FRUGA demanda da Consellería do Medio Rural axudas para as gandarías afectada pola Enfermidade Hemorráxica Epizoótica.

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Outras comunidades do Estado español xa as puxeron en práctica.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Sárria, 29 de setembro de 2023. Nestes últimos días estamos a observar como aumenta o número de casos da Enfermidade Hemorráxica Epizoótica (EHE), ocasionando perdas importantes nas ganderías que a están a padecer.

Desde perdas de produción mesmo pode causar a morte de animais, custos considerábeis dos tratamentos, toda unha serie de consecuencias que minguan notablemente os ingresos das explotacións gandeiras que están a sufrir esta enfermidade.

Actualmente xa houbo varias comunidades autónomas do Estado español, que decidiron activar un sistema de axudas para paliar os danos ocasionados por esta enfermidade, concretamente Aragón, Castela-Leon e Cantabria.

Desde FRUGA exiximos-lle á Xunta da Galiza, que poña en marcha de modo urxente un sistema de axudas para todas as gandarías que se vexan afectadas pola EHE, tendo en conta que estamos a falar de que na Galiza xa apareceron varios casos, e algúns pendentes de confirmación, sobre todo considerando a importancia que ten o sector gandeiro, tanto desde o punto de vista da produción final agraria no contexto da economía da Galiza como numericamente no que ten a ver co censo de animais.

FRUGA entende que a día de hoxe xa debería estar en marcha un sistema de axudas que compense as perdas sufridas polas granxas galegas, e non entendemos como a Consellería do Medio Rural non activa estas axudas, algo que amosa o nulo interese que mostra para con este sector tan importante para o rural do noso País.

Outras comunidades do Estado español foron pioneiras, na posta en marcha destas axudas, esperemos que Xunta da Galiza non fique por tras e anuncie dunha vez esta liña de axudas. Os sectores gandeiros así o demandan, non temos porque sufrir as consecuencias dunha enfermidade que as gandeiras e os gandeiros galegos non provocamos.