Cartel Magostos, autor Virxilio
Por Felipe-Senén
(Historiador da Cultura Galega)
O outono é tempo celebrado, artístico e literario en Galiza e mais, o que abre ao tempo escuro na mitoloxía Celta, o que vai “ Da vendima á castañeira” (1957), titulo tamén dunha antoloxía de artigos da autoría de don Ramón Otero Pedrayo. Período do que gustaba o escritor ourensán, que tiña en Trasalba o mellor observatorio do devalar da paisaxe, o que vai da metade de setembro, cando se celebra ao santo dos meigallos, o San Cibrao e rematan as vendimas, para ter a súa apoteose nos dous primeiros días de Novembro, dedicados a facer memoria, o dos Santos e Defuntos. Xornadas cargadas de ritos arredor da vida-morte-resurreción, agora invadidos pola comercialización do estadounidense Halloweem, herdeiro do Samaín goidélico, para sobreporse con disfraces de sangue, loito e medo ás nosas tradicións de flores, lumeiras, símbolos de cor e vida ante unha morte de luz e de santa compañas que dan consellos. Ciclo de Defuntos que remata entre fogueiras pagás, como son as dos magostos, concorrendo os grupos aos montes para asar castañas e compartilas co viño novo, e ao final, emborreándose de cinza e tinto, para baixar así, cantando do monte á urbe.
Despois das vendimas, como dunha ascese que remata brindando, segue o tempo da castañeira, o dedicado á recolleita das castañas, abrindo os espiñentos ourizos caídos no souto de patriarcais castiñeiros. Castañas , alimento fundamental na Galiza tradicional dende a época castrexa até a chegada da pataca. Tempo no que nas urbes asoma a castañeira, muller ao pe dun forniño de latón, braseiro que revolvía coa vadila e no que asaba e ofrecía en cartuchos de estraza as castañas asadas… con aqueles seus característicos pregóns: ”Castañaaaassss asssadassss….leeveas que vannnnn quentiñas”. Saberes de asar castañas en trebellos, fornos que se melloraron ate conseguir o pintoresco xeito de locomotoras, imprescindibles xa na paisaxe urbana outonal. Ben sabía os de Parada de Sil de tal comercio: no verán tirando do carriño dos xeados, “Ibe”, Ibense”… no inverno coas devanditas “locomotoras” das castañas, dando arrecendo, sabor e nostalxia ao outono.
Os celebrados santos Martiños cristianizadores das tradicións celtas: o de Tours e o de Braga
Tempo dedicado en todo o que foi a Gallaecia romana e Sueva – a que non se sabe ben aínda cara onde chegaba o seu mapa- ao San Martiño de Tours (316-397 d.c), santo orixinario da Panonia húngara, cristianizador dos celtas galos e que neste noso confín mesmo se confunde co seu paisano e homónimo, mais novo, propagador da súa devoción e culto que foi Martiño de Dume (510-580), isto é de Braga. Moito habería que dicir das andanzas deste misioneiro, que escribiu “De Correctione Rusticorum”, sobre os cultos pagáns ás penedas, ás fontes, ás árbores, ao lume… herdos celtas e romanos que se practicaban na Gallaecia. Martiño de Dume que curou a e convenceu aos suevos para cristianizalos e construír no alto da cidade das Burgas un templo dedicado a Martiño de Tours, onde venerar e celebrar as reliquias do santo.
Santos Martiños, sobranceiros soldados, cabaleiros dun imperio romano decadente, os que acollen e predican a nova relixión contra o esclavismo. E así se representa ao de Tours, montado a cabalo, bo e xeneroso, esgazando e repartindo a súa capa para a abrigar a un velliño aterecido. Sendo o de Tours un dos tres santos cabaleiros, tan venerados, mesmo inspirando a un cabaleiro artúrico, xunto co Santiago Apóstolo, como un cruzado de reconquista e un San Xurxo que sobre o seu faco branco vence ao diaño en forma de tarasca, a serpe das tradicións celtas. Historia, mito, imaxes que son proba de que Galiza era de cerna un país de cabaleiros, de feiras de cabalos, de señores de pazo, de xente da milicia ou da arrieiría, vagamundos e de canto comporta un xinete ou unha amazona.
