Entrevista a Xulio Dobarro

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Xulio Dobarro é un colaborador habitual de Badal Novas. Dedicou varias publicacións ao patrimonio do Irixo, entre elas os libros “O Irixo: Patrimonio cultural” e o citado “O Irixo: memoria viva e morrediza”, así como colaboracións neste diario dixital . O seu traballo aborda o patrimonio arqueolóxico, arquitectónico, artístico, civil e relixioso, tanto público como privado, que se atopa en grave perigo de desaparición. O pasado día 11 presentou no Casino o seu último traballo “O Irixo, memoria viva e morrediza. A farsa de Cusanca e Orcellón”.

 O título do libro “Memoria viva e morrediza”  ten un sentido simbólico, en parte inspirado nunha clasificación que se vén dando como aceitada para os topónimos, segundo o seu maior ou menor grao de sobrevivencia, en fósiles, morredizos e vivos. Que, tanto no caso dos topónimos maiores (núcleos de poboación), como nos microtopónimos (leiras, veigas, prados, montes), están nun grave risco de extinción, como sucede, en xeral con todo o Patrimonio cultural. Así, aceitaremos que está de plena actualidade aquela inscrición que o noso veciño Emilio Duro Peña (1919-1995) tiña alcuñada para algúns monumentos da provincia: “Situ admirabilis, antiquitate venerabilis: statu deplorabilis”, que podemos aplicar á situación actual pola que está a pasar o Patrimonio en xeral, e o do Irixo en particular.

VALDUÍDE- O FREIXEIRO

Con respecto á mostra de “Imaxes, do abrente ao solpor”, a colección de fotografías que acompañaron a presentación do libro, tanto no Irixo como no Casino do Carballiño, do que se trataba era de espertar a curiosidade e ofrecer de xeito visual a realidade dalgúns motivos históricos (patrimonio arqueolóxico, arquitectónico, etnográfico, artístico, natural…) que, como no caso da toponimia, presentan evidentes riscos de ruína.

RITORAL DADÍN, O CAMPO

En realidade, foi doado, porque pertencen ao meu álbum familiar. Eu era o centro de atención -non por egoísmo- en diferentes etapas desde a infancia ata a xuventude, porque era a maneira de que os meus pais ausentes seguisen as miñas nedras.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

 Daquela, celebrábase unha concorrida feira no Tellado (parroquia de Cusanca), onde non faltaban, ademais de todos os gremios de feirantes (polbeiros, cacharrerios, panadeiras, tratantes de gando -onde sobresaían os de Garabás co típico gardapó gris, caxato e tesoiras para ir marcando a facenda mercada-, o ferrador do Reino ou o capador dos Carballiños, o marraeiro Nabás de Casares do Campo. Eran  ata dez as  tabernas,  ademais de lugar de encontro da mocidade, especialmente polo “Tellado da Candeloria”, celebracións de corridas de cabalos e de recitado de “versos”, ata que por causas diversas se desfacía a feira, ben por desputas de mozas ou, tamén desavinzas políticas…

POLVOREIRA-CASTIÑEIRO SENLLEIRO-SURRIBAS

 Neste ambiente festivo e comercial, non faltaba o fotográfo, popularmente coñecido como “O Potiños”, que colgaba o seu lenzo de bucólicas e exóticas paisaxes na parede da taberna de Casimiro, acompañado coa súa cámara minuteira. As fotos de estudio corresponden a dous dos fotógrafos do momento no Carballiño, “Aurelio e Godás” que, nesa década dos sesenta, viñan desenvolvendo a súa angueira con atinado obxectivo e deixando constancia de acontecementos e persoas. 

 A estas alturas da madurez -ou como se dí por aí por Orcellón, “que son os cucos”  para eludir a palabra vellez-,  en realidade é un sentimento paradoxal, saudoso, polo que toca ao persoal, e no documental e artístico son méritos dos fotógrafos profesionais. As fotografías a cor  son da miña responsabilidade;  cuxa intención non é outra que  a de  deixar constancia do que hoxe está vivo ou morredizo, denantes do seu devalo.

LETREIROS

 Eu tiña unha cámara Kodak-Retina S1 desde os anos setenta, pero, a verdade, non cheguei a acadar con ela un nivel mínimo de calidade nas fotos, a non ser algunha por casualidade.

Cando decidín no ano 2016 iniciar o traballo para a publicación do libro “O Irixo, patrimonio cultural”, vinme na necesidade de documentalo con imaxes que eu consideraba que podían ser de interese para a persoa que se achegase ata aquel, non tanto desde un punto de vista profesional, como documental, o que veño realizando ata hoxe, e que grazas á tecnoloxía dixital un vai saíndo da dificultade, mal que ben. En todo caso, son da miña responsabilidade e do que eu considero axeitado para o caso.

ESCOLAS FROUFE-XIREI

 O primeiro en 2020, xorde, inicialmente da preocupación polo estudo da toponimia local, que, como sabemos, nestes días está de máxima actualidade, cando vén de publicarse no DOG do día 10 deste mes o que se coñece como Nomenclátor 2026, que, tal e como advirte a RAG, non se trata de algo pechado e polo tanto esta non será a derradeira versión, senón a última. No caso do Irixo, si foron recollidas varias modificacións, como por exemplo a de incorporar ao Nomenclátor o nome do lugar d´AS Laxas (Dadín), xunta co d´A Ponte ou O Irixo, o que vén a superar unha vella reivindicación como era a de ignorar o primeiro.

