Cenlle destina a súa andaina solidaria ao proxecto “Infancia con dificultades”

O concello de Cenlle celebra o vindeiro domingo día 14 a 13ª edición da súa andaina solidaria. Neste caso, ten a finalidade de recaudar fondos para o proxecto “Infancia con dificultades” da Cruz Vermella.

O prazo de inscrición será ata o día 10 de abril, o próximo mércores. A cuota será de 7 euros, dos cales dous euros está destinados a esta causa solidaria. Para formalizar a súa participación poden facelo ingresando a cuota, nas oficinas municipais ou na biblioteca.

AVANTAR ACTIVIDADES

A saída da andaina será ás 9:30 horas no Campo de Fútbol de Cenlle. Os dorsais poderán recollerse unha hora antes da saída. Haberá unha ruta curta de 11 kilómetros e unha ruta longa de 18 kilómetros. Haberá avituallamento en varios puntos do percorrido e ao remate pinchos e sorteos entre os asistentes.