Felipe Senén: “recuperación das tradicionais tabernas galegas e “Ó Volter” de Ourense”

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Foto: Ramón Otero Pedrayo e Matilde LLoria en O Volter


Por Felipe-Senén

(Historiador da Cultura Galega)

O Carballiño estivo moi vencellado ás ansias do grupo ourensán da Xeración Nós, así como ao Seminario de Estudos Galegos. O parque e o tempo estival foi lugar de encontro  para moitos deles, Pois velaí as escavacións arqueolóxicas no castro de Cameixa, a publicación de os Castros do Carballiño… E para complementar non teriamos máis que entrar nas biografías de Lousada Dieguez, de  Antonio Palacios,  na de  Alfonso Vázquez Monxardín,  na de Xosé María Calviño Mariño, Santalices…e posteriormente  na de  Chamoso Lamas ou na de Ogando Vázquez, na de Luis Padrón, Quessada, Acisclo Manzano…Perda que esas páxinas, tan cargadas de creatividade, de ansias de liberdade, as que “resisten” á Longa noite de pedra non sexan recollidas nun Museo…e Iso que os restos de Vázquez Monzxardín,  os de Quessada , igual que os Ulloa e Somoza, que tanto serviron de mecenas a Blanco Amor, elixiron o cemiterio de Señorín para emproar ao Trasmundo. Entre outras historias de ir e vir de Ourense ao Carballiño ou viceversa,  aínda por debullar e, por medio, sempre o universo das tabernas, nas que o Carballiño, nacido da encrucillada sabe por cátedratal como foron a Rispada, o Chupete, a Gazapara, o Emiliano, o Pituxo, o bodegón, o lentille, o riobó, o Isidro

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Compre animar a tradición céltica das tabernas, onde antes do xantar ou da cea se xuntan mozos e vellos da tribo. Iso si, noutrora espazos moi patriarcais, para compartir viño en xerras e cuncas, con algún petisco propio do saber da casa, tradicións quen non traizoan.

Ben soubo a igrexa celebrar e reunirse en mesa, en Misa, en tabernáculo bendicindo o pan e o viño, produtos da Terra e do Traballo, símbolos de cultura e de saberes ancestrais, para facer deles sacramento. Pois nunca sobra a maxia con canto ten de poesía para seducir, e mellor si se adoba entre músicas, cantos e contos, cousa á que axudan uns grolos de viño.

Cartel de Virxilio, homenaxe ao viño do Ribeiro

Adega, bodega baiuca, taberna, bar, cantina, furancho, meixón, ou  mesmo ermida…cada denominación cunha significación en relación coa orixe e a historia. Adega ou bodega coa mesma orixe léxica, en relación coas covas; a taberna, nome latino, en relación con táboas da súa construción…  e así atopámolas na arqueoloxía de  antigas cidades. Mesmo a palabra bar,  establecida en Galiza a partires do século XIX pola influencia británica, deriva de barra, como os bartenders británicos. E o nome de meixón, quizais en relación con mesón, ou mesmo coa mestura de xantares… anguías, escabeches, polbo,  caldeiradas, cocidos.. Alá onde foron galegos ou irlandeses abriron ou sumáronse a unha taberna ou casa de comidas…

Véxanse en Irlanda a gloria dos seus pub, abreviatura de “public house”, casa publica. Decorados coa enxebreza das tradicións, co ansia de crear ambiente. Onde se bebe cervexa, a bebida celta por excelencia, segundo os tradicionalistas, e onde non falta alguén que anime a cantar, acompañado de calquera instrumento, mesmo abonda co sinxelo bater nas táboas do mostrador, das mesas ou coas palmas da man. Taberna e pub, son a mesma cousa…si ben, en Galiza, a taberna, a cantina, foi degradada, refuxio da marxinación, na que se atufa o idioma, as tradicións, reducidas á escatoloxía, á blasfemia…a esas tonecherías que, en novos sainetes esperpénticos se burlan do popular e non de tanto da absurda burocracia endomingada.

