Galicia rexistra 725 contaxios novos e reduce en 17 os ingresos en hospitais

A comunidade galega rexistra hoxe 725 contaxios, un ritmo de novos positivos que  se mantén estable. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 16.106, unha cifra que descende en preto de 300 casos con respecto a onte. A ocupación das camas dos hospitais por enfermos covid hoxe presenta un descenso nos hospitais galegos. Do total de pacientes positivos en Galicia, 53 (-1) están en UCI e 275 (-16) en unidades de hospitalización.

Publicidade

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras  rexistra hoxe 41 contaxios novos, e restando as altas, os casos totais baixan ata os 1.176 casos activos, preto de 80 casos menos. Os hospitais hoxe presentan 33 (=) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 4 (=) na UCI.