Ourense celebra e espalla os Magostos, a festa das lumaradas, das castañas e do viño novo
Moitos templos de Galiza están dedicados ao San Martín de Tours, e se non tampouco falta unha imaxe do santo cabaleiro, tan querido e ao que mesmo lle damos o diminutivo de Martiño. Velaí o magnifico retablo do século XVI da catedral de Ourense, obra do escultor Corniellis de Holanda para albergar as reliquias do cristianizador de Tours e presidir o templo coa imaxe do Santo bispo, esta vez, apracible, bendicindo e sentado na súa cátedra. 11 de novembro no que na catedral de Ourense non falta misa cantada, gaitas, desfile de mitrados, báculos e ofrendas. Polas rúas música de banda e gaiteiros, estoupar de bombas de palenque…
Pola tarde, a tribo magosteira sube ao Montalegre, curuto sobre o que foi convento de San Francisco e do cemiterio de Ourense, onde descansan tantas celebridades: Otero Pedrayo, Cuevillas, Xocas, Blanco Amor, Fernández Oxea, Valente… No meu Carballiño o lugar predilecto para o encontro arredor das fogueiras era o ermo comunal da Pena de Queiras. Ala van, noutrora os nenos cubertos con colares de castañas ensarilladas, zunchos, dándolle voltas ao pescozo… a arrodear as pedras de cultos ao amor e á fecundidade que coroan o monte. Reúnen frouma, mentres tamén pican os espiñentos morodos roxos…van acendendo o lume, cantando e dando voltas ao seu arredor, triscan castañas, algunha non, para que así estoupen entre as brasas. Xa asadas son retiradas a tempo. Disque por cada castaña xantada un alma redimida. Castañas que como as formas esféricas das cabazas son como ovos cósmicos, sementes ao fin, símbolos de futuro, orixe simbólico no Nadal das bolas que adornará á árbore, como Árbore de Vida.
Celebrada festa ourensán, cando escintila a aura de Auria, propagandizada con carteis da autoría dos grandes creadores, noutrora de Virxilio, Quessada, de Dios, Baltar…con libriño acaído incidindo con poemas e textos. Sei de memoria aquel de Blanco Amor:
“Ven no branco bridon noso Martiño
ás honras ourensanas. Canso chega….
rezaredes despois…Levádeo á adega
e dádelle unhas cuncas dise viño
acenante de ádoas e de agullas
que aínda non fala porque é moi noviño.
Levádeo logo ás farturentas tullas
onde agarda a castaña gabanciosa,
o ledo sacrificio no outo lume.Rubide con il á cima soedosa,
onde soña que é ceio o esgrevio cume.
E as boiras van recheándose valentes
pra que aboie nos ventos o magosto,
e verédesdelle os beixos sorridentes
a frorecer no seu divino rostro “
(Auria 1968)
No lusco-fusco as lumaradas rodean Ourense, columnas de fume espeso soben ao ceo e envolven a cidade, mestúranse coa neboeira que ven do Miño. Ao anoitecer os grupos baixan, cantando e emborreados de tinto e cinzas, como máscaras sacadas dunha pintura de Laxeiro.
Magosto, de (“magnus ustus”, gran fogueira) festa cíclica, herdo pagán, cando as tradicións celtas e romanas se entrelazan como no Entroido, os Maios, o San Xoán… fonte de inspiración, da que xa se encargaba Vicente Risco, no parladoiro de “0 Volter”, de espallar a idea de que a orixinalidade dun pobo radica nestas súas orixes.Sendo celebración que vencella aos ourensáns alí onde estean no mapamundi, para compartir mesa e morriña.
Festa tradicional, convocada pola forza do espírito, agora mediatizada polo paternalismo da Concellería de Cultura e Turismo, convocada na Praza Maior. Xocas tíñase revolto contra este xeito de intervencionismo da ilustración municipal. Entre tanto consumo alleo aquece que a tradicións viva, arredor da castaña, do lume e coa lembranza dos defuntos e daqueles santos druídas, criastianizadores das tradicións celtas, nosos santos martiños: Sursum Corda.
