O concello aproba 9,7 millóns de euros de orzamentos ca abstención do PP e a contra do BNG e Espazo Común

Esta mañá, o concello do Carballiño levou a pleno a proposta de orzamentos para o 2021. A cifra destas contas ascende a 9,7 millóns de euros e contaron co voto a favor do goberno socialista, a abstención do PP e o voto en contra do BNG e Espazo Común.

A oposición concorda en que son una copia dos orzamentos do 2020 e que non se adaptan á situación actual. O BNG pide que se retiren e se faga unha proposta adecuada. O PP considera que se deben aprobar inicialmente canto antes, para poder dispoñer do remanente e executar todas as partidas sociais. Para esta proposta houbo numerosos puntos de confrontación. A oposición criticou diversas partidas.

AVANTAR ACTIVIDADES

A esta cifra, o goberno local sumará a inversión de 3,5 millóns de euros do remanente, que se destinará a obras. A xestión do remanente levarase a outro pleno separado destes orzamentos.

Na xornada tamén houbo lugar para debater as propostas feitas pola oposición no último mes, todas aprobadas a excepción dunha. O BNG solicita a creación dun órgano municipal que supervise as contratacións e que facilite a información completa á oposición. Todos coinciden na necesidade da transparencia, pero o PP cre que hai outros métodos máis rápidos.

O BNG referiuse ó 8M, facendo referencia á situación agravada de desigualdade causada pola pandemia e pediu o compromiso da corporación para traballar en evitar estas situacións. Espazo Común levou por urxencia adicar o 8M ás traballadoras do SAF. As outras mocións, que tamén adquiriron o compromiso do goberno con modificacións foron manter o acordo cos veciños de A Rega para a instalación e funcionamento dun bolardo e elaborar un proxecto que solucione os problemas da rúa Aquilino Sánchez.