O colaborador de badalnovas Manuel Herminio deixanos este artigo

Dende Seixo-Albo
Antes de nada quero felicitar á selección, ó equipo no seu conxunto, por darnos un grande alegría.
As veces o cabreo lévanos a perder o norte e a considerar inimigo a aquel que discrepa, cando realmente é un irmán que pensa de maneira diferente porque ve a solución os seus problemas dunha maneira contraria a que pensan os demais. E esta pequena reflexión tenta pór un chisco racionalidade nun asunto que non nos debía dividir como cidadáns libres e responsabeis que somos.
Unha familia dun pai e cinco irmáns viven xuntos no mesmo fogar, aínda que o pai é un home moi autoritario que quere o mellor para os seus fillos, pero ten unha visión moi patriarcal da vida e non está disposto a permitir discrepancias que poñan en cuestión a unidade familiar. Dous dos ou case tres fillos teñen certas veleidades pois reclaman un espazo vital un tanto distinto ó familiar, cuestión que o xefe da casa considera que non pode ser de ningunha maneira.
El entende que hai que manter a unidade familiar por riba de todo, custe o que custe. Eses fillos que teñen unha personalidade forte séntense maltratados por un home que non comprende as súas queixas que cuestionan esa unidade. Os fillos entenden que teñen dereito a vivir a súa vida con certa independencia dado que botan contas e cavilan que lle irá mellor fora desa unidade. O pai non está disposto a permitir esas veleidades e arremete contra cuestións como as tradicións, cultura e forma de falar que eles consideran que non deben perder de ningunha maneira.
O pai tamén sabe que son os fillos máis traballadores, ademais sabe o moito que aportan economicamente a unidade familiar. E no canto de escoitar e falar, lanza serios ataques contra o seu idioma. Un destes fillos canso de certo menosprezo argalla un simulacro de independencia que non pasa máis alá que das palabras, feito que é reprimido considerándoos inimigos do resta da súa familia. Logo o asunto pasa a instancias xudiciais onde a xustiza carga contra esta xente e castígaos con moita dureza.
O caso é que a partires deste momento no resto da familia xorde un debate sobor da maneira de parar o que consideran unha tolemia. Polo que uns falan que é mellor aplicar a lei e seguir reprimindo incluso coa forza do exercito. Mentres outros, máis prudentes, falan de perdón primeiro e logo de amnistía. Son irmáns, non son inimigos externos. Son veciños e amigos cos que levamos moitos anos convivindo. Polo que a cuestión está servida, dado que nos tempos da romanización, hai máis de dous mil anos, Roma tivo o mesmo debate para axudar á expansión do imperio.
Daquelas había dúas propostas: Aplicar a forza ou camiñar pola vía política da negociación. E que saibamos en moitos pobos da nosa terra aplicaron acordos políticos como o demostran os achados en bronce atopados. Pois ben, este exemplo pode servir para aplicarlle ó que acontece cos irmáns cataláns e outros pobos desta península. Pobos que se resisten a perder o seu idioma, a súa identidade e a súa forma de ver estar na vida; pobos que resístense a perder o control da súa economía, hoxe centralizada e moitas cousas máis.
A amnistía lei que agora valida a xustiza europea, para os conservadores e algúns xuíces seica é unha traizón á patria e póñenlle chanzos pra que non se aplique; din que foi unha concesión do malvado Sánchez pra seguir no poder; e resulta que trouxo un tempo de sosego nesa parte do Estado e unha merma do apoio ó independentismo nesas terras que crean emprego e que son unha parte moi importante da economía desta península.
Por tal motivo, despois de escoitar as verbas dalgún ex presidente, dando leccións non sei de que, é unha boa mostra de que o camiño da forza entre irmáns non leva nin máis ni menos que a crear enfrontamento e divisións que duran moitas xeracións e non arranxa ren. Polo que queda moi claro que a vía política entre irmáns sempre é mellor que reprimir. Ademais eses que hoxe protestan, hai uns días chamaban á porta deses independentistas, e non lle facía ascos. Que contrariedade. En fin, eu como moita xente do norte desta península e doutros lugares considero que todos os pobos que un día camiñaron xuntos e que hoxe teñen visións distintas de como ten que ser o Estado, son irmáns e nunca os verei como inimigos. Polo que, cando o cabreo entre irmáns por discrepancia é moi forte, a vía da represión escaralla máis que arranxa. Remato; eu que non son arredista, polo que a postura do goberno neste asunto entendo que foi a correcta. Ademais estou convencido que outro goberno conservador tomaría medidas similares, pois insisto: os irmáns non son inimigos.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
Outros artigos de Manuel Herminio Iglesias
Manuel Herminio: “A egolatría e o servilismo”
Manuel Herminio: “Aldama: un modelo de que?”
Manuel Herminio: “A mensaxe de León XIV e os riscos da I.A.”
Manuel Herminio: “Unha lección de humanidade”
Manuel Herminio: “A velocidade nas nosas vidas”
A opinión de Manuel Herminio: “Raigame: algo máis que unha romaría”
A opinión de Manuel Herminio: “A manipulación das masas”
A opinión de Manuel Herminio: “Hai 50 anos e pico…”
A opinión de Manuel Herminio: “Adeus a Revolución Cubana”
A opinión de Manuel Herminio: “Patriotas de bandeira”
A opinión de Manuel Herminio: “Cuba na encrucillada”
A opinión de Manuel Herminio: “Quixemos cambiar o mundo…”
A opinión de Manuel Herminio: “O mundo ten alzheimer?”
A opinión de Manuel Herminio: “A faciana agochada dos deuses”
A opinión de Manuel Herminio: “A lei do máis forte”
A opinión de Manuel Herminio: “A velocidade como meta”
A opinión de Manuel Herminio: “Ás portas do Nadal lembrando a Marcos”
Agochar o que non gusta da historia
Licenciado pola universidade da vida
A deshumanización da sociedade
Tiranos con facha de demócratas
Pode arredarse música e cultura da política?
Nas mans de ególatras e imperialistas
Soamente unha visión: a económica
O insulto no canto do argumento
Tempo de charlatáns e predicadores
Non todo vale pra acadar o poder
Ditadores coa faciana de demócratas
A opinión de Manuel Herminio: “Enfurruñados ou riquiños”
Quen fala dos problemas desta terra?
Asaltar o ceo contra o pracmatismo
A fantasía e o consumismo no Nadal
Feijoo e as maiorías absolutas
Descoñecen o que berran e chantean?
Lavándolle a faciana a extrema dereita
Moita enerxía sen rentabilidade
Ourense: Sen obxectivos nin proxectos
Ourense, por riba das ideoloxías
Vandalismo, botellóns e desleixo
Dúas maneiras de actuar na política
Lembrades a democracia organica?

















