As intensas choivas da pasada semana deixaron incidentes como varios socavóns no Carballiño, que xeraron alerta pola súa perigosidade. Esta situación, sumada ó sistema da rede de abastecemento do municipio que é de sistema único, foron os detonantes. Para saber máis de que foi o que provocou estas imaxes que poden ver, hoxe acudimos ó enxeñeiro Magín Daparte.
Esta situación é moi similar ó que está a acontecer na rúa Aquilino Sánchez, onde xa fixeron falla varias obras no asfaltado, dado que as filtracións compactan o terreo subxacente do asfaltado.
Para Daparte, a solución a longo prazo é un cambio importante na rede de abastecemento e saneamento. Po unha banda, comezar o cambio do sistema de fibrocemento actual, moi avellentado; e por outra banda, a separación de augas.
Espéranse máis choivas, que segundo a intensidade poden supor máis problemas. Nesta época, as choivas levan moita suiciedade, polo que tamén lanza unha mensaxe de responsabilidade.