Ribadavia reforza o gasto social municipal

IES CHAMOSO LAMAS

O Concello de Ribadavia aumenta os investimentos sociais.

Máis de 615 mil euros destinados a dereitos sociais, supoñendo unha subida importante respecto a anos anteriores.

OZOCOgz Deseño Galego

En 2020 foi de 529.619 euros, polo que supón unha subida de máis de 85.000 euros. Aos que lle hai que engadir unha partida de 10.000 euros para o Asilo.

A aposta do actual goberno municipal manifestase no reforzo do gasto social que se plasma neste Orzamento 2022. O que supón o reforzamento dos seguintes servizos:

– Servizo de Atención no Fogar.

– Xantar na Casa.

– Servizo de Conciliación.

– Axuda para Material Escolar.

– Teleasistencia.

– Bono Social.

Un Orzamento de 614.652 euros, tendo 418.500 euros de ingresos e unha aportación municipal de case 200 mil euros de recursos propios.

– Destaca o establecemento por primeira vez dun bono mensual durante todo o ano para cubrir necesidades básicas como alimentación, facturas de luz, auga ou aluguer. En 2021 era a primeira vez que se instauraba, e puidemos axudar a 31 fogares durante 6 meses. Despois do bo funcionamento e da boa acollida, agora amplíase a todo o ano. Son máis de 30 familias que recibirán esta axuda social para estes tempos de suba do custe da vida.

– Así mesmo, é importante recordar que o servizo de asistencia no fogar (SAF)do Concello tamén se reforza, sendo de xestión totalmente pública cun orzamento de máis de 350 mil euros. Sendo un servizo elemental para máis de 130 familias, que nestes tempos de Pandemia adquire maior valor se cabe.

– Tamén se vai reforzar o servizo de Conciliación familiar. Este xa se vira ampliado no ano 2021 nas vacacións de semana santa, verán e nadal, ampliando as prazas e posibilitanto a moitas familias traballadoras conciliar traballo e educación. Neste 2022 ademais, ampliarase o servizo ofertando tamén horario de tarde, ata agora era só de mañá.

Outros servizos como Xantar na Casa ou a Axuda Material escolar, continuarán sendo mellorados na súa oferta.

– Os e as Beneficiarias dos principais programas e servizos da Concellaría de Dereitos Sociais no 2021 foron máis 800 persoas.

SAF: 130

Xantar na Casa: 33

Teleasistencia: 171

Programa de Educación Familiar: 44

Programa Inclusión sociolaboral: 52

Axuda Dereitos sociais: 31

Axuda Material escolar: 30

Bono natalidade: 10

Solicitudes lei da dependencia: 35 e 48 revisións

Solicitudes recoñecemento de discapacidade: 20 e 32 revisións

Solicitudes de Axudas: 56.

Solicitudes de Bono social eléctrico: 92

Solicitudes/renovación de título de familia numerosa: 19

Solicitude xustiza gratuita: 6.

Brais Fidalgo afirma que para o Concello de Ribadavia é fundamental que ningún veciño quede atrás nesta crise que aínda padecemos, e así debería ser para todas as Administracións públicas.