Felipe Senén: “Meigas e magos “de saco ao lombo” na tradición celto-cristián e no Nadal de Galiza”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Por Felipe-Senén

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

(Historiador da Cultura Galega)

Galiza,  este noso cabodomundo, é pobo que ao longo da súa historia abriu portos e portas, a que sobre a pel do seu mapa tramou encrucilladas e  camiños nos que recibir e despedir. Odiseas ou peregrinacións, ascese pola que van transitando tradicións que non deixan de recibir as pegadas doutras culturas, trastornarse e mesmo quedar cicatrices, cando non se degradan, esperpentizan nesas sobreactuacións hiperenxebristas que agora chamamos feismos. Ademais neste noso tempo a sumar a revolución tecnolóxica global, a das pantallas, as que educan ou maleducan,

Adoración dos Reis de Monforte, de Van der Goes (hoxe en Berlín)

Na orixinalidade  de Galiza as orixes célticas e cristiáns: magos e meigas, santos…

A orixinalidade de Galiza arrinca de dúas raiceiras, como ben preconizou e desenvolveu Risco e a súa irmandade de “inadaptados”, os de  “Nós”, os que se miraban no espello da Eirín de Breogán , de San Patricio e tantos outros santos e santas: o céltico e o cristián. Distinción de comportamentos  xa cualificados dende tempos romanos como  “célticos” algo que, pese ás teses celtofóbica, proba a arqueoloxía pola singularidade do castros, por artefactos e insignias tan senlleiras e abondantes como en ningunha parte como os torques de ouro… por rituais e a maxia de magos e meigas, saberes herdados dos druídas, entre cantos bárdicos, músicas, cantares saudosos por paraísos que se perden… por devocións a divindades en relación cos eses Catro Elementos, coas mudas estacionais que condicionan o agro, que fan que agrome unha flor e esta se converta en froito gardador de novas sementes, velaí o simbolismo de ovos e esferas coloreadas…. a pervivencia dun panteísmo, pasado polo xermanismo do reino suevo, priscilianista e mesmo fonte franciscanista.

 Esa forte pegada histórica da cristiandade e dende os seus primeiros tempos, manifesta en comunidades de homiños e mulleres santas, ermitáns ben “orientados”, coleccionistas e protectores de reliquias arredor das que montaron conxuntos palatinos e se crearon aristocracias. Os que en tempos de razzias normandas e islámicas coidaron eses seus sacros lábaros  en montes inacesibles, os que se organizaron en cruzadas para conformar o mapa dun imperio cristián, inventando mitos e sepulturas sacras, facendo do íntimo de Cristo un matamouros…Terra de misioneiros e de conquistadores polo mapamundi, de tanto tamén do que compre escusarse ante a historia.

Apalpadora, Reis, Noel – Debuxo F. Senén

Tan cristiáns que dende o primeiro medievo este confín acuñou como símbolo seu en estandartes un armorial que retoma o caldeiro das cerimonias célticas reconvertido agora en Grial, o Cáliz do sangue da Cruz, o que a mitoloxía dí levado por Xosé de Arimatea nun novo periplo que rememora o de Breogán, a Translatio: da Terra Santa ás Fisterras célticas… Xogo da Oca, entrelazo céltico-cristián sobre o que tanto re-crea o ciclo artúrico, entre maxias, aparicións, fadas, meigas, trasnos…e velaí o Parsifal de Wagner que tanto aluou aos galeguistas dos anos modernistas.

O solsticio de inverno, cando asoma o misterio e a maxia de divindades antigas

Celtismo e cristianismo deixan fonda pegada de “espírito”, a que se pon a proba no escaparate das festas, to tempo das mudas cíclicas, como solsticio de inverno, o Nadal, a esperanza, cando a forza do instinto no tempo escuro convoca á casa, á tribo, arredor da luz e da quentura do lume, da cor, da fartura e da maxia… Eran as aldeas as gardadoras de vellos herdos, agora sometidas ao acoso do timo e do consumo global.

