Por Felipe-Senén
(Historiador da Cultura Galega)
Dende o 2015 cada 1 de abril celebra Galiza o Día as Artes Galegas, lembrando a mesma data do ano 1188, na que o Mestre Mateo asenta os linteis do Pórtico da Gloria. Así consta en epígrafe debaixo dos mesmos e así o di a historiografía. Será Mateo o primeiro celebrado.
Academia Galega de Belas Artes, presidida polo pintor Manuel Quintana Martelo que agora determina que esta xornada e o ano 2026 se dedique ao fotógrafo alaricano José Suárez . Motivo para afondar no fondo legado fotográfico e a historia da fotografía e Galiza, como técnica artística, como documento histórico e con ela a mulleres e homes que a practicaron.
Galiza, atenta ao acontecer, a que no XIX , como resposta a ruíns políticas intensifica a emigración ás américas… traendo novidades. E sempre a sedutora Compostela, o tópico da Galiza máxica, nas miras dos pescadores de imaxes: velaí a abrindo ao sc. as fotografías do crego José María Limia… Cunha Coruña, distinguida nas vangardas: de Sellier a Pedro Ferrer, Maria Cardarelly, familia vinculada aos Murguía Castro, primeira fotógrafa de estudio de Galiza… pero tamén Rioboo, Páramo, Lanelongue, Mariano Bordoy, Castro Freire, Avrillón…en Lugo Constantino Rodríguez, Pedro Varela…Os célebres fotógrafos de Mondoñedo, de Ribadeo, Sarria, Verín Carballiño, Mondariz á mesma Maruja Mallo… Zagala en Pontevedra… E na Coruña do noso tempo Manolo Ferrol, Alberto Martí, … Entre 1924-26 a documentada viaxe da estadounidense Ruth Matilda Anderson, como despois as de Cristina García Rodero. Fotografías con alma, as dos mesmos fotógrafos ambulantes, de domingo, de feira e romaría.

Momentos para lembrar ao fotohistoriador estadounidense Lee Fontanella, autor da Historia de la Fotografía en España…. ao creador e crítico barcelonés Joan Fontcuberta, pondo en valor a José Suárez na súa obra referente Idas e Caos (1984) . E, como non, os meritorios estudos de Carlos Iglesias Castelao, de Margarita Ledo Andión, como a ansia do fotógrafo Xurxo Lobato por revitalizar a espiral e significación do alaricano.
Unha vida pegada a unha cámara e un obxectivo: o espírito e a dignidade do pobo
Dicía Suárez que, para el a fotografía era como respirar. Afortunadamente herdo e obra que caeu en mans sensibles, as que a estudan, coidan e transmiten: as do seu sobriño, o profesor de Filoloxía Francesa Xosé Luis Suarez Canal, o que xunto co fotohistoriador Manuel Sendón, no 1985, son creadores do Centro de Estudos Fotográficos de Vigo .
A obra de José Suarez vense inscribindo dentro da Nova obxectividade (Neue Sachlichekeit para os alemáns dos anos 20). Movemento que busca representar o realismo crítico, mesmo dende un novo clasicismo, fronte os ismos que se multiplicaban e encamiñan á deconstrución.
Vida de Suárez, cámara ao lombo, moi andada, a que vai do 1902 e do seu Allariz a unha véspera do día dos Magos do ano 1974 e nun hostal do porto da Garda, onde se suicida. Estudante de bacharelato nun Ourense que daquela se nimbaba coa aura de ser Atenas de Galicia, a brillar nun sentir Modernista, a que no 1921 daría orixe á Xeración Nós, protagonizada por inadaptados, como Risco, Cuevillas, Otero… Ao rematar os estudos de secundaria o seu pai regálalle unha cámara fotográfica e un novo principio… Provincia de Ourense na que non faltan grandes fotógrafos e cinematógrafos, como a familia transmontana Sousa Guedes Pacheco, en sociedade con Xosé Gil, establecido en Vigo, con trama de Ourense a Vigo, Porto… Lisboa. Isaac Fraga e Cesáreo González toman nota para empresas.
José Suárez é de familia liberal e acomodada, fillo dun procurador dos tribunais asentado en Allariz que pretende que siga a profesión paterna. Polo que manda ao mociño a formarse en Dereito en Salamanca. Carreira que remata e obtén praza como empregado do concello daquela Cidade Dourada, na que está de 1920 a 1930, colaborando a un tempo coa revista editada en Vigo por Jaime Solá Mestre, Vida Gallega. Ambiente culto salmantino que lle permite entrar en contacto cos parladoiros centrados polo reitor da universidade, Miguel de Unamuno e de colaboradores da Revista de Occidente, enraizados nas angueiras do Decadentismo, compartidas polos saudosistas portugueses, pola posta en valor da persoa, reacción contra a máquina, polo que supón de uniformización. Amizade que dará importantes froitos no diálogo paisaxe-paisanaxe, como albume de 50 fotos de Salamanca (1932). entre elas a de Unamuno no lugar de La Flecha e de fondo o ondular en devalar das terras de Castela, 1932. No 1935 casa na cidade do Tormes con Mary Mirat e deixa o posto no concello.
