A Deputación colaborará na mellora de comunicacións e espazos de lecer en Piñor

Reunión Manuel Baltar (Presidente da Deputación Ourense) con José Luis González Rodríguez (Alcalde do Concello de Piñor).

Manuel Baltar recibiu no Pazo Provincial ao alcalde, José Luis González, co que repasou as actuacións desenvolvidas no concello e o apoio ás novas propostas

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu esta mañá no Pazo Provincial ao alcalde de Piñor, José Luis González, para repasar o estado das actuacións desenvolvidas polo goberno provincial neste concello e estudar novos proxectos de colaboración en materia de comunicacións e a mellora de áreas de lecer.

AVANTAR ACTIVIDADES

Manuel Baltar recolleu as propostas do alcalde, que se centran no acondicionamento da vía que atravesa o pobo de Casfigueiro, na parroquia de San Mamede da Canda, así como tamén na renovación do parque infantil da localidade de Arenteiro, na parroquia de Barrán. Un espazo que precisa a substitución do actual equipamento polo seu grao de deterioro.

José Luis Gonzalez expresou o seu agradecemento pola receptividade do presidente e da Deputación ás necesidades do Concello de Piñor e da súa veciñanza, “colaboración sen a que sería imposible levar a cabo todas estas obras”.