 Tradicións e ritos que supoñen persoeiros que son herdeiros da maxia de divindades, señorías do seu espazos  e dun tempo especial no almanaque. E velaí homes e mesmo mulleres do saco ao lombo, fartos, colorados, xenerosos magos e meigas, que na madrugada saen do misterio do monte para alegrar ao nenos con sorpresas: Papa Noel, Santa Claus nórdicos..  que, no máis fondo, sendo sucesores de deidades antigas,  burlonas, bondadosas, magos…como o Bes exipcio, o  Endovélico céltico ou como esas divindades que agroman da espesura do monte e se confunden nela, tal como o Cernnunus ou os homes e mulleres verdes (green mens que din os británicos,  mesmo como o Dionisos grego ou o Baco latino  a cristiandade asimílaos ao barbado San Nicolas, salvador de nenos… Sabios patriarcas magos e inoentes nenos. E velaí a versións galega, a dos Ancares e do Caurel, pese a que o pota Novoneyra non o menta,  a do Apalpabarrigas, Pandigueiro, para sobreporse co nome de Apalpador, como o pescador Angukeru en Asturias, o leñador Esteru , o  Olentzero en Euskadi…. labrego, médico e mago, un precursor dos bos e xenerosos que coida e alegra con regalos o espertar dos nenos.

Magos de oriente cos pes nos camiños, entre un universo de estrelas, maxia e panxoliñas

A cristiandade, tan desenvolta en ladaiñas, oracións, contos, cantos, símbolos, estrelas que marcan camiños, santuarios, que orientan, transmitiu de xeito moi sedutor o nacemento e o viacrucis. En templos argalláronse  autos sacramentais, cancións, vilancicos (as cancións vilegas de inspiración coas de escarnio), panxoliñas (pange lingua, as propias dos anxos)…E Galiza e Compostela como cerna de tal misión. Confín onde máis se representan aos magos co simbolismo de ser peregrinos a Belén, a un berce dun redentor, sabios esperanzados guiados polas estelas: Oriente é o berce, Compostela o sartego, velaí ese simbólico lazo, banda de Möbius que une os cabos da  vida-morte. Ao respecto desta fonte creativa aconsellaría ler o poema daquel referente que foi para a xeneración nós, T.S. Eliot,  o poema “O camiño dos Magos” .

Tímpano Epifania, Capela de Dnª. Leonor Catedral Santiago

Inmensa capacidade creadora a de Galiza, berce do realismo-máxico, de historias, mitos e contos protagonizado por seres que cargan ao lombo sacos de humildes sorrisos, uns solitarios, pobres carboeiros, xigantes, cabezóns e bandulleiros….outros acicalados reis de distintas procedencias, con simbólicos regalos, capaces de acudir a un cortello e axeonllarse ante unha Nai coa esperanza no colo…tradicións de Paz, fonte de enxeño que a xente creadora saberá aproveitar, o tempo e as herdanzas préstanse ben.

______________________________________________________________________


—————————————————————————————————

Traxectoria e obras de Felipe Senén

Felipe Senén (Foto Xurxo Lobato)

—————————————————————————————————

Outros ártigos de Felipe Senén:

Felipe Senén: “Algunhas sagas e ilustres nomes de alarifes do Carballiño que rescata Montes Marqués”

Felipe Senén: “Os alarifes, as familias que crearon o Carballiño, libro necesario de Montes Marqués”

Felipe Senén: “Os programas de man das Festas Maiores do Carballiño”

Felipe Senén: “Algo sobre a emigración do Carballiño para o mundo”

Felipe Senén: “O Folión, os foguetes e os fogueteiros do Carballiño”

Felipe Senén:”Os eidos que abeiran o vello camiño das orixes, o de Flores a Señorín”

Felipe Senén:”Míticas curvas e reviravoltas nos vellos camiños do Carballiño”

