: A fervenza artificial do Arenteiro nas Tres Penas
A Praza de Abastos: catedral do mercado gastronómico e que, de vello, honra ao Carballiño
Pregóns, aturuxos, voces, músicas ou asubíos do meu Carballiño
O bulir da feira do Carballiño arredor do sitio da súa orixe: a Praza Maior e a Igrexa Vella
O Campo da feira do meu Carballiño
A peregrinación a Compostela dos de “Nós”, con parada e fonda no Carballiño
Vicente Risco e a peregrinación como ascese. A viaxe a pé de Ourense a Compostela…polo Carballiño
Fariña Jamardo, algo máis que singular secretario do concello do Carballiño
O Carballiño nos horizontes da Trasalba de Otero Pedrayo
O Río Arenteiro, vea de auga, de economía, de historia e cultura
Francisco Luís Bernárdez, o poeta masidao que levaba prendido o panteísmo galego
O Castro de San Cibrao das Las enxergando as bocarribeiras e os ribeiros
Chamoso Lamas e os vellos e grandes muíños de Moldes
O Románico, documento da misión humanista no territorio do Carballiño
Banga dos pazos e a súa Igrexa de Santa Baia: antoloxía cultural dos Ribeiros
Inspiradores ires e vires de Marineda á Vilamorta no Ribeiro dos Quiroga
Os arrieiros do Carballiño…e un curioso documento
Un paseo a través da arte do imperial Mosteiro de Oseira
O mosteiro de Oseira… lección de historia e arte
Manuel Chamoso Lamas e a xestión do Patrimonio Cultural
Cando a orixinalidade radica nas orixes: arredor da feira do Carballiño
Outros apuntamentos para a historia do cine no Carballiño
A Residencia do Carballiño: os promotores, o arquitecto, os residentes…
O monumento aos irmans Prieto do Carballiño e o seu escultor Larrauri
Arqueoloxía do Megalitismo nas Terras do Carballiño: as mámoas, medorras, medelas…
As pantasmas do histórico “Gran Balneario do Carballiño”
Arredor do paleolítico nas terras do Carballiño, as pescudas…
O mes de maio no Carballiño…. “aqueles días azuis e este sol da infancia”
Ramón Bernárdez González, un carballiñés na “Cova Céltica” e fundador da Academia Galega
A Igrexa Vella do Carballiño coa súa gabanciosa torre
O desaparecido chalé “Col” e a lembranza da emigración carballiñesa a Cuba
O biscoito “meimón” do Carballiño e a súa receita recollida pola Pardo Bazán
Aquelas Semanas Santas carballiñesas, de ramos, carracas, caladiños e Pascua Florida
Arqueoloxía pendente: a das grandes minas auríferas de Loureiro, no Irixo
Unha abraiante xoia da arqueoloxía: a arrecada de ouro do Irixo
As tradicións do Entroido do Carballiño
A Casa Consistorial do Carballiño, prototipo de inquedanzas decimonónicas
A novas revisións máis “ CASTROS” nas terras do Carballiño
O Catálogo dos Castros do Carballiño do 1930… e máis que hai
Lembranzas do Nadal de noutrora no Carballiño
Os esquecidos cantos de Nadal, Aninovo e Reis do meu Carballiño
O reloxo da Consistorial do Carballiño e o seu xenial autor
A Veracruz do Carballiño: lección de pedras, arte dos canteiros e da historia da arquitectura
Pepe Prada, un premio á creatividade, á constancia e á dignidade na cultura
A devoción aos santos Martiños, celebrados con Magostos en Galiza
Mes de santos, defuntos e magostos no Carballiño de noutronte
A Fonte de Flores, abrindo ao Carballiño
Un exemplo de destrución cultural : a Igrexa de San Paio de Loeda, Piñor de Cea
A parroquia de Loureiro, no Irixo, e o arquitecto neoclásico Loys Monteagudo
Lembranzas de pintura mural no Carballiño
Machados de “tope” da Idade do Bronce atopados no Monte de Mesego
A imaxe do San Cibrao do Carballiño e o seu escultor, Aldrey
As augas e as fontes do Carballiño
Vestixios de habitat e sepulturas da Primeira Idade dos Metais no Parque do Carballiño
Noticia sobre restos romanos no patio traseiro do Grupo Escolar do Carballiño
O pintor de Marín Manuel Torres no Carballiño
E así naceu “o Cantigueiro de Orcellón” de Manuel María e algo máis…
Manuel María, o Carballiño, as bocarribeiras e os ribeiros
A madeira nas máis antigas construcións do Carballiño
Pasado e tristeiro presente da Estación de Ferrocarril do Carballiño
O sitio arqueolóxico da Pena dos Namorados
O Castro de Cameixa referente na arqueoloxía galega
Terra, Auga, Aire e Lume no San Xoán de antes