A charla contou coa intervención do deputado e Presidente da xestora do partido na cidade, Adolfo Pérez Abellás, e do secretario provincial e voceiro socialista, Rafael Rodríguez Villarino, entre outros cargos
Defendeu a “labor dos deportistas de élite” e a promoción do deporte e a cultura como “un dos dez eixes” vertebradores do “Plan de recuperación, transformación e resiliencia” presentado polo goberno
O PSdeG-PSOE de Ourense realiza un encontro dixital entre a militancia socialista da cidade e o deputado nas Cortes Agustín Zamarrón baixo o título “Deporte e cultura como panca da reestruturación social”. A charla tivo lugar de xeito dixital e contou coa intervención do deputado ourensán en Madrid e Presidente da xestora do partido na cidade ourensá, Adolfo Pérez Abellás, e do secretario provincial e voceiro socialista, Rafael Rodríguez Villarino, quenes acompañaron ao deputado nas súas intervencións.
O deputado destacou durante o encontro a súa estreita relación coa cidade de Ourense dende a súa infancia lembrando o destacable papel que exerceu o seu avó como médico epidemiólogo na terceira de Galicia durante a pandemia da gripe española recalando así na “importancia e gravidade” da situación na que nos atopamos pola COVID-19.
Así mesmo, defendeu o espíritu socialista de “afán e dedicación ao coñecemento e preocupación solidaria” e a “labor dos deportistas de élite” defendendo a necesidade do deporte como unha “ensinanza de vida” que debe comezar nas escolas e que, dende o goberno do PSOE, se promove como “un dos dez eixes” vertebradores do “Plan de recuperación, transformación e resiliencia” presentado nas últimas semanas para a recuperación da economía do país.
Agustín Zamarrón é licenciado en medicina e deputado do PSOE nas Cortes Xerais do Estado pola provincia de Burgos. Aos seus 74 anos presidiu a mesa de idade na xornada de constitución das Cortes da XIV Lexislatura. Actualmente, é presidente da Comisión de Peticións no Congreso e membro das comisións de Cultura e Deporte, e de Sanidade, Consumo e Benestar Social.