O concello de Maside celebraba hoxe o seu gran último día da Festas Patronais do San Vitorio con procesión e música.
Hoxe, mércores, no concello de Maside celebraron as festas patronais do San Vitorio no seu gran último día. Contaron con misa e procesión, acompañados pola Banda de Música La Lira de Ribadavia para facer un percorrido polas rúas.
Despois dos oficios relixiosos do mediodía, a banda de música de Boborás deu un concerto na Praza Maior, mentres que a Alameda acollía a Feira de Artesanía Infantil. As festas serán amenizadas esta noite polas orquestras Gran Parada e o grupo Claxxon, rematando á medianoite cunha segunda sesión de fogos. As festas en Maside estenderanse ata o 15 de setembro, con máis actividades para todo o mundo, coa XVI Andaina organizada polo Concello