Felipe Senén: “Vellas lembrazas dos Felos de Garabás”


Por Felipe-Senén

(Historiador da Cultura Galega)

AVANTAR ACTIVIDADES

Das lembranzas carballiñesas máis vellas e alegres que gardo, esas que agroman cando un cavila nas súas orixes, corresponden ao tempo de Entroido e ás gavillas de cabaleiros dos Felos de Garabás. Dicimos gavilla como agrupación que formaban e cabaleiros no senso máis orixinario, señores de cabalos. Entroido que foi máis de xinetes que de amazonas e que o tempo e a igualdade irán mudando.

Felo de Garabás. Debuxo Felipe Senén_

 E sendo o Entroido o tempo no que se sacan á rúa e se presume de antigas tradicións, cando se contrasta o salvaxe co urbanizado, de haber un Entroido enxebre entre a infinidade de competentes entroidos que ofrecen as parroquias e vilas de Galiza, os Felos de Garabás  son os que caracterizaban o Carballiño, o seu singular aporte a este espectáculo festivo, diferenciador; inmenso patrimonio cultural digno de recoñecerse, coidarse e protexerse. 

Nos anos da “Longa noite de pedra” que dixo o celanovés Celso Emilio Ferreiro, cando tanta mocidade galega colleu o barco ou o tren cara aos camiños máis insólitos da emigración, cando os eidos e lameiros de Galiza se sementaron de abandono e con encoros se asolagaron agras, os felos tamén desapareceron do Entroido do Carballiño,  imperou entón unha festa controlada, de casino e salas de festa, con máis máscaras de bazar que creativas. Entón a tradición do entroido dos felos ausentouse deica estes anos da nova revolución dixital en que a tradición resucita e ogallá se faga coidando o mellor daquel pasado coñecido.

Polo demais, antes de ningunha outra cousa e dándolle orixe terreal aos felos,  compre saber que Garabás é unha antiguísima parroquia de Maside, presidida por magnífica igrexa románica, ao estilo de moitas que campan e proban o poder desta bisbarra no medievo e das que ben se gaban por esta bisbarra. Terras que naquel tempo feudal, de señores e castelos, se coñeceron como Castela, lindeiras, Arenteiro por medio, con de Orcellón.  Rexión de aldeas e vilas de sona denantes de que existise o Carballiño, como Maside, Garabás, Amarante, Partovia, Señorín, Varón, Arcos, Mesego, Cea… Lugar do Carballiño que ten orixe na encrucillada e como campo de feira especializado en gando e cabalar. E compre subliñar isto da significación dos cabalos entón. Punto de encontro para tratantes destas parroquias da veciñanza e de moito máis alá, competindo coa mesma Compostela coa que se tivo importantes e constantes relacións. Logo co nacer do século XIX, aquel lugar de rúas e feira foise arrodeando de construcións. Moitos daqueles parroquiáns da feira, xunto con fidalgos de pazo, asentáronse aquí, axudando a engrandecela, a facer vila, a crear concello, a organizar partido xudicial e a singularizala na Historia.

Felo de Maside. Debuxo Felipe Senén_

Poida, ademais, que a vella parroquia de Garabás e a vella vila do Carballiño a mais de ter tanta relación arrieira, de xente de feira establecida arredor do novo campo, teñan algo en común e poida ser mesmo tamén no referido ao seu topónimo. Quizais ambos, Garabás e Carballiño  estean en relación coa mesma raiceira de “caraba”, como humilde caseta de feira, feita con caramallos… como esas “carabas” de feira e das que presumen os andaluces, tan herdeiros de devocións, tradicións, festas e feiras  dos seus conquistadores cristiáns galegos.

Arrieiros, feirantes, señores de cabalos e do camiño, felos endomingados polo    Santo Entroido

Competente feira de gando era a do Carballiño, a que movía toda a economía agraria e moi especialmente cabalar.  E teimamos co asunto dos cabalos, pois compre asumir que os cabalos significaron moito até a revolución industrial coa que aparece o automóbil, o Auto Industrial … e mesmo no Carballiño ferradores de cabalos reconvertéronse en carroceiros de autos de motor e os vellos maiorais, condutores de carros de cabalos fixéronse condutores e  empresarios e de autobuses para carrexar xente a “feiras, festas e romarías”.  Deica entón eran os cabaleiros, os bos xinetes, aqueles que eran adestrados dende nenos, os que transportaban mercancías, o correo… os que sendo destros en coñecer camiños e na equitación, eran os que dominaban a guerrilla e os que gañaban batallas. Respecto a isto podemos tomar boa nota do papel dos guerrilleiros fronte aos franceses, aló polo 1809, nestas terras do Carballiño. O cabalo  ademais daba prestixio ao seu señor, elemento de casta e rango, propio pois do cabaleiro, do fidalgo, do crego, do escribán, como  do arrieiro señor dos camiños e fondas e mesmo dos salteadores.

