O Cine Club proxecta este próximo venres “La isla de Bergman”

Este próximo venres, 24 de marzo, o Cine Club proxecta “La isla de Bergman”,  a última película estreada no noso país da directora francesa Mia Hansen-Love. Céntrase na historia dunha parella de cineastas norteamericanos que deciden retirarse en busca de inspiración na illa de Faro, onde vivira o cineasta sueco Ingmar Bergman.

Película luminosa e esperanzadora, exemplo excelente de cine dentro do cine, foi nominada nos Premios Gaudi como mellor película europea. As proxeccións serán no Auditorio Manuel María do Carballiño, ás 20:00 horas en versión dobrada ao castelán e ás 22:30 horas en VOS.

AVANTAR ACTIVIDADES