Galiza é paraíso de inspiradoras tabernas: en Vigo Elixio, O Galo en Celanova, a Gazpara no Carballiño, Pilán en Marín, Os Carrisos en Padrón, Savoy de Pontevedra, a Pajón de Lugo… sendo toda Compostela é un homenaxe ás tabernas… na Coruña Enrique. E ben puideran tomar nota os poderes públicos en recuperar o espírito de O Fornos, na coruñesa rúa dos Olmos, decorada por Urbano Lugrís, pintor de tabernas atlánticas

Escultura de Acisclo Manzano en Ó Volter

 Unha taberna deresistencia na ditadura, un referente na dignidade galega

E, como non, aquel referente, a taberna de  “Ó Volter” do Ourense dos anos sesenta,  onde se xuntaban os  mozos coas ansias dos sobreviventes, daquela patriarcas da Xeración Nós, Risco e Otero Pedrayo. E ao seu redor os artistiñas, Quessada, Acisclo, Xose Luis de Dios, Baltar, Virxilio, Baltar, Failde, Conde Corbal… a muiñar nesa interacción céltica, panteísta a da paisaxe-paisanaxe, a dignificación, esconxurando a tendencia fácil ao esperpento….  Ó Volter, escrito así como cun prefixo irlandés, denantes coñecido tamén como Ó Tucho. Aberto nun recanto do Eirociño dos Cabaleiros, corazón daquel  Ourense perdurable, con halo propio,  con música da Coral de Ruada de fondo, entre arrecendo a guiso.

Ó Tucho era o hipocorístico do dono e rexente do bar, Vicente Rodriguez Fontenla-Dapena, nacido no 1923, en Vide, ribeiro da banda esquerda do Miño, cara a aquel Castrelo dende aqueles anos sesenta asolagado polo encoro de Castrelos. Ó Tucho asentouse en Ourense pouco antes da guerra. Leal seguidor de Risco e da súa dialéctica. Pois estudou maxisterio, coincidindo con Concha coa que casaría. Separados pola docencia, no 1952 acordaron xuntarse e montar un bar, primeiro foi na rúa dos Irmáns Villar, Ó Caldo. Logo, no 1960 , será xa Ó Tucho, na cerna da rebuldeira Esmorga. Bar con algo da escola pretendida, presidida, tras o mostrador,  por un magister ribeirao: calvo no centro na cabeza sobre a caluga dobrando as guedellas, ao xeito bohemio… de cara redonda, farta, fazulas avermelladas, bigote ao estilo inglés, espeso e  baixo del sempre a fumegar un Celtas… vestido  de traxe, chaleco, garabata e sombreiro… Ao final de rigoroso loito pola súa Concha, esbozando no sorriso a resignación.  Home que sabe escoitar, máis que falar, que resumía moi ben o espírito daquel Nós, tan plural como aristocrático. Taberna especialista nos dedais de licorcafé e nas cuncas de branco de Astariz, daquel Castrelo de Miño, o que, denantes de ser asolagado, mesmo producía azafrán e pementos. E  na cociña Concha oficiando saberes tradicionais: as luras fritas, os pementos da Arnoia, a anguías do Miño…Onde nunca faltou o queixo, o  chourizo ou o xamón.

Risco morre un 30 de abril de 1963 e no 28 de setembro, xúntanse no Tucho, arredor de Otero Pedrayo  os amigos do parladoiro, determinando facerlle un homenaxe e reconverter aquel espazo nun templo dedicado á sombra de Risco. Dende entón recibirá o nome que este tiña proposto, Ó Volter. No fronte, como no altar, un mural realizado por Xosé Luis De Dios, A Porta de Palla, inspirado na novela de Risco, co seu rostro nunha esquina axexando dende as súas periscópicas gafas,  enxergando unha nova Alba de Gloria de pasado e presente.

Detalle do mural A Porta de Palla de X. L. de Dios en Ó Volter

Un santuario dedicado a Risco, á liberdade, a Galiza e ao seu espírito celta

Ó Volter era un templo de resistencia, tomando nome do ilustrado filósofo da liberdade, da xustiza, precursor da revolución francesa.  Nome que no 1916 se lle dera en  Zurich ao cabaret no que se reunían, osdiferentes, os inadaptados creadores dadás. Santuario ourensán que significa humanismo, o sentir barroco galego, tan propenso a dialécticas, a furar entre anxos e demos, sombras que asombran… Unha proba de que coa intelixencia e a creatividade se podían burlar os coutos do medo e da censura fascista. Mais velaí o paradoxo, como nos anos de democracia e deixa perder aquel herdo. Nun grafiti a xustificación, as sentidas verbas de Otero:  Vicente Risco, amigo/ mestre, ergueita e pura/chama nas orelas/ do mar dos nosos destinos./Lampada mantida co/óleo dunha ialma de/ alborada e lembranza, / con nós, cos que han vir, ca Galiza, alumeando/seus vieiros. Sempre/ SEMPRE… Sentencia que debeenxergar quen se afane en separar a aqueles irmáns  na causa de Galiza.