E niso da xente do camiño, dos arrieiros e gandeiros radica boa parte da historia da feira na encrucillada do Carballiño…e velaí no Entroido, escaparte de tantas tradicións, entre eles o dos entroidos de a cabalo, como os “correos”, os “xerais” ou os “Felos garabases. Cabaleiros en contraste coas máscaras de a pé, de carauta posta, que mesmo tamén reciben o nome de felo e veremos o que significa iso.

E entre os arrieiros, os feirantes primeiros das crónicas orixinarias carballiñesas, os distinguidos tanto polo seu trato e xeito de ser, mesmo polo vestir, eran os masidaos, e entre eles os da devandita parroquia de Garabás. Señores de cabalos, de feira en romaría, señores do camiño, da noite…

No tempo de Entroido eran os garabases os que, entre lugares e unha e outra parroquia formaban gavillas de fachendosos felos: pola mañá pasando de casa en  casa, agrupándose arredor da  igrexa  parroquial de San Pedro, encargando denantes un cocido de cachucha, lacón,  todo tipo de chourizos e botelo, entre patacas e grelo…E despois do xantar, brindar coas cuncas daquel tinto espeso dise seu ribeiro que abre ao Barbantiño; logo a revisar os  adornos dos facos, subirse a eles, formarse en orde de idades…Entón, o maioral, dando o toque do corno de caza ordena coller camiño e alá se van cantando, saudando a quen se asoma ao camiño.

E velaí que naqueles meus días do Entroido do Carballiño, en horas entre lusco e fusco, os felos de Garabás eran esperados con emocións, cánticos, aturuxos e aplausos na curva da Fontela, para seguir a carón dos curtidos do Piteira, das madeiras do Fraguas, das carrocerías Piñeiro, de Correos, das madeiras do Carballido… e os cans da Carreira detrás e ladrarlle aos facos.

E velaí, non faltaban ao Entroido, aparecían en algarabía, dándolle tralla aos facos, a aquelas bestas ben luídas, brancas, teixas, negras, cubertas de cintos de axóuxeres, de campaíñas, pasamanería e cintas, moitas cintas de todas as cores. Bestas e xinetes ben engalanados, a cabezada, a montura, os arneses, as rendas… mesmo, a máis das cintas de cor, obra de xastre ou costureira de boa pasamanaría en galóns, charreteiras. Traxe cuberto de anacos de espelliños ou brillante latón, pegados. Luces e brillos por toadas partes, a ritmo e son coa primavera das camelias e das mimosas, das margaridas que cobren a paisaxe e que co rechouchío das bandadas de paxaros que volven, son bo agoiro, proba de que o círculo da vida sigue a xirar.

Ao toque da corneta de caza entraban, en formación, no Carballiño

Garabases a cabalo, mozos e vellos coa bota aragonesa do viño ao lombo, mesmo algún rapaz a cabalo dunha pequena besta…cubertos con sombreiro de feltro negro e ala ancha, traxeados de negro, gabándose de  ser masidaos:  con chaleco cruzado, de colo con reberete curvo, e sobre del chaqueta, calzón ancho, case de maragato, metido en polaina ou en  botas de coiro. Toda tela cuberta de cintas e galóns, de todos os anchos e as cores, entre recortados espelliños a relucir. Algúns co peito cruzado por un exótico e  rechamante pano de cachimir, vermello, verde ou azul, de amplos flecos. Mozos e mozas, seguíanos, si acaso paraban, baixaban e pousaban un chisco no  bar do Pituxo, faciano para tomar un grolo de tinto, acicalábanse eles e ás bestas e volta a recompoñer aquel exercito de paz.  Novamente o Maioral tocaba o corno de caza.

