A Asociación de Veciños Camiño organiza unha viaxe ó País Vasco en outubro

Desde a Asociación de Veciños Camiño do Carballiño comunican que realizarán unha excursión ó País Vasco cunha duración de tres días, con data na Ponte do Pilar, no mes de outubro. Nesta excursión visitarase San Ignacio de Loyola, Portugalete, Bilbao, Bermeo, Gernika-Lumo, San Sebastián e Vitoria.

Publicidade

Polo prezo de 240 euros, inclúese hospedaxe en hotel en réximen de pensión completa, e para os socios da agrupación cun prezo de 230€, con todo incluido. A viaxe realizarase en autobús dende O Carballiño.