Paula Prado participa nun acto de cultura en Boborás e asiste á I Festa Popular en Santiago de Compostela

IES CHAMOSO LAMAS

A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, participa na inauguración dun acto organizado pola Comisión de Cultura da organización e por Novas Xeracións de Galicia que terá lugar en Boborás, onde estará acompañada polo presidente provincial PP de Ourense, José Manuel Baltar, polo presidente de Novas Xeracións, Adrián Pardo, e pola alcaldesa do municipio, Patricia Torres.

 INTERVENCIÓN ABERTA A MEDIOS

OZOCOgz Deseño Galego

Data:         24 setembro de 2022

Hora:         11.00 horas

Lugar:       Edificio sociocultural Manuel Chamoso Lamas. Rúa Evaristo Riande (ao carón do CEIP Nosa Señora de Xuvencos)

A continuación, terá lugar a celebración da mesa redonda Novos creadores, unha cultura de futuro, moderada polo presidente provincial de Novas Xeracións da Coruña, José Miguel Mahía. O evento contará tamén coa participación de Valentín García Gómez e será clausurado, a partir das 13:30 horas, polo presidente provincial de Novas Xeracións de Ourense, Nacho Campo, e polo coordinador de Cultura do PPdeG, Daniel Chapela.

Trala súa intervención en Boborás, Paula Prado asistirá á I Festa Popular organizada polo PP de Santiago, onde, acompañada polo presidente local e candidato do Partido Popular á Alcaldía, Borja Verea, ofrecerá declaracións aos medios de comunicación.