Formándose, uns detrás dos outros, comandados pola fusta de cores e as ordes do primeiro. Ringleira de cintas a deixarse ir pola velocidade  do vento.  Non lembro que cancións cantaban, sabias ben a miña nai e miña aboa… Así pasaban pola Mina, a carón das vellas oficinas da Cheda, do Hotel Evaristo… e xa no centro, con paseo maxestático arredor da praza maior, entre algarabía, aplausos, berros de ánimo e vivas aos felos de Garabás, para no centro trazar unha circunferencia e xinetes, tratando de erguer os facos ente relinchos, aturuxos e asubíos…todos seguindo un orde… e logo cantar versos retrouseiros.

orellas de frade

Aquela rolda cabalar e de felos saudando e acenando co sombreiro en man era o trunfo da luz, da algarabía festiva…De seguido e despois da representación, o xefe maioral tocaba o corno de caza e daba un acougo aos xinetes… e veña a empinar a bota de viño. Entón os felos, como heroes dunha guerra de paz, baixaban dos seus cabalos e repartíanse, convidados nas tabernas, dándolle cor e alegría á vila. Algúns, os máis mozos dos felos seguían a presumir fachendosos entre as mozas, a dar voltas á praza, a recorrer o paseo, deixando subir e baixar aos seus cabalos a algunha moza ou neno, dando unha volta arredor da praza… Non faltaba felo que se saía do grupo e trotaba cara á casa dalgún amigo, petaba e petaba na porta para ser convidado.  A maioría concorrían no bar da Gazpara ou  no Emiliano a tomar uns dedais de licocafé con torradas borrachas ou con orellas de frade…. Os rapaces seguiámolos, sempre detrás dos facos e  das cintas de cores. Sempre as cintas de cores nas festas, nas danzas,nas procesións, nas tradicións… como un arremedo tanxible do Arco da Vella. Era aquel un desfile de cor, de luz, sen sables, nin armas, sen máis que fustas e cintas ao vento.

Ben entrada a media noite, o xefe tocaba o corno de caza até que estaban reunidos todos, algún retrasábase, namentres dando voltas en roda despedíndose co sombreiro na man. E cando os felos partían de volta, recibían máis aplausos. A súa ausencia deixaban prendida certa nostalxia, esperándoos novamente o luns, o martes…e todo o ano.

Contábase tamén que, anos moi atrás, un felo mozo subiu ao seu faco a unha moza, víuselle  pasear pola praza e polas rúas…  Mais á hora da recollida o felo non volveu ao grupo, nin a moza á casa, buscáronnos amigos e familias….e nada, naquela noite e nos días que seguiron. O asunto diu que falar… e nunca máis se soubo, so que desapareceran naquela noite. O único que se atopou foi  aquel faco branco, despois da Cañiza, na estrada da Fontefría, cara a Vigo… Alguén, anos despois, trouxo noticias, contou que os atopara ao felo e á moa, en Caracas, rexentando uns ultramarinos, casados e con fillos.

cintas

E dento deste universo que é o almanaque festivo do Entroido, como entrada no tempo soleado e florido, flores que significan froitos e despois sementes, como árbore de fondas raiceiras, manda e medra á luz, a cor, a leria, o instintivo, o xogo entre a tradición e a creación. Mais o  Entroido terá outra cara contraria, a da abstinencia, de cavilares e loito que é a Coresma. Entroido tan cargado de símbolos, folións, músicas, danzas, herdados do pasado neolítico, celta, romano, medieval, do remedo á relixión, das influencias foráneas, do consumo de hoxe que é a influencia comercial do gran bazar chino.. Mesmo todo un mundo de verbas coa súa orixe. E velai, entre cintas de cores, correaxes de axóuxeres, esquilas, chocas, os felechos e velaí os felos, en relación con ese verbo latino “flecto”…aínda próximo a felón, a máscara, o entroido chupón, bandulleiro, comellán,  e mesmo en relación co feluxe, o feluche castelán, a cinza das lareiras, o que no Entroido das terras montesías do Courel e do Brollón botan mesturado con auga, como símbolo de fecundidade,  da cinza que é o remol do calor e da luz da lareira…  Felo de Felón, como Pantalla de Pantagruel en relación coa festa do xantar, da fartura.

Non eran aquel entroido de saco ou trapallada, de máscaras de cartón ou plástico, simplemente era a tradición coa creación, cubertas de cor. Imaxinario, símbolos, todo un tesouro, universo do que poucos países poden ofrecer tanto. Perda que a globalización uniformizadora tente contra tanta fonda orixe, orixinalidade.