A expresivo universo do esencial nas súas fotos
As Imaxes de Suárez son solicitadas e publicadas en Mundo Gráfico, Mundial, Estampa, Atalaya…. no 1935 expón no Círculo de Bellas Artes de Madrid, fotografías que, como as esculturas de Asorey ou a obra de Castelao, dignifican o mundo cotián do traballo, os mariñeiros, labregos, os romeiros do San Vitorio de Allariz, os oleiros de Niñodaguia, a sega, teceláns segadores…… Obras envoltas nesa interacción, tan risquián, “con espírito”, paisaxe-paisanaxe…ese panteísmo. O controvertido e contrafío escritor José Bergamín, suliñaba quedetrás del espejo de la cámara oscura de Suárez hay unos ojos vivos que piensan.
Despois da guerra civil, as ansias de liberdade aguilloan a Suárez a coller o camiño da emigración a Arxentina e ao Uruguai. A muller non o acompaña e sepáranse. Acollido con agarimo entre os exiliados, onde o proxecto cinematográfico de Mariñeiros de Cangas será montada en Bos Aires (1937). Anos nos que traballa como fotoxornalista en La Prensa, sumándose ás ansias de Seoane, Blanco Amor, Francisco L. Bernárdez, Alberti, Bergamín… Viaxa e expón en Madrid, París, Cifesa encárgalle realizar varias películas sobre as súas series fotográficas. No 1938 será premiado co Condor de Oro da Academia de Artes y Ciencias Cinematográficas polo film Malambo. Sen deixar de recoller as esencias gauchas, a Pampa, onde tantos galegos se sumaron ás causas populares, el gallego Soto, Ramón Pantín de Calafate… No 1950 vaise a Punta do Este, no Uruguai e no 1953 viaxa ao Xapón, facendo escala en Durban (Sudáfrica) como delegado dos xornais La Prensa e El Día, colaborando con Life e US Camera. Sensible ao apartheid co que peta no seu camiño. No país nipón, en amizade co cineasta Akira Kurosawa reafirma o esencialismo. E sempre deténdose na maxia do popular, dos pescadores de perlas, nas cerimonias sintoístas e budistas.
E nel a vella querenza pola neve, o branco… no 1959 fotografía os Andes arxentinos Nieve en la Cordillera. Ano no que, pese ao seu éxito e ás recomendación das súas amizades, volve a España: busca a luz e a quentura para a artrose, instálase en Andalucía, despois en Ibiza, fai un reportaxe sobre a Mancha (1965). No 1966 publica en Inglaterra un libro sobre os touros. Volve a Galiza e asenta en Ourense, no Hotel Miño… xa unha cidade envolta no desenrrolismo, é á que lle costa perder a súa vella aura… Ilustra a Guía de Galicia de Otero Pedrayo dende esa súa sensibilidade de dignidade dun pobo. Busca o monte promove a estación de esquí de Manzaneda… E nun xeito de performance metafórica final, en intres de desacougo, buscando a Galiza dos mariñeiros, dos faros e do horizonte atlántico vaise á Garda, a un hostal, onde se quita a vida… mentres os nenos cantan panxoliñas de Reis. No peto da chaqueta uns papeis coa súa derradeira vontade, pedindo sinxeleza na despedida e outro co prólogo de Unamuno do 1932 para o seu álbum de 50 fotos de Salamanca.
Obra fotográfica de Suárez caracterizada pola limpeza, os xogos da luz e sombras, a dialéctica branco-negro, picados-contrapicados, o esencial, lonxe da tendencia ao intervencionismo.
Súa obra póstuma Galicia: terra, mar e xentes (1982), so 161 fotos que falan por si soias. O Instituto Cervantes, no 2015 levou polo mundo unha exposición dedicada ao fotógrafo.
Poñemos pois foco na necesidade de revitalizar o Centro Galego de Artes da Imaxe. Asumindo que vivimos na era da imaxe, que somos o que proxectamos, onte e hoxe.