A ALÉN-FROUFE, VILAMEÁ

 A segunda publicación está organizada en tres partes: “O Irixo, memoria viva e morrediza” que, en realidade é unha escolma dos artigos publicados en formato dixital polo xornal “Badal Novas”, co que desde o ano desde 2020 iniciei a colaboración.

 A segunda parte, “A farsa de Cusanca e Orcellón” é un texto dramático -con pretensións de representalo-, no que a ficción, con pinceladas  historicistas, botando man daqueles dous topónimos de recuada tradición oral e escrita,  dan nome aos dous protagonistas principais, nun enredo amoroso, ambientado en dous dos lugares de fondo simbolismo  no Irixo: A feira do Tellado e a romaría da Pena da Sela.

A terceira parte, Tres contos inocentes, uns relatos curtos, anecdóticos, de temática costumista, que fluctúan entre a ficción e a cotidaneidade ida.

Con respecto ao Patrimonio arquitectónico, quizais o maís lacerante é o das Reitorais e as Escolas. Aquelas están, na súa totalidade clausuradas, e a maioría en ruínas. As escolas deixaron de cumprir a función principal, e outras reconvertidas en “locais sociais” e “velorios”. As catalogadas como “Casas grandes”, hai un certo grao de conservación,pero, se incluímos neste grupo a muíños, fornos, hórreos, palleiros, eiras…o nivel de ruína é estarecedor. En canto a pombais, O Irixo non é terra de pazos con “capela, pombal e ciprés”, segundo o dito popular, pero si hai algún de interese especial, como o d´A Alén de Froufe que é digno dunha atención urxente.

 No ámbito arqueolóxico, as mamóas, e os castros que están catalogados desde hai máis de un século, con algunhas escavacións relizadas, no momemto actual resultan invisibles e inaccesibles. Á parte dalgún que non está protexido como Ben cultural (A Seara-Dadín).

 A sinalización de determinados bens está obsoleta e ilexible: “Área arqueolóxica de Cangues, A ruta dos Castros (PR-G 189) e dos Arrieiros, O Camiño Real…

 Un dos casos máis sonado de  expolio é o do escudo que pertenceu á Casa Grande de Valduíde -con capela abovedada, como alpendre actual-, sendo  que aquel está en paradeiro descoñecido, pero queda unha pegada en formigon ben visible no seu canto.

 Sobre o Patrimonio natural, foi catalogada  como “Árbore senlleira” un Castiñeiro en Surribas- Froufe, ao que poderían engadirse outras árbores individuais -A corticeira de Munín- ou conxuntos como O Campo da Feira do Tellado,  A Carballeira da Pena da Sela..

Unha cousa vai da man da outra. O maís grave é a perda do “patrimonio humano”, que angaza con  todo o demais. Se o concello chegou a acadar a cifra de 7000 habitantes hai cen anos, 6000 vacas…e na actualidade, 1300 habitantes e 300 vacas …o futuro non permite sermos  moi optimistas. Unha anécdota: Se admitimos como clasificación xenérica o de que este concello é eminentemente rural, cuxo sector primario -agrogandeiro/forestal- é o principal como o poñen de manifesto as cifras de antano, como pode ser que se teña convertido en “exportador de herba”, cando ata non hai tanto tempo o gando pasaba fame e mil traballos…

Levo colaborando estes ultimos cinco anos, sempre sobre divulgación de temas locais-comarcais, e pola posta en valor do labor dalgunhas persoas que, por unha ou outra razón teñen algún vencello co concello do Irixo e caerían no esquecemento. Colaboración que teño que agradecer de xeito moi especial ao xornal dixital  Badal Novas, porque, maís alá do interese que poidan ter, o soporte dixital dálles unha proxección universal, unha das razóns da súa existencia.

En xeral, todas elas teñen unha carga emocional, e , á vez de denuncia, porque o proceso de deterioración semella irreversible.

Na súa opinión, que pode facer unha fotografía que non poida facer un texto ou un plano? Que ten a luz (ese “abrente ao solpor”) que o documento escrito non captura?

Nos tempos que corren, no que a inmediatez e a obsolescencia están máis presentes ca nunca, -o que non facilita a lectura pausada e reflexiva- é importante que tamén a imaxe estea presente como complemento, non como substituta da palabra oral ou escrita. Quizais por esta razón,  os que medramos co arrecendo do papel, no mundo analóxico, sigamos mantendo a querencia por aquel.

Arrimarmos o ombro e colaborarmos, na medida do pòsible, na recuperación e conservación do Patrimonio en todas as súas manifestacións.

Parto da base de que somos un concello empobrecido, en tanto en canto -na miña modesta opinión-  non ten capacidade para xerar uns ingresos mínimos acordes ás necesidades en calquera dos sectores produtivos, infraestruturas, e patrimonio en xeral, polo que as distintas  administracións : comarcal (Mancomunidade), provincial (Deputación), autonómica (consellerías no seus ámbitos de responsabilidade: terras, augas de Galicia, montes…)  ou estatal (Conferación Hidrográfica, Renfe-Adif)   terían que dotalo de maís recursos para o cumprimento de cuestións básicas de dereito (ensino, cultura, sanidade, deportes, asistencia social, comunicacións, medioambiente, sostibilidade …) .

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------