O concello de Ribadavia abordará melloras nos parques do municipio

O goberno municipal ven de facer unha avaliación do estado dos parques públicos de Ribadavia, e a situación non é nada boa. Fontes sen funcionar, arbores secas, columpios que necesitan mantemento, e unha pista deportiva en total estado de abandono que supón un perigo para os ususarios, así como balado metálico caído e un baño público fora de servizo.

O Concello quere abordar a mellora dos parques a través dun Plan de Actuación que organice e programe as accións de mellora.

–         Posta en funcionamento das fontes de todos os parques.

Publicidade Premer na Imaxe

–         Arranxo da pista deportiva dos Xardinillos.

–         Arranxo e posta en funcionamento dos baños públicos dos Xardinillos.

–         Limpeza e mellora de muros, así como arranxo dalgunhas barandas dos parques.

–         Corta de arbores secas que supoñen un perigo e plantación de novas arbores.

–         A semana pasada iniciouse a mellora do estanque da Alameda de Ribadavia, que filtraba moita auga e atopabase en moi mal estado. Procedeuse a súa limpeza e esta mesma semana realizarase a obra de mellora.

Así, da mesma maneira que o Concello tivo que intervir nun casco histórico, agora abordará a mellora dos parques a través dun Plan que coordine todas as actuacións.