Recuncho de Ó Volter, Risco no mural A Porta de Palla, e texto de Otero Pedrayo

Entre outras sentencias, esgrafiadas. todas encadradas en orlas pintadas.. como a nidia sentencia de Luis Cabo: Galicia Ceibe!/ Para nos foi un berro/pros mais unha argallada,/ pros memos a lus que alumeaba/ unha esperanza…/ Moitos morreron…/  …. E os versos de M. Díaz Rodriguez cantando ao Risco celta: Corazón sinxelo, mente poderosa/ de ollada aguda, fonda, vixiante/ de surrisa aberta, queda, garimosa,/ de cativo corpo, ialma de xigante/…. os de Blanco Amor, como os de Celso Emilio e outros, lembrando ao mestre… os de Bernardino Graña… E os categóricos de  Tovar:  ya no quedan piratas,/ rebeliones, ya todos somos bueyes,/ bueyes, bueyes/ para aguantar el yugo/ de las leyes que en tu provecho/ dan los piratones/¡Que resuciten los piratas!..  E un Testamento do Santo Entroido manuscrito por Risco…noutro sitio outro sobre os espíritos dos árbores que na India chaman Yaksas, en Grecia Hamadryadas.

Obras de Virxilio, Quessada, Trabazo,  Prego,  Conde Corbal, Antonio Quessada, R. Rodríguez, Enrique Ortiz… Mesas de madeira, topografadas polas fregas con lixivia, sobre as que, nas horas nocturnas, algúns mozos tanto urdían algunha protesta, como convocaban pantasmas.

Quessada, X.L de Dios, Acisclo ante o mural A Porta de Palla de Ó Volter

Un Tucho final que no sabe dicir non, xa todo parece darlle igual. Todo queda transtornado, acontece o peche, o abandono, o espolio, a destrución, soamente queda o recuncho reedificado e, pasando de man e man o cartel labrado en madeira por Acisclo co nome de Ó Volter . O 4 de setembro de 1992, morre Ó Tucho, sumo sacerdote de Ó Volter, co que poideamos dar cuadratura e pechar a aura de Ourense: o Cristo, a Ponte, as Burgas e Ó Volter.

O Tucho, mestre, tras o mostrador de Ó Volter

Quedando vivos algúns artistiñas, fotos e memoria, aínda se podería rehabilitar o espírito do lugar. Testemuños non faltan, velaí o estudo de Sofía Tros de Ilarduya Ó Volter, aventura plástica y humana del grupo que revolucionó el arte gallego en los años sesenta (1998) ou máis recentemente, Ó Volter, fragmentos para a memoria, recolleita de  JAlberto Almeida Rebollo (2009): un Dies ira polo perdido.

——————————————————————————-

Traxectoria e obras de Felipe Senén

Felipe Senén (Foto Xurxo Lobato)

—————————————————————————————————

Outros ártigos de Felipe Senén:

Felipe Senén: “A verdadeira historia dun tesouro dos mouros: o casco de Leiro, Rianxo”

Felipe Senén: “O fotógrafo de Allariz José Suárez nas Artes Galegas

Felipe Senén: “O Meirás, da Condesa de Pardo Bazán, residencia estival do ditador… xa nas mans do pobo”

Felipe Senén:”Arredor de Otero Pedrayo e da aura do seu Ourense”

Felipe Senén:”As mimosas póndolle manto ao abandono e abrindo ao Entroido”

Felipe Senén: “Tradicionais magostos: afianzar a tribo arredor de cacharelas, castañas asadas e viño novo”

Felipe Senén: O  “Día das Artes Galegas” dedicado a Díaz Pardo: o compromiso ético e estético con Galiza

Felipe Senén: “Rafael Melero: cando a poesía se fixo Ser e habitou no Carballiño”

Felipe Senén: ” 11  de Novembro, o San Martiño e os tradicionais Magostos “

Felipe Senén: “Pepe Paz, o  pedagogo ourensán enraizado en Tagore: Igualdade e Paz “

Felipe Senén: “O viño e o emparrado no fronte da casa tradicional galega”

Felipe Senén: “San Cibrao, o santo dos meigallos, os feitizos e os tesouros dos mouros”

