O festival de títeres celébrase toda a semana, no pavillón da Uceira

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

O XII Festival de Títeres, que comeza hoxe, luns, 17 de agosto, e que estaba previsto celebrarse na explanada do parque municipal, cambia a súa ubicación para o pavillón do colexio da Uceira, no que terán lugar todas as sesións.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Trátase dunha medida motivada pola mala previsión meteorolóxica para esta semana,  que impide desenvolver as actividades ao aire libre. O programa non varía, nin tampouco o horario do comezo das sesións, que será ás 19h. Haberá aforo limitado polo cumprimento da normativa de separación e seguridade polo coronavirus.

O festival conta coa colaboración da Deputación Provincial de Ourense, e a entrada aos diferentes espectáculos e actividades será completamente gratuíta.

Día 18: GYROVAGUS + obradoiro de monicreques  – Micromina Títeres

Día 19: XAN DAS ONDAS  + obradoiro de monicreques – Barafunda

Día 20: O SHOW DE BARALLOCAS – Marionetas Trécola

Día 21: ESTRAFALARIA + xornada de xogos – Xarope Tulú

Diego Fernández, concelleiro de Cultura, asegura que é unha actividade segura, na que se cumplen todas as medidas e será unha forma diferente de ocio para os máis pequenos.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------