——————————————————————————-
Traxectoria e obras de Felipe Senén

—————————————————————————————————
Outros ártigos de Felipe Senén:
Felipe Senén:”Arredor de Otero Pedrayo e da aura do seu Ourense”
Felipe Senén:”As mimosas póndolle manto ao abandono e abrindo ao Entroido”
Felipe Senén: “Rafael Melero: cando a poesía se fixo Ser e habitou no Carballiño”
Felipe Senén: ” 11 de Novembro, o San Martiño e os tradicionais Magostos “
Felipe Senén: “Pepe Paz, o pedagogo ourensán enraizado en Tagore: Igualdade e Paz “
Felipe Senén: “O viño e o emparrado no fronte da casa tradicional galega”
Felipe Senén: “San Cibrao, o santo dos meigallos, os feitizos e os tesouros dos mouros”
Felipe Senén: “Moncho Fuentes: fotos singulares do común e con banda sonora country”
Felipe Senén: “Vellas lembrazas dos Felos de Garabás”
Felipe Senén: “Meigas e magos “de saco ao lombo” na tradición celto-cristián e no Nadal de Galiza”
Felipe Senén: “Algunhas sagas e ilustres nomes de alarifes do Carballiño que rescata Montes Marqués”
Felipe Senén: “Os alarifes, as familias que crearon o Carballiño, libro necesario de Montes Marqués”
Felipe Senén: “Os programas de man das Festas Maiores do Carballiño”
Felipe Senén: “Algo sobre a emigración do Carballiño para o mundo”
Felipe Senén: “O Folión, os foguetes e os fogueteiros do Carballiño”
Felipe Senén:”Os eidos que abeiran o vello camiño das orixes, o de Flores a Señorín”
Felipe Senén:”Míticas curvas e reviravoltas nos vellos camiños do Carballiño”
Felipe Senén:”Miguel Anxo Fernández, o Carballiño e a súa aura como escritor e cinéfilo”
Felipe Senén:”O Carballiño e o reloxo de cuco do Balneario nas viaxes do escritor Alfonso Armada”
Felipe Senén:”A científica María Teresa Miras Portugal sempre na memoria do seu Carballiño”
Felipe Senén: Carlos A. Rodriguez e a súa novela sobre o galego “rei dos xíbaros”
Felipe Senén: “Xesús Carballido. Esoutra arte ou poética de argallar, pegar ou coser memoria”
Felipe Senén: “o Casino do Carballiño , a súa Festa da Mimosa e algo máis”
Felipe Senén: “Contos, medos, amuletos e santuarios das xentes do camiño”
Felipe Senén: “Felipe Senén: “A Rosa, a flor de Flores””
Felipe Senén: “A nobreza e os pazos dos arredores do Carballiño”
Felipe Senén: “O pasado e a base da Biblioteca Municipal do Carballiño”
Felipe Senén: “O profesor Xaime Ferreiro Alemparte: un universo literario entre Cabanelas e Alemaña”
Avelino Cachafeiro, o gaiteiro de Soutelo nas lembranzas do Carballiño
A devoción aos santos Martiños, celebrados con Magostos en Galiza
Felipe Senén: “O Tempo de Defuntos no pétreo barco do Cemiterio de Señorín “
Felipe Senén:”as decimonónicas fábricas de papel das terras do Arenteiro”
Felipe Senén: ” Algunhas lembranzas arredor da miña Eira de Flores “
Felipe Senén: ” O CARBALLIÑO, CAPITAL MUNDIAL DO PULPO”
Felipe Senén: “o pulpo, Aurora Baranda e o Carballiño, unha santa trindade galega”
Felipe Senén: “de monte de Mesego a cidade xardín e Parque do Carballiño”
Felipe Senén: Lalín, o Carballiño e o ir e vir do pintor “Laxeiro”
Felipe Senén: “Xoán Xacobe Fernández, o franciscano de Moire e mártir en Damasco”
Felipe Senén: “As Adegas, un idílico e misterioso lugar no ribeiriño do rio Varón”
Felipe Senén: “O profesor de debuxo, os carteis e as iniciativas de Felipe-Luis López”
Felipe Senén: ” O gran fotógrafo Alberto Martí e o Carballiño
Felipe Senén: “A Pena de Queiras entre os outeiros, “ou altares” que coroan o Carballiño “
Felipe Senén: “Veremundo Arias Teixeiro, de Cabanelas, persoeiro barroco nos anos da Ilustración”
Felipe Senén: “Flores, o barrio da parte de atrás do Concello”
Felipe Senén: “A saga familiar do arquitecto Gallego Jorreto e o Carballiño”
Felipe Senén: “Arredor das pontes sobre os ríos do Carballiño”
Felipe Senén: A fervenza artificial do Arenteiro nas Tres Penas
A Praza de Abastos: catedral do mercado gastronómico e que, de vello, honra ao Carballiño
Pregóns, aturuxos, voces, músicas ou asubíos do meu Carballiño
O bulir da feira do Carballiño arredor do sitio da súa orixe: a Praza Maior e a Igrexa Vella