Felipe Senén: “Moncho Fuentes: fotos singulares do común e con banda sonora country”

Felipe Senén: “Vellas lembrazas dos Felos de Garabás”

Felipe Senén: “Meigas e magos “de saco ao lombo” na tradición celto-cristián e no Nadal de Galiza”

Felipe Senén: “Algunhas sagas e ilustres nomes de alarifes do Carballiño que rescata Montes Marqués”

Felipe Senén: “Os alarifes, as familias que crearon o Carballiño, libro necesario de Montes Marqués”

Felipe Senén: “Os programas de man das Festas Maiores do Carballiño”

Felipe Senén: “Algo sobre a emigración do Carballiño para o mundo”

Felipe Senén: “O Folión, os foguetes e os fogueteiros do Carballiño”

Felipe Senén:”Os eidos que abeiran o vello camiño das orixes, o de Flores a Señorín”

Felipe Senén:”Míticas curvas e reviravoltas nos vellos camiños do Carballiño”

Felipe Senén:”Miguel Anxo Fernández, o Carballiño e a súa aura como escritor e cinéfilo”

Felipe Senén:”O Carballiño e o reloxo de cuco do Balneario nas viaxes do escritor Alfonso Armada”

Felipe Senén:”A científica María Teresa Miras Portugal sempre na memoria do seu Carballiño”

Felipe Senén: Carlos A. Rodriguez e a súa novela sobre o galego “rei dos xíbaros”

Felipe Senén: “Xesús Carballido. Esoutra arte ou poética de argallar, pegar ou coser memoria”

Felipe Senén: “o Casino do Carballiño , a súa Festa da Mimosa e algo máis”

Felipe Senén: “Contos, medos, amuletos e santuarios das xentes do camiño”

Felipe Senén: “Felipe Senén: “A Rosa, a flor de Flores””

Felipe Senén: “A nobreza e os pazos dos arredores do Carballiño”

Felipe Senén: “O pasado e a base da Biblioteca Municipal do Carballiño”

Felipe Senén: “O profesor Xaime Ferreiro Alemparte: un universo literario entre Cabanelas e Alemaña”

Avelino Cachafeiro, o gaiteiro de Soutelo nas lembranzas do Carballiño

A devoción aos santos Martiños, celebrados con Magostos en Galiza

Felipe Senén: “O Tempo de Defuntos no pétreo barco do Cemiterio de Señorín “

Felipe Senén:”as decimonónicas fábricas de papel das terras do Arenteiro”

Felipe Senén: ” Algunhas lembranzas arredor da miña Eira de Flores “

Felipe Senén: ” O CARBALLIÑO, CAPITAL MUNDIAL DO PULPO”

Felipe Senén: “o pulpo, Aurora Baranda e o Carballiño, unha santa trindade galega”

Felipe Senén: “de monte de Mesego a cidade xardín e Parque do Carballiño”

Felipe Senén: Lalín, o Carballiño e o ir e vir do pintor “Laxeiro”

Felipe Senén: “Xoán Xacobe Fernández, o franciscano de Moire e mártir en Damasco”

Felipe Senén: “As Adegas, un idílico e misterioso lugar no ribeiriño do rio Varón”

Felipe Senén: “O profesor de debuxo, os carteis e as iniciativas de Felipe-Luis López”

Felipe Senén: ” O gran fotógrafo Alberto Martí e o Carballiño

Felipe Senén: “A Pena de Queiras entre os outeiros, “ou altares” que coroan o Carballiño “

Felipe Senén: “Veremundo Arias Teixeiro, de Cabanelas, persoeiro barroco nos anos da Ilustración”

Felipe Senén: “Flores, o barrio da parte de atrás do Concello”

Felipe Senén: “A saga familiar do arquitecto Gallego Jorreto e o Carballiño”

Felipe Senén: “Arredor das pontes sobre os ríos do Carballiño”

Felipe Senén: A fervenza artificial do Arenteiro nas Tres Penas

A Praza de Abastos: catedral do mercado gastronómico e que, de vello, honra ao Carballiño

Pregóns, aturuxos, voces, músicas ou asubíos do meu Carballiño

O bulir da feira do Carballiño arredor do sitio da súa orixe: a Praza Maior e a Igrexa Vella

O Campo da feira do meu Carballiño

A peregrinación a Compostela dos de “Nós”, con parada e fonda no Carballiño

Vicente Risco e a peregrinación como ascese. A viaxe a pé de Ourense a Compostela…polo Carballiño

