Por Felipe-Senén
Un dos países máis atractivos polas súas fondas raiceiras históricas e dos máis martirizados é Siria. As civilizacións e en especial a cristiandade afunden as súas raiceiras neste territorio do “Crecente Fértil”, o regado polos ríos Tigris, Éufrates, Orontes, Xordán, Nilo … veigas e desertos sobre os que se erguen tells con restos de antiguísimas cidadelas bíblicas… Oriente cara ao que nos orientamos e oramos, onde madurou a Lei e con ela o Verbo e tantas cousas que conforman a nosa base cultural. Terra de eremitas, ebrios de Deus, cavernícolas, dendritas, estilitas como Simeón de Qalaat Semaan…
Como apaixonado dos desertos árabes e de lecturas como “ Y la Biblia tenía Razón” de Werner Keller – libro que na miña adolescencia, recen publicado a inicios dos sesenta, vin e merquei nas “Colonias de Antonio Soto” do Carballiño” – fun aguilloado a visitar e en varias ocasións estes territorios, mesmo en algunhas xa servindo de guía ao grupo de “Amigos dos Museos de Galicia”. E así fomos medindo o mundo dende o sistema métrico e a sensibilidade de galegos que somos, buscando influencias co noso extremo occidente, que haber hainas.

Viaxes fora do turismo convencional, por camiños arqueolóxicos , entrando en exotismos de turbantes, incenso, mirra, músicas de tambor e citara, de sabores espesos a café e cha… Por alí temos sabido e logo lido sobre as peripecias da estraña lady Sther Stanhope, a fidalga londinense amante de Sir John Morre, abatido na batalla de Elviña… e que no 1809 dende a Coruña, como fuxindo, embarcou nunha viaxe, sen retorno, cara este mítico oriente e fíxoo vestida de home, fisgando, curando e facéndose querer, para vivir entre as ruínas do Templo do Sol de Palmira. Os nativos vían nesta esbrancuxada inglesa unha reencarnación da antirromana raiña Zenobia… Lady Sther morreu, rodeada dos seus gatos nun castelo druso, Libria, no 1839. Referente entre as viaxeiras.
Siria,onde Damasco, baixo o monte Quasión, onde Caín asasinou ao seu irmán Abel, é un atractivo foco que anima os sentidos: a mesquita dos Omeyas erguida sobre a grandiosa basílica constantiniana do século IV … o zoco de Alhamidiyah sobre o que foi foro romano….cidade labiríntica de historias, mesmo onde os das terras do Carballiño atopamos un anaco da nosa propia historia, a do franciscano Juan Jacobo Fernández.
Ben sabemos da gran contribución que a estas terras dos ribeiros ten aportado a misión do Santo de Asís e canto a esta devoción ten contribuído a imprenta compostelán de “El Eco Franciscano” . Mesmo o templo da Veracruz ten a orixe pra veneración dese Lignum Crucis, regalo – á entón recen creada parroquia – polo franciscano carballiñés, Frai Pedro Fernández… Onde ademais San Clodio de Leiro é o berce do P. Samuel Eiján Lorenzo (1876-1945), poeta e sobre todo necesario historiador da orde franciscana, como tamén o é Lousado, de Piñor de Cea, dos irmáns Rodríguez Legísima, entre eles, P. Juan (1884-1984), conservador dos santos lugares, creador do Museo de Terra Santa nos franciscanos de Compostela e autor de “Héroes y Mártires gallegos. Los Franciscanos de Galicia en la Guerra de la Independencia” (1911), onde abondan os datos sobre as andanzas e influencia dos frades entre as guerrillas antifrancesas polas terras do Carballiño e Ribadavia.

As terras do Carballiño, de misioneiros e historiadores franciscanos
Máis será o devandito Samuel Eiján, autor de “Los Franciscanos en Ribadavia” quen abonde en datos sobre Xoán Xacobe Fernández, e será en ”El heroismo en Tierra Santa, Mártires Damascenos en 1860” (1928): case como unha novela na que contextualiza a vida de Xoán Xacobe, consciente do interese que ten pra pros fieis esta nova axiografía.
