O delegado territorial da Xunta participa na saída do ‘XIII campionato autonómico escolar de orientación pedestre Ourense, 2023’ no recinto do Ies Universidade Laboral de Ourense

  • A proba desenvolveuse nun circuíto permanente de orientación deportiva creado recentemente
  • Un espazo de lecer de 10 hectáreas que a Xunta puxo a disposición da comunidade educativa e da cidadanía para o seu  recreo e a practica deportiva nunha contorna rehabilitada medioambientalmente, na que se plantaron 211 árbores

Ourense, 06 de maio de 2023. – O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, participou esta mañá na saída do ‘XIII Campionato Autonómico Escolar de Orientación Pedestre Ourense, 2023’, que se desenvolveu no IES Universidade Laboral de Ourense.

Esta proba, que conta co patrocíneo da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e do IES Universidade Laboral, está organizada pola Federación Galega de Orientación, co apoio dos clubs ourensáns A.D. Limiactiva e Club Peña Trevinca Barco.

AVANTAR ACTIVIDADES

A proba desenvolveuse polo recinto do complexo estudantil que engloba o IES Universidade Laboral, a Escola de Arte e Deseño Antonio Faílde, o Centro de Formación e Recursos e o Centro Residencial Docente. Varios edificios, algúns de complexas formas, que alternan con zonas axardinadas, bosque e diferentes canchas deportivas. Un espazo de lecer de 10 hectáreas que a Xunta puxo a disposición da comunidade educativa e da cidadanía para o seu  recreo e a practica deportiva nunha contorna rehabilitada medioambientalmente, na que se plantaron 211 árbores, e na que se instalou un circuíto permanente de orientación deportiva.

Durante a proba nos percorridos tamén se utilizaron corredores interiores dalgún dos edificios, polo que foi importante decatarse no mapa dos distintos accesos posibles para elixir a mellor ruta.