______________________________________________________________________
—————————————————————————————————
Traxectoria e obras de Felipe Senén
—————————————————————————————————
Outros ártigos de Felipe Senén:
Felipe Senén: “Pepe Paz, o pedagogo ourensán enraizado en Tagore: Igualdade e Paz “
Felipe Senén: “O viño e o emparrado no fronte da casa tradicional galega”
Felipe Senén: “San Cibrao, o santo dos meigallos, os feitizos e os tesouros dos mouros”
Felipe Senén: “Moncho Fuentes: fotos singulares do común e con banda sonora country”
Felipe Senén: “Vellas lembrazas dos Felos de Garabás”
Felipe Senén: “Meigas e magos “de saco ao lombo” na tradición celto-cristián e no Nadal de Galiza”
Felipe Senén: “Algunhas sagas e ilustres nomes de alarifes do Carballiño que rescata Montes Marqués”
Felipe Senén: “Os alarifes, as familias que crearon o Carballiño, libro necesario de Montes Marqués”
Felipe Senén: “Os programas de man das Festas Maiores do Carballiño”
Felipe Senén: “Algo sobre a emigración do Carballiño para o mundo”
Felipe Senén: “O Folión, os foguetes e os fogueteiros do Carballiño”
Felipe Senén:”Os eidos que abeiran o vello camiño das orixes, o de Flores a Señorín”
Felipe Senén:”Míticas curvas e reviravoltas nos vellos camiños do Carballiño”
Felipe Senén:”Miguel Anxo Fernández, o Carballiño e a súa aura como escritor e cinéfilo”
Felipe Senén:”O Carballiño e o reloxo de cuco do Balneario nas viaxes do escritor Alfonso Armada”
Felipe Senén:”A científica María Teresa Miras Portugal sempre na memoria do seu Carballiño”
Felipe Senén: Carlos A. Rodriguez e a súa novela sobre o galego “rei dos xíbaros”
Felipe Senén: “Xesús Carballido. Esoutra arte ou poética de argallar, pegar ou coser memoria”
Felipe Senén: “o Casino do Carballiño , a súa Festa da Mimosa e algo máis”
Felipe Senén: “Contos, medos, amuletos e santuarios das xentes do camiño”
Felipe Senén: “Felipe Senén: “A Rosa, a flor de Flores””
Felipe Senén: “A nobreza e os pazos dos arredores do Carballiño”
Felipe Senén: “O pasado e a base da Biblioteca Municipal do Carballiño”
Felipe Senén: “O profesor Xaime Ferreiro Alemparte: un universo literario entre Cabanelas e Alemaña”
Avelino Cachafeiro, o gaiteiro de Soutelo nas lembranzas do Carballiño
A devoción aos santos Martiños, celebrados con Magostos en Galiza
Felipe Senén: “O Tempo de Defuntos no pétreo barco do Cemiterio de Señorín “
Felipe Senén:”as decimonónicas fábricas de papel das terras do Arenteiro”
Felipe Senén: ” Algunhas lembranzas arredor da miña Eira de Flores “
Felipe Senén: ” O CARBALLIÑO, CAPITAL MUNDIAL DO PULPO”
Felipe Senén: “o pulpo, Aurora Baranda e o Carballiño, unha santa trindade galega”
Felipe Senén: “de monte de Mesego a cidade xardín e Parque do Carballiño”
Felipe Senén: Lalín, o Carballiño e o ir e vir do pintor “Laxeiro”
Felipe Senén: “Xoán Xacobe Fernández, o franciscano de Moire e mártir en Damasco”
Felipe Senén: “As Adegas, un idílico e misterioso lugar no ribeiriño do rio Varón”
Felipe Senén: “O profesor de debuxo, os carteis e as iniciativas de Felipe-Luis López”
Felipe Senén: ” O gran fotógrafo Alberto Martí e o Carballiño
Felipe Senén: “A Pena de Queiras entre os outeiros, “ou altares” que coroan o Carballiño “
Felipe Senén: “Veremundo Arias Teixeiro, de Cabanelas, persoeiro barroco nos anos da Ilustración”
Felipe Senén: “Flores, o barrio da parte de atrás do Concello”
Felipe Senén: “A saga familiar do arquitecto Gallego Jorreto e o Carballiño”
Felipe Senén: “Arredor das pontes sobre os ríos do Carballiño”
Felipe Senén: A fervenza artificial do Arenteiro nas Tres Penas
A Praza de Abastos: catedral do mercado gastronómico e que, de vello, honra ao Carballiño
Pregóns, aturuxos, voces, músicas ou asubíos do meu Carballiño
O bulir da feira do Carballiño arredor do sitio da súa orixe: a Praza Maior e a Igrexa Vella