______________________________________________________________________

—————————————————————————————————

Traxectoria e obras de Felipe Senén

Felipe Senén (Foto Xurxo Lobato)

—————————————————————————————————

Outros ártigos de Felipe Senén:

Felipe Senén: “Meigas e magos “de saco ao lombo” na tradición celto-cristián e no Nadal de Galiza”

Felipe Senén: “Algunhas sagas e ilustres nomes de alarifes do Carballiño que rescata Montes Marqués”

Felipe Senén: “Os alarifes, as familias que crearon o Carballiño, libro necesario de Montes Marqués”

Felipe Senén: “Os programas de man das Festas Maiores do Carballiño”

Felipe Senén: “Algo sobre a emigración do Carballiño para o mundo”

Felipe Senén: “O Folión, os foguetes e os fogueteiros do Carballiño”

Felipe Senén:”Os eidos que abeiran o vello camiño das orixes, o de Flores a Señorín”

Felipe Senén:”Míticas curvas e reviravoltas nos vellos camiños do Carballiño”

Felipe Senén:”Miguel Anxo Fernández, o Carballiño e a súa aura como escritor e cinéfilo”

Felipe Senén:”O Carballiño e o reloxo de cuco do Balneario nas viaxes do escritor Alfonso Armada”

Felipe Senén:”A científica María Teresa Miras Portugal sempre na memoria do seu Carballiño”

Felipe Senén: Carlos A. Rodriguez e a súa novela sobre o galego “rei dos xíbaros”

Felipe Senén: “Xesús Carballido. Esoutra arte ou poética de argallar, pegar ou coser memoria”

Felipe Senén: “o Casino do Carballiño , a súa Festa da Mimosa e algo máis”

Felipe Senén: “Contos, medos, amuletos e santuarios das xentes do camiño”

Felipe Senén: “Felipe Senén: “A Rosa, a flor de Flores””

Felipe Senén: “A nobreza e os pazos dos arredores do Carballiño”

Felipe Senén: “O pasado e a base da Biblioteca Municipal do Carballiño”

Felipe Senén: “O profesor Xaime Ferreiro Alemparte: un universo literario entre Cabanelas e Alemaña”

Avelino Cachafeiro, o gaiteiro de Soutelo nas lembranzas do Carballiño

A devoción aos santos Martiños, celebrados con Magostos en Galiza

Felipe Senén: “O Tempo de Defuntos no pétreo barco do Cemiterio de Señorín “

Felipe Senén:”as decimonónicas fábricas de papel das terras do Arenteiro”

Felipe Senén: ” Algunhas lembranzas arredor da miña Eira de Flores “

Felipe Senén: ” O CARBALLIÑO, CAPITAL MUNDIAL DO PULPO”

Felipe Senén: “o pulpo, Aurora Baranda e o Carballiño, unha santa trindade galega”

Felipe Senén: “de monte de Mesego a cidade xardín e Parque do Carballiño”

Felipe Senén: Lalín, o Carballiño e o ir e vir do pintor “Laxeiro”

Felipe Senén: “Xoán Xacobe Fernández, o franciscano de Moire e mártir en Damasco”

Felipe Senén: “As Adegas, un idílico e misterioso lugar no ribeiriño do rio Varón”

Felipe Senén: “O profesor de debuxo, os carteis e as iniciativas de Felipe-Luis López”

Felipe Senén: ” O gran fotógrafo Alberto Martí e o Carballiño

Felipe Senén: “A Pena de Queiras entre os outeiros, “ou altares” que coroan o Carballiño “

Felipe Senén: “Veremundo Arias Teixeiro, de Cabanelas, persoeiro barroco nos anos da Ilustración”

Felipe Senén: “Flores, o barrio da parte de atrás do Concello”

Felipe Senén: “A saga familiar do arquitecto Gallego Jorreto e o Carballiño”

Felipe Senén: “Arredor das pontes sobre os ríos do Carballiño”

Felipe Senén: A fervenza artificial do Arenteiro nas Tres Penas

A Praza de Abastos: catedral do mercado gastronómico e que, de vello, honra ao Carballiño

Pregóns, aturuxos, voces, músicas ou asubíos do meu Carballiño

O bulir da feira do Carballiño arredor do sitio da súa orixe: a Praza Maior e a Igrexa Vella

O Campo da feira do meu Carballiño

A peregrinación a Compostela dos de “Nós”, con parada e fonda no Carballiño

Vicente Risco e a peregrinación como ascese. A viaxe a pé de Ourense a Compostela…polo Carballiño