Felipe Senén:”Miguel Anxo Fernández, o Carballiño e a súa aura como escritor e cinéfilo”

Felipe Senén:”O Carballiño e o reloxo de cuco do Balneario nas viaxes do escritor Alfonso Armada”

Felipe Senén:”A científica María Teresa Miras Portugal sempre na memoria do seu Carballiño”

Felipe Senén: Carlos A. Rodriguez e a súa novela sobre o galego “rei dos xíbaros”

Felipe Senén: “Xesús Carballido. Esoutra arte ou poética de argallar, pegar ou coser memoria”

Felipe Senén: “o Casino do Carballiño , a súa Festa da Mimosa e algo máis”

Felipe Senén: “Contos, medos, amuletos e santuarios das xentes do camiño”

Felipe Senén: “Felipe Senén: “A Rosa, a flor de Flores””

Felipe Senén: “A nobreza e os pazos dos arredores do Carballiño”

Felipe Senén: “O pasado e a base da Biblioteca Municipal do Carballiño”

Felipe Senén: “O profesor Xaime Ferreiro Alemparte: un universo literario entre Cabanelas e Alemaña”

Avelino Cachafeiro, o gaiteiro de Soutelo nas lembranzas do Carballiño

A devoción aos santos Martiños, celebrados con Magostos en Galiza

Felipe Senén: “O Tempo de Defuntos no pétreo barco do Cemiterio de Señorín “

Felipe Senén:”as decimonónicas fábricas de papel das terras do Arenteiro”

Felipe Senén: ” Algunhas lembranzas arredor da miña Eira de Flores “

Felipe Senén: ” O CARBALLIÑO, CAPITAL MUNDIAL DO PULPO”

Felipe Senén: “o pulpo, Aurora Baranda e o Carballiño, unha santa trindade galega”

Felipe Senén: “de monte de Mesego a cidade xardín e Parque do Carballiño”

Felipe Senén: Lalín, o Carballiño e o ir e vir do pintor “Laxeiro”

Felipe Senén: “Xoán Xacobe Fernández, o franciscano de Moire e mártir en Damasco”

Felipe Senén: “As Adegas, un idílico e misterioso lugar no ribeiriño do rio Varón”

Felipe Senén: “O profesor de debuxo, os carteis e as iniciativas de Felipe-Luis López”

Felipe Senén: ” O gran fotógrafo Alberto Martí e o Carballiño

Felipe Senén: “A Pena de Queiras entre os outeiros, “ou altares” que coroan o Carballiño “

Felipe Senén: “Veremundo Arias Teixeiro, de Cabanelas, persoeiro barroco nos anos da Ilustración”

Felipe Senén: “Flores, o barrio da parte de atrás do Concello”

Felipe Senén: “A saga familiar do arquitecto Gallego Jorreto e o Carballiño”

Felipe Senén: “Arredor das pontes sobre os ríos do Carballiño”

Felipe Senén: A fervenza artificial do Arenteiro nas Tres Penas

A Praza de Abastos: catedral do mercado gastronómico e que, de vello, honra ao Carballiño

Pregóns, aturuxos, voces, músicas ou asubíos do meu Carballiño

O bulir da feira do Carballiño arredor do sitio da súa orixe: a Praza Maior e a Igrexa Vella

O Campo da feira do meu Carballiño

A peregrinación a Compostela dos de “Nós”, con parada e fonda no Carballiño

Vicente Risco e a peregrinación como ascese. A viaxe a pé de Ourense a Compostela…polo Carballiño

