A formación asegura que o goberno local non atende ás peticións da oposición. O grupo do BNG informou que nesta sesión é a primeira vez que votan en contra da acta dunha sesión, xa que consideran que non “reflexa o espírito do comentado no pleno”. Por ese motivo, a formación solicita que se graven os plenos.

Con respecto á conta xeral, que ascende á 2,4 millóns, o BNG tamén votou en contra, resaltando que a débeda total de 1.368.597€, asegurando que se incrementa en 268.497 € con respecto ó ano anterior – un 24,4% máis. Na opinión do BNG as contas poñen de manifesto que se orientan a converter o concello nunha macro empresa, afirmando que non serven para recuperar emprego, poboación, negocios, agro nin actividade algunha.

En canto ás mocións, o PP rexeitou a proposta de utilizar os fondos municipais sobrantes e o arranxo da fonte de A Lama.

O BNG tamén preguntou polo peche dunha farmacia en Cea, sobre a necesidade de cubrir a praza vacante de Secretario e sobre diversas obras e proxectos.