Aprobación definitiva no BOP da modificación do Regulamento do Punto de Atención á Infancia (PAI) en Boborás

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Pleno do Concello de Boborás, na sesión que tivo lugar o día 30 de xaneiro de 2020, aprobou provisionalmente o texto da modificación do Regulamento do PAI de Boborás.


O expediente foi sometido a información pública polo prazo de trinta días hábiles, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei de bases de réxime local, mediante anuncio no taboleiro de edictos do concello e no BOP de Ourense, do día 24 de febreiro de 2020.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Unha vez transcorrido o dito prazo sen que se presentaran alegacións ou reclamacións de ningún tipo, o referido acordo queda elevado a definitivo e publícase a continuación o texto íntegro do regulamento.


Introdución


Obxecto e ámbito de aplicación


Constitúe o ámbito de aplicación do presente regulamento o PAI do Concello de Boborás, que se configura como establecemento de carácter diúrno e de titularidade municipal.


O presente regulamento ten por obxecto establecer a organizació e funcionamento do Punto de Atención á Infancia (en diante PAI) de Boborás.


A finalidade principal do PAI é prestar unha atención de apoio aos/ás pais/nais, titores/as ou representantes legais, sendo un contexto da vida do neno/a; e en ningún caso pretende substituír á familia senón complementala, proporcionando un ambiente de seguridade e afecto, co fin de que poida ir identificándose progresivamente como persoa individual, adquirindo os primeiros instrumentos necesarios para actuar e sentir que as súas necesidades básicas estean cubertas para, pouco a pouco, adquirir autonomía nos ambientes coñecidos.


Co fin de que todo isto sexa posible faise necesaria unha estreita relación e cooperación entre o centro e as familias, facilitando así a conciliación da vida familiar e laboral e cumprindo
deste xeito unha dobre función social e educativa.

BOP