Documentación que complementa quen foi coñecido coengo da catedral compostelán, Cesáreo Gil Atrio, pra incluílos no seu libro “Santos Galegos” (1976. Páxinas nas que non faltan noticias sobre os grandes santos galegos, como San Froilán, San Rosendo, San Pelaio e Pedro de Mezonzo, San Francisco Blanco ou Sebastián Aparicio… pero tampouco os referidos a Xoán Xacobe Fernández, entre outros que non pasaron ao martiroloxio Romano, como pode ser o noso San Vintila de Punxín. Gil Atrio reafirma as virtudes – xa contadas – daquel neno que con frecuencia visita a capela das Neves en Arenteiro, que é traballador no agro; atopa ademais que José María Pemán retrata a Juan Jacobo na “Balada de las dudas del Lego”.
E como non, acollendo tal importancia franciscana, neste repertorio bibliográfico sobre os franciscanos en Galiza, non debe faltar a obra de José Manuel García Iglesias “El franciscanismo en Galicia, ayer y hoy de su patrimonio artistico” (2019) que complementa un documentado paseo a través das estruturas, da fonda pegada humanística e polo tanto artística da misión franciscana en Galiza.
Polo devandito sabemos que Xoán Xacobe naceu en Moire, Piñor de Cea, baixo a estrela dun día de Santiago do ano 1808, que o seu pai era Benito Fernández da Fonte e a súa nai Benita Fernandez Losada, nomes nos que se nota a influencia bieita de Oseira na bisbarra e o carácter tribal de xentilidade. Matrimonio do que naceron sete fillos, entre eles dúas mulleres, Xoán Xacobe era o penúltimo. A partida de bautismo na prarroquia de Santa Maria de Carballeda, asinada ao día seguinte de nacer polo párroco Juan Benito Conde Abad da conta dos avós, dos padriños… todos de Moire e apunta “ a los que advertí el parentesco espiritual y demás obligaciones…”.
Hai constancia de que no 1831 Xoán Xacobe ingresa no convento franciscano de Santa María de Herbón, nas ribeiras padronesas do Ulla, niño de frades predicadores que rivalizaron con dominicos e xesuítas. Protexido ali polo padre Fr. Domingo Briones. Ao respecto merece coñecerse o libro do P. Ramón Mª. Blanco “El Colegio Misionero de Herbón”, a través de los siglos” ( (1925), páxinas que nos permiten entender a grandeza e a influencia dos seguidores do fratello de Asís en Galiza.
Nos anos da exclaustración de Mendizabal que tanto afectaron ao convento de Herbón, aquel novizo volve a Moire, non antes sen poñer a salvo da rapina algúns obxectos valiosos do convento e dos que deixa constancia en carta ao P, gardián Idelfonso Garcia. Refúxiase entón na súa casa natal, ate que, chegándolle noticias de novas misións toma novo rumbo e un 13 de febreiro do 1859, dende Valencia, embarca – con varias escalas por medio – rumbo a Xaffa e os Santos Lugares que entusiasmado visita. Continúa o seu periplo cara Damasco e escolle pra súa misión o barrio armenio, preto da capela subterránea de San Ananías e das portas de Bab Sharqi e Bab Keisan, parte vella e murada, onde a tradición conta que Pablo caeu do cabalo pra facerse piar da cristiandade.

Xoán Xacobe colabora como cociñeiro nunha comunidade franciscana que erixe un templo con terraza e campanario. Escenarios de crueldade nos que un 19 de xullo de 1860 é torturado, xunto con outros sete compañeiros….Contan as crónicas franciscanas que arroxado dende a terraza morreu santamente pronunciando palabras de perdón en lingua vernácula… Os restos daqueles mártires ocultáronse, ata que en novembro do 1861 son exhumados do seu acocho nos sotos do convento. En 17 de decembro do 1885 ábrese a causa de beatificación e a diocese ourensá celébrao de moitos xeitos este feito.