O Campo da feira do meu Carballiño
A peregrinación a Compostela dos de “Nós”, con parada e fonda no Carballiño
Vicente Risco e a peregrinación como ascese. A viaxe a pé de Ourense a Compostela…polo Carballiño
Fariña Jamardo, algo máis que singular secretario do concello do Carballiño
O Carballiño nos horizontes da Trasalba de Otero Pedrayo
O Río Arenteiro, vea de auga, de economía, de historia e cultura
Francisco Luís Bernárdez, o poeta masidao que levaba prendido o panteísmo galego
O Castro de San Cibrao das Las enxergando as bocarribeiras e os ribeiros
Chamoso Lamas e os vellos e grandes muíños de Moldes
O Románico, documento da misión humanista no territorio do Carballiño
Banga dos pazos e a súa Igrexa de Santa Baia: antoloxía cultural dos Ribeiros
Inspiradores ires e vires de Marineda á Vilamorta no Ribeiro dos Quiroga
Os arrieiros do Carballiño…e un curioso documento
Un paseo a través da arte do imperial Mosteiro de Oseira
O mosteiro de Oseira… lección de historia e arte
Manuel Chamoso Lamas e a xestión do Patrimonio Cultural
Cando a orixinalidade radica nas orixes: arredor da feira do Carballiño
Outros apuntamentos para a historia do cine no Carballiño
A Residencia do Carballiño: os promotores, o arquitecto, os residentes…
O monumento aos irmans Prieto do Carballiño e o seu escultor Larrauri
Arqueoloxía do Megalitismo nas Terras do Carballiño: as mámoas, medorras, medelas…
As pantasmas do histórico “Gran Balneario do Carballiño”
Arredor do paleolítico nas terras do Carballiño, as pescudas…
O mes de maio no Carballiño…. “aqueles días azuis e este sol da infancia”
Ramón Bernárdez González, un carballiñés na “Cova Céltica” e fundador da Academia Galega
A Igrexa Vella do Carballiño coa súa gabanciosa torre
O desaparecido chalé “Col” e a lembranza da emigración carballiñesa a Cuba
O biscoito “meimón” do Carballiño e a súa receita recollida pola Pardo Bazán
Aquelas Semanas Santas carballiñesas, de ramos, carracas, caladiños e Pascua Florida
Arqueoloxía pendente: a das grandes minas auríferas de Loureiro, no Irixo
Unha abraiante xoia da arqueoloxía: a arrecada de ouro do Irixo
As tradicións do Entroido do Carballiño
A Casa Consistorial do Carballiño, prototipo de inquedanzas decimonónicas
A novas revisións máis “ CASTROS” nas terras do Carballiño
O Catálogo dos Castros do Carballiño do 1930… e máis que hai
Lembranzas do Nadal de noutrora no Carballiño
Os esquecidos cantos de Nadal, Aninovo e Reis do meu Carballiño
O reloxo da Consistorial do Carballiño e o seu xenial autor
A Veracruz do Carballiño: lección de pedras, arte dos canteiros e da historia da arquitectura
Pepe Prada, un premio á creatividade, á constancia e á dignidade na cultura
A devoción aos santos Martiños, celebrados con Magostos en Galiza
Mes de santos, defuntos e magostos no Carballiño de noutronte
A Fonte de Flores, abrindo ao Carballiño
Un exemplo de destrución cultural : a Igrexa de San Paio de Loeda, Piñor de Cea
A parroquia de Loureiro, no Irixo, e o arquitecto neoclásico Loys Monteagudo
Lembranzas de pintura mural no Carballiño
Machados de “tope” da Idade do Bronce atopados no Monte de Mesego
A imaxe do San Cibrao do Carballiño e o seu escultor, Aldrey
As augas e as fontes do Carballiño
Vestixios de habitat e sepulturas da Primeira Idade dos Metais no Parque do Carballiño
Noticia sobre restos romanos no patio traseiro do Grupo Escolar do Carballiño
O pintor de Marín Manuel Torres no Carballiño
E así naceu “o Cantigueiro de Orcellón” de Manuel María e algo máis…
Manuel María, o Carballiño, as bocarribeiras e os ribeiros
A madeira nas máis antigas construcións do Carballiño
Pasado e tristeiro presente da Estación de Ferrocarril do Carballiño
O sitio arqueolóxico da Pena dos Namorados
O Castro de Cameixa referente na arqueoloxía galega
Terra, Auga, Aire e Lume no San Xoán de antes
Historias e lendas arredor do Puzo do Lago, Maside
Apuntamentos arqueolóxicos sobre as terras do Carballiño