Fariña Jamardo, algo máis que singular secretario do concello do Carballiño

O Carballiño nos horizontes da Trasalba de Otero Pedrayo

O Río Arenteiro, vea de auga, de economía, de historia e cultura

Francisco Luís Bernárdez, o poeta masidao que levaba prendido o panteísmo galego

O Castro de San Cibrao das Las enxergando as bocarribeiras e os ribeiros

Chamoso Lamas e os vellos e grandes muíños de Moldes

O Románico, documento da misión humanista no territorio do Carballiño

Banga dos pazos e a súa Igrexa de Santa Baia: antoloxía cultural dos Ribeiros

Inspiradores ires e vires de Marineda á Vilamorta no Ribeiro dos Quiroga

Os arrieiros do Carballiño…e un curioso documento

Un paseo a través da arte do imperial Mosteiro de Oseira

O mosteiro de Oseira… lección de historia e arte

Manuel Chamoso Lamas e a xestión do Patrimonio Cultural

Cando a orixinalidade radica nas orixes: arredor da feira do Carballiño

Outros apuntamentos para a historia do cine no Carballiño

A Residencia do Carballiño: os promotores, o arquitecto, os residentes…

O monumento aos irmans Prieto do Carballiño e o seu escultor Larrauri

Arqueoloxía do Megalitismo nas Terras do Carballiño: as mámoas, medorras, medelas…

As pantasmas do histórico “Gran Balneario do Carballiño”

Arredor do paleolítico nas terras do Carballiño, as pescudas…

O mes de maio no Carballiño…. “aqueles días azuis e este sol da infancia”

Ramón Bernárdez González, un carballiñés na “Cova Céltica” e fundador da Academia Galega

A Igrexa Vella do Carballiño coa súa gabanciosa torre

O desaparecido chalé “Col” e a lembranza da emigración carballiñesa a Cuba

O biscoito “meimón” do Carballiño e a súa receita recollida pola Pardo Bazán

Aquelas Semanas Santas carballiñesas, de ramos, carracas, caladiños e Pascua Florida

Arqueoloxía pendente: a das grandes minas auríferas de Loureiro, no Irixo

Unha abraiante xoia da arqueoloxía: a arrecada de ouro do Irixo

Memorias da Coresma

As tradicións do Entroido do Carballiño

A Casa Consistorial do Carballiño, prototipo de inquedanzas decimonónicas

A novas revisións máis “ CASTROS” nas terras do Carballiño

O Catálogo dos Castros do Carballiño do 1930… e máis que hai

Lembranzas do Nadal de noutrora no Carballiño

Os esquecidos cantos de Nadal, Aninovo e Reis do meu Carballiño

O reloxo da Consistorial do Carballiño e o seu xenial autor

A Veracruz do Carballiño: lección de pedras, arte dos canteiros e da historia da arquitectura

Pepe Prada, un premio á creatividade, á constancia e á dignidade na cultura

A devoción aos santos Martiños, celebrados con Magostos en Galiza

Mes de santos, defuntos e magostos no Carballiño de noutronte

A Fonte de Flores, abrindo ao Carballiño

Un exemplo de destrución cultural : a Igrexa de San Paio de Loeda, Piñor de Cea

A parroquia de Loureiro, no Irixo, e o arquitecto neoclásico Loys Monteagudo

Lembranzas de pintura mural no Carballiño

Machados de “tope” da Idade do Bronce atopados no Monte de Mesego

A imaxe do San Cibrao do Carballiño e o seu escultor, Aldrey

As augas e as fontes do Carballiño

Vestixios de habitat e sepulturas da Primeira Idade dos Metais no Parque do Carballiño

Noticia sobre restos romanos no patio traseiro do Grupo Escolar do Carballiño

O pintor de Marín Manuel Torres no Carballiño

E así naceu “o Cantigueiro de Orcellón” de Manuel María e algo máis…

Manuel María, o Carballiño, as bocarribeiras e os ribeiros

A madeira nas máis antigas construcións do Carballiño

Pasado e tristeiro presente da Estación de Ferrocarril do Carballiño

O sitio arqueolóxico da Pena dos Namorados

O Castro de Cameixa referente na arqueoloxía galega

Terra, Auga, Aire e Lume no San Xoán de antes

Historias e lendas arredor do Puzo do Lago, Maside

Apuntamentos arqueolóxicos sobre as terras do Carballiño

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------