Fariña Jamardo, algo máis que singular secretario do concello do Carballiño

O Carballiño nos horizontes da Trasalba de Otero Pedrayo

O Río Arenteiro, vea de auga, de economía, de historia e cultura

Francisco Luís Bernárdez, o poeta masidao que levaba prendido o panteísmo galego

O Castro de San Cibrao das Las enxergando as bocarribeiras e os ribeiros

Chamoso Lamas e os vellos e grandes muíños de Moldes

O Románico, documento da misión humanista no territorio do Carballiño

Banga dos pazos e a súa Igrexa de Santa Baia: antoloxía cultural dos Ribeiros

Inspiradores ires e vires de Marineda á Vilamorta no Ribeiro dos Quiroga

Os arrieiros do Carballiño…e un curioso documento

Un paseo a través da arte do imperial Mosteiro de Oseira

O mosteiro de Oseira… lección de historia e arte

Manuel Chamoso Lamas e a xestión do Patrimonio Cultural

Cando a orixinalidade radica nas orixes: arredor da feira do Carballiño

Outros apuntamentos para a historia do cine no Carballiño

A Residencia do Carballiño: os promotores, o arquitecto, os residentes…

O monumento aos irmans Prieto do Carballiño e o seu escultor Larrauri

Arqueoloxía do Megalitismo nas Terras do Carballiño: as mámoas, medorras, medelas…

As pantasmas do histórico “Gran Balneario do Carballiño”

Arredor do paleolítico nas terras do Carballiño, as pescudas…

O mes de maio no Carballiño…. “aqueles días azuis e este sol da infancia”

Ramón Bernárdez González, un carballiñés na “Cova Céltica” e fundador da Academia Galega

A Igrexa Vella do Carballiño coa súa gabanciosa torre

O desaparecido chalé “Col” e a lembranza da emigración carballiñesa a Cuba

O biscoito “meimón” do Carballiño e a súa receita recollida pola Pardo Bazán

Aquelas Semanas Santas carballiñesas, de ramos, carracas, caladiños e Pascua Florida

Arqueoloxía pendente: a das grandes minas auríferas de Loureiro, no Irixo

Unha abraiante xoia da arqueoloxía: a arrecada de ouro do Irixo

Memorias da Coresma

As tradicións do Entroido do Carballiño

A Casa Consistorial do Carballiño, prototipo de inquedanzas decimonónicas

A novas revisións máis “ CASTROS” nas terras do Carballiño

O Catálogo dos Castros do Carballiño do 1930… e máis que hai

Lembranzas do Nadal de noutrora no Carballiño

Os esquecidos cantos de Nadal, Aninovo e Reis do meu Carballiño

O reloxo da Consistorial do Carballiño e o seu xenial autor

A Veracruz do Carballiño: lección de pedras, arte dos canteiros e da historia da arquitectura

Pepe Prada, un premio á creatividade, á constancia e á dignidade na cultura

A devoción aos santos Martiños, celebrados con Magostos en Galiza

Mes de santos, defuntos e magostos no Carballiño de noutronte

A Fonte de Flores, abrindo ao Carballiño

Un exemplo de destrución cultural : a Igrexa de San Paio de Loeda, Piñor de Cea

A parroquia de Loureiro, no Irixo, e o arquitecto neoclásico Loys Monteagudo

Lembranzas de pintura mural no Carballiño

Machados de “tope” da Idade do Bronce atopados no Monte de Mesego

A imaxe do San Cibrao do Carballiño e o seu escultor, Aldrey

As augas e as fontes do Carballiño

Vestixios de habitat e sepulturas da Primeira Idade dos Metais no Parque do Carballiño

Noticia sobre restos romanos no patio traseiro do Grupo Escolar do Carballiño

O pintor de Marín Manuel Torres no Carballiño

E así naceu “o Cantigueiro de Orcellón” de Manuel María e algo máis…

Manuel María, o Carballiño, as bocarribeiras e os ribeiros

A madeira nas máis antigas construcións do Carballiño

Pasado e tristeiro presente da Estación de Ferrocarril do Carballiño

O sitio arqueolóxico da Pena dos Namorados

O Castro de Cameixa referente na arqueoloxía galega

Terra, Auga, Aire e Lume no San Xoán de antes

Historias e lendas arredor do Puzo do Lago, Maside

Apuntamentos arqueolóxicos sobre as terras do Carballiño