A historia do mártir de Moire esperpentizada polo seu parente Camilo José Cela
O escritor Camilo José Cela, parente de Xoán Xacobe, po vía paterna, retorce e esperpentiza esta historia pra incluíla polos seus camiños literarios nesa magnifica novela ambientada nestas terras de Piñor de Cea, “Mazurca para dos muertos”. Cela di que por aquí case todos son parentes seus, caracterizados po ter cara de cabalo…. Sabemos que na veciña Corna os mozos apresuraban a casarse, que nas festas había liortas entre os mozos, que chegaban a sangue… Terras de ida e volta tamén do meu lembrado Pepe Paz, identificado con Tagore ate reunir a mellor biblioteca do autor e escoller Bengala pra levar a derradeira parte da súa vida.
Novela dun Cela retranqueiro, irrespectuoso, na que retrata a un mozo Xoán Xacobe insatisfeito sexual, co que a súa familia non sabe que facer, como tampouco os seus fratellos… pra mandalo lonxe, a Siria…onde seguira tentando ás exóticas mouriñas, perseguido e torturado, pra no final do seu suplicio pronunciar unhas blasfemias…iso si, en lingua vernácula…. Novela que compre ler a modo, si acaso acompañados cun dedal de augardente de herbas pra darlle sabor e, de fondo, a ronca música de zanfona.

O barrio damasceno de San Ananías caracterizase polos artesáns de caixas, estoxos, relicarios, cruces feitas de madeiras nobres con nácara incrustado, algunhas das que podemos atopar en casas nobres e sancristías de igrexas galegas. Naquela nova Igrexa dos padres franciscanos, Bab-Touma, están nunha capela e baixo o seu altar o restos óseos de Juan Jacobo Fernandez e unha placa que lembra a súa aldea natal. Tamén sobre a casa de Moire campa outra placa que di “En esta casa naceu o 25 de xullo de 1808 el insigne beato Juan Jacocobo Fernández, religiosos de la Orden Franciscana, matirizado en Damasco Siria) el 9 de julio de 1860. Beatificado por Pio XI el 10 de outubro de 1926. Homenaje de sus paisanos.. Na Igrexa de San Ananías temos visto un cáliz cunha inscrición na base, que di regalo da comunicade franciscana de Compostela a aquel templo…
O 10 de outubro de 1926 o Papa Pío XI beatificou a estes oito mártires damascenos, dende entón tiveron altar en moitas igrexas franciscanas.
Desta mesma xentilidade, como se dun clan castrexo ou parroquial se tratase, a máis de Cela, saíron outras ilustres personalidades, como o médico cirurxián Cesáreo Fernández Losada, o escritor Modesto Fernández González, o boticario Modesto Fernandez Román, os irmáns Temes… A Historia continúa.
—————————————————————————————————
Traxectoria e obras de Felipe Senén

—————————————————————————————————
Outros artigos de Felipe Senén:
Felipe Senén: “As Adegas, un idílico e misterioso lugar no ribeiriño do rio Varón”
Felipe Senén: “O profesor de debuxo, os carteis e as iniciativas de Felipe-Luis López”
Felipe Senén: ” O gran fotógrafo Alberto Martí e o Carballiño
Felipe Senén: “A Pena de Queiras entre os outeiros, “ou altares” que coroan o Carballiño “
Felipe Senén: “Veremundo Arias Teixeiro, de Cabanelas, persoeiro barroco nos anos da Ilustración”
Felipe Senén: “Flores, o barrio da parte de atrás do Concello”
Felipe Senén: “A saga familiar do arquitecto Gallego Jorreto e o Carballiño”
Felipe Senén: “Arredor das pontes sobre os ríos do Carballiño”
Felipe Senén: A fervenza artificial do Arenteiro nas Tres Penas
A Praza de Abastos: catedral do mercado gastronómico e que, de vello, honra ao Carballiño
Pregóns, aturuxos, voces, músicas ou asubíos do meu Carballiño
O bulir da feira do Carballiño arredor do sitio da súa orixe: a Praza Maior e a Igrexa Vella
O Campo da feira do meu Carballiño
A peregrinación a Compostela dos de “Nós”, con parada e fonda no Carballiño