O Campo da feira do meu Carballiño
A peregrinación a Compostela dos de “Nós”, con parada e fonda no Carballiño
Vicente Risco e a peregrinación como ascese. A viaxe a pé de Ourense a Compostela…polo Carballiño
Fariña Jamardo, algo máis que singular secretario do concello do Carballiño
O Carballiño nos horizontes da Trasalba de Otero Pedrayo
O Río Arenteiro, vea de auga, de economía, de historia e cultura
Francisco Luís Bernárdez, o poeta masidao que levaba prendido o panteísmo galego
O Castro de San Cibrao das Las enxergando as bocarribeiras e os ribeiros
Chamoso Lamas e os vellos e grandes muíños de Moldes
O Románico, documento da misión humanista no territorio do Carballiño
Banga dos pazos e a súa Igrexa de Santa Baia: antoloxía cultural dos Ribeiros
Inspiradores ires e vires de Marineda á Vilamorta no Ribeiro dos Quiroga
Os arrieiros do Carballiño…e un curioso documento
Un paseo a través da arte do imperial Mosteiro de Oseira
O mosteiro de Oseira… lección de historia e arte
Manuel Chamoso Lamas e a xestión do Patrimonio Cultural
Cando a orixinalidade radica nas orixes: arredor da feira do Carballiño
Outros apuntamentos para a historia do cine no Carballiño
A Residencia do Carballiño: os promotores, o arquitecto, os residentes…
O monumento aos irmans Prieto do Carballiño e o seu escultor Larrauri
Arqueoloxía do Megalitismo nas Terras do Carballiño: as mámoas, medorras, medelas…
As pantasmas do histórico “Gran Balneario do Carballiño”
Arredor do paleolítico nas terras do Carballiño, as pescudas…
O mes de maio no Carballiño…. “aqueles días azuis e este sol da infancia”
Ramón Bernárdez González, un carballiñés na “Cova Céltica” e fundador da Academia Galega
A Igrexa Vella do Carballiño coa súa gabanciosa torre
O desaparecido chalé “Col” e a lembranza da emigración carballiñesa a Cuba
O biscoito “meimón” do Carballiño e a súa receita recollida pola Pardo Bazán
Aquelas Semanas Santas carballiñesas, de ramos, carracas, caladiños e Pascua Florida
Arqueoloxía pendente: a das grandes minas auríferas de Loureiro, no Irixo
Unha abraiante xoia da arqueoloxía: a arrecada de ouro do Irixo
As tradicións do Entroido do Carballiño
A Casa Consistorial do Carballiño, prototipo de inquedanzas decimonónicas
A novas revisións máis “ CASTROS” nas terras do Carballiño
O Catálogo dos Castros do Carballiño do 1930… e máis que hai
Lembranzas do Nadal de noutrora no Carballiño
Os esquecidos cantos de Nadal, Aninovo e Reis do meu Carballiño
O reloxo da Consistorial do Carballiño e o seu xenial autor
A Veracruz do Carballiño: lección de pedras, arte dos canteiros e da historia da arquitectura
Pepe Prada, un premio á creatividade, á constancia e á dignidade na cultura
A devoción aos santos Martiños, celebrados con Magostos en Galiza
Mes de santos, defuntos e magostos no Carballiño de noutronte
A Fonte de Flores, abrindo ao Carballiño
Un exemplo de destrución cultural : a Igrexa de San Paio de Loeda, Piñor de Cea
A parroquia de Loureiro, no Irixo, e o arquitecto neoclásico Loys Monteagudo
Lembranzas de pintura mural no Carballiño
Machados de “tope” da Idade do Bronce atopados no Monte de Mesego
A imaxe do San Cibrao do Carballiño e o seu escultor, Aldrey
As augas e as fontes do Carballiño
Vestixios de habitat e sepulturas da Primeira Idade dos Metais no Parque do Carballiño
Noticia sobre restos romanos no patio traseiro do Grupo Escolar do Carballiño
O pintor de Marín Manuel Torres no Carballiño
E así naceu “o Cantigueiro de Orcellón” de Manuel María e algo máis…
Manuel María, o Carballiño, as bocarribeiras e os ribeiros
A madeira nas máis antigas construcións do Carballiño
Pasado e tristeiro presente da Estación de Ferrocarril do Carballiño
O sitio arqueolóxico da Pena dos Namorados
O Castro de Cameixa referente na arqueoloxía galega
Terra, Auga, Aire e Lume no San Xoán de antes