Galicia incrementa os ingresos en UCI e planta nesta Semana Santa

Nas últimas 24 horas a comunidade galega conta con 105 positivos novos de SARS-CoV-2, facendo que, restadas as altas, os datos totais pasen ós 2.174, cun descenso de case 200 persoas. A presión asistencial mantense mais ou menos estable, con repunte de ingresos en planta nesta fin de semana. Hoxe hai 32 (+2) persoas na UCI, e 187 (+20) ingresados nos hospitais.

Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras a Semana Santa contivo as cifras, aínda que se rexistraron dúas xornadas de ascenso. Hoxe hai 7 contaxios novos. Restadas as altas, a cifra mantense estable nos 146 casos totais, logo de dúas xornadas de ascenso. Os hospitais mantéñense mais ou menos estables, contando con 18 (+4 nesta semana santa) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 1 (-1) na UCI.

AVANTAR ACTIVIDADES