Vicente Risco e a peregrinación como ascese. A viaxe a pé de Ourense a Compostela…polo Carballiño
Fariña Jamardo, algo máis que singular secretario do concello do Carballiño
O Carballiño nos horizontes da Trasalba de Otero Pedrayo
O Río Arenteiro, vea de auga, de economía, de historia e cultura
Francisco Luís Bernárdez, o poeta masidao que levaba prendido o panteísmo galego
O Castro de San Cibrao das Las enxergando as bocarribeiras e os ribeiros
Chamoso Lamas e os vellos e grandes muíños de Moldes
O Románico, documento da misión humanista no territorio do Carballiño
Banga dos pazos e a súa Igrexa de Santa Baia: antoloxía cultural dos Ribeiros
Inspiradores ires e vires de Marineda á Vilamorta no Ribeiro dos Quiroga
Os arrieiros do Carballiño…e un curioso documento
Un paseo a través da arte do imperial Mosteiro de Oseira
O mosteiro de Oseira… lección de historia e arte
Manuel Chamoso Lamas e a xestión do Patrimonio Cultural
Cando a orixinalidade radica nas orixes: arredor da feira do Carballiño
Outros apuntamentos para a historia do cine no Carballiño
A Residencia do Carballiño: os promotores, o arquitecto, os residentes…
O monumento aos irmans Prieto do Carballiño e o seu escultor Larrauri
Arqueoloxía do Megalitismo nas Terras do Carballiño: as mámoas, medorras, medelas…
As pantasmas do histórico “Gran Balneario do Carballiño”
Arredor do paleolítico nas terras do Carballiño, as pescudas…
O mes de maio no Carballiño…. “aqueles días azuis e este sol da infancia”
Ramón Bernárdez González, un carballiñés na “Cova Céltica” e fundador da Academia Galega
A Igrexa Vella do Carballiño coa súa gabanciosa torre
O desaparecido chalé “Col” e a lembranza da emigración carballiñesa a Cuba
O biscoito “meimón” do Carballiño e a súa receita recollida pola Pardo Bazán
Aquelas Semanas Santas carballiñesas, de ramos, carracas, caladiños e Pascua Florida
Arqueoloxía pendente: a das grandes minas auríferas de Loureiro, no Irixo
Unha abraiante xoia da arqueoloxía: a arrecada de ouro do Irixo
As tradicións do Entroido do Carballiño
A Casa Consistorial do Carballiño, prototipo de inquedanzas decimonónicas
A novas revisións máis “ CASTROS” nas terras do Carballiño
O Catálogo dos Castros do Carballiño do 1930… e máis que hai
Lembranzas do Nadal de noutrora no Carballiño
Os esquecidos cantos de Nadal, Aninovo e Reis do meu Carballiño
O reloxo da Consistorial do Carballiño e o seu xenial autor
A Veracruz do Carballiño: lección de pedras, arte dos canteiros e da historia da arquitectura
Pepe Prada, un premio á creatividade, á constancia e á dignidade na cultura
A devoción aos santos Martiños, celebrados con Magostos en Galiza
Mes de santos, defuntos e magostos no Carballiño de noutronte
A Fonte de Flores, abrindo ao Carballiño
Un exemplo de destrución cultural : a Igrexa de San Paio de Loeda, Piñor de Cea
A parroquia de Loureiro, no Irixo, e o arquitecto neoclásico Loys Monteagudo
Lembranzas de pintura mural no Carballiño
Machados de “tope” da Idade do Bronce atopados no Monte de Mesego
A imaxe do San Cibrao do Carballiño e o seu escultor, Aldrey
As augas e as fontes do Carballiño
Vestixios de habitat e sepulturas da Primeira Idade dos Metais no Parque do Carballiño
Noticia sobre restos romanos no patio traseiro do Grupo Escolar do Carballiño
O pintor de Marín Manuel Torres no Carballiño
E así naceu “o Cantigueiro de Orcellón” de Manuel María e algo máis…
Manuel María, o Carballiño, as bocarribeiras e os ribeiros
A madeira nas máis antigas construcións do Carballiño
Pasado e tristeiro presente da Estación de Ferrocarril do Carballiño
O sitio arqueolóxico da Pena dos Namorados
O Castro de Cameixa referente na arqueoloxía galega
Terra, Auga, Aire e Lume no San Xoán de antes