Hoxe no Carballiño 15 casos menos activos por covid para un total de 123

O Concello do Carballiño segue a tendencia á baixa en canto ao numero de persoas afectadas polo coronavirus. Hoxe o número de persoas contaxiadas, segundo informa Sanidade, é de 123, son 15 casos activos menos que onte.

A tendencia en canto a evolución da pandemia segue en bó camiño tras 8 días consecutivos de descenso en canto aos casos activos, debido a que se están a producir numerosas altas e diminúe tamén o contaxio diario.

AVANTAR ACTIVIDADES

Casos activos por coronavirus na comarca 184 ( 17 menos ca onte ) ca seguinte distribución

Beariz: 5 casos ( 1 menos )

Boborás: 22 casos ( 1 menos )

Irixo: 3 casos ( 1 menos )

Maside: 3 casos ( igual )

Piñor: 5 casos ( 1 menos )

Punxín: 3 casos ( igual )

San Amaro: 1 caso ( igual )

San Cristovo de Cea: 19 casos ( igual )