Fariña Jamardo, algo máis que singular secretario do concello do Carballiño

O Carballiño nos horizontes da Trasalba de Otero Pedrayo

O Río Arenteiro, vea de auga, de economía, de historia e cultura

Francisco Luís Bernárdez, o poeta masidao que levaba prendido o panteísmo galego

O Castro de San Cibrao das Las enxergando as bocarribeiras e os ribeiros

Chamoso Lamas e os vellos e grandes muíños de Moldes

O Románico, documento da misión humanista no territorio do Carballiño

Banga dos pazos e a súa Igrexa de Santa Baia: antoloxía cultural dos Ribeiros

Inspiradores ires e vires de Marineda á Vilamorta no Ribeiro dos Quiroga

Os arrieiros do Carballiño…e un curioso documento

Un paseo a través da arte do imperial Mosteiro de Oseira

O mosteiro de Oseira… lección de historia e arte

Manuel Chamoso Lamas e a xestión do Patrimonio Cultural

Cando a orixinalidade radica nas orixes: arredor da feira do Carballiño

Outros apuntamentos para a historia do cine no Carballiño

A Residencia do Carballiño: os promotores, o arquitecto, os residentes…

O monumento aos irmans Prieto do Carballiño e o seu escultor Larrauri

Arqueoloxía do Megalitismo nas Terras do Carballiño: as mámoas, medorras, medelas…

As pantasmas do histórico “Gran Balneario do Carballiño”

Arredor do paleolítico nas terras do Carballiño, as pescudas…

O mes de maio no Carballiño…. “aqueles días azuis e este sol da infancia”

Ramón Bernárdez González, un carballiñés na “Cova Céltica” e fundador da Academia Galega

A Igrexa Vella do Carballiño coa súa gabanciosa torre

O desaparecido chalé “Col” e a lembranza da emigración carballiñesa a Cuba

O biscoito “meimón” do Carballiño e a súa receita recollida pola Pardo Bazán

Aquelas Semanas Santas carballiñesas, de ramos, carracas, caladiños e Pascua Florida

Arqueoloxía pendente: a das grandes minas auríferas de Loureiro, no Irixo

Unha abraiante xoia da arqueoloxía: a arrecada de ouro do Irixo

Memorias da Coresma

As tradicións do Entroido do Carballiño

A Casa Consistorial do Carballiño, prototipo de inquedanzas decimonónicas

A novas revisións máis “ CASTROS” nas terras do Carballiño

O Catálogo dos Castros do Carballiño do 1930… e máis que hai

Lembranzas do Nadal de noutrora no Carballiño

Os esquecidos cantos de Nadal, Aninovo e Reis do meu Carballiño

O reloxo da Consistorial do Carballiño e o seu xenial autor

A Veracruz do Carballiño: lección de pedras, arte dos canteiros e da historia da arquitectura

Pepe Prada, un premio á creatividade, á constancia e á dignidade na cultura

A devoción aos santos Martiños, celebrados con Magostos en Galiza

Mes de santos, defuntos e magostos no Carballiño de noutronte

A Fonte de Flores, abrindo ao Carballiño

Un exemplo de destrución cultural : a Igrexa de San Paio de Loeda, Piñor de Cea

A parroquia de Loureiro, no Irixo, e o arquitecto neoclásico Loys Monteagudo

Lembranzas de pintura mural no Carballiño

Machados de “tope” da Idade do Bronce atopados no Monte de Mesego

A imaxe do San Cibrao do Carballiño e o seu escultor, Aldrey

As augas e as fontes do Carballiño

Vestixios de habitat e sepulturas da Primeira Idade dos Metais no Parque do Carballiño

Noticia sobre restos romanos no patio traseiro do Grupo Escolar do Carballiño

O pintor de Marín Manuel Torres no Carballiño

E así naceu “o Cantigueiro de Orcellón” de Manuel María e algo máis…

Manuel María, o Carballiño, as bocarribeiras e os ribeiros

A madeira nas máis antigas construcións do Carballiño

Pasado e tristeiro presente da Estación de Ferrocarril do Carballiño

O sitio arqueolóxico da Pena dos Namorados

O Castro de Cameixa referente na arqueoloxía galega

Terra, Auga, Aire e Lume no San Xoán de antes

Historias e lendas arredor do Puzo do Lago, Maside

Apuntamentos arqueolóxicos sobre as terras do Carballiño