A aplicación Radar Covid, en proba piloto, rastrexará os contaxios do virus

A aplicación española de rastrexo de contaxios do coronavirus, Radar Covid, pretende ser unha ferramenta eficaz á hora de conter a pandemia en España. O goberno estatal espera que esté dispoñible en todo o territorio a mediados de setembro, pero polo de agora empezará a funcionar como proba piloto en Canarias.

A versión que xa está en marcha non será a definitiva. Nestos momentos ségese traballando para que a aplicación conte con novas ferramentas que axuden a controlar a pandemia. Ademáis, aseguran que cando saía para toda España seguirase traballando para mellorar a súa funcionalidade.

AVANTAR ACTIVIDADES

Así é Radar Covid

A aplicación non é funcional polo de agora, pero sí está dispoñible para a súa descarga a través da App Store e Google Play. O seu funcionamento é bastante sinxelo, voluntario e non recolle ningún dato persoal do usuario.

Na pantalla de inicio, Radar Covid informa ó usuario de si estivo en contacto nalgúns momento con alguén que dera positivo en Covid-19. A aplicación funciona a través de Bluetooth, non de xeolocalización. No caso de que unha persoa pase máis de 15 minutos a menos de 1,5 metros doutra, e a segunda de positivo, o servizo enviaralle ó primeiro unha notificación para avisar da exposición ó virus.

Para que este aviso chegue, as persoas que deron postivop deben introducir na aplicación un código alfanumérico que lle entregarán as autoridades sanitarias. No caso de que se produza esta notificación, a aplicación nunca compartirá a identidade da persoa infectada. Enviando o teu diagnóstico estás contribuíndo a deter a propagación do virus, asegura a aplicación, ecordadno que a información do usuario está segura e tratada anónimamente.

En el segundo, a plataforma comparte diferentes enlaces nos que o usuario pode consultar información oficial sobre a pandemia.

Así será Radar Covid

A secretaria de Estado de Dixitalización, Carme Artigas, anunciou a semana pasada que haberá diferenzas entre esta versión e a que estará dispoñible dentro dun mes. Ademáis das melloras, Sanidade desexa que a ferramenta non só permita notificar o positivo en covid-19, se non que o usuario poida compartir a data na que comezou a ter os primeiros síntomas, algo que axudaría ó sistema a ser máis preciso á hora de notificar ós contactos que estiveran expostos ó virus.

Ademáis, esperase que a aplicación poida estar tamén en outros idiomas coma o inglés, pensando nos turistas e en que o rango de detección sexa maior. En setembro tamén se espera que poida ter unha versión en euskera, catalán e galego.