Manuel Herminio: “A egolatría e o servilismo”

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O colaborador de badalnovas Manuel Herminio deixanos este artigo

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Dende Seixo-Albo

Os dous termos  son distintos, mais coinciden en certos sectores  sociais da sociedade. E percíbense máis nas capas conservadoras pois ata parece que se complementan. Falando nunha linguaxe coloquial aqueles que son moi estirados e de alta alcurnia sempre lles gusta ter xente que os obedezan e lles cumpran os seus mandatos, veleidades e caprichos.  Os que acatan, persoas máis humildes,  entenden que adorar e servir a un poderoso, aínda que este sexa un narciso e un abusón,  lles pode dar seguridade para o seus negocios e o seu prestixio  social. O asunto ten certa similitude a unha relación paterno filial, e indo máis lonxe garda certa comparanza  coas relacións feudais.

Hai uns días, co nomeamento da real Academia  Galega do escritor a homenaxear  para as letras galegas do 2027  e que recaeu en Xosé Neira Vilas,  veume  á memoria o abusón do que se queixaba o rapaz Balbino protagonista dese fermoso libro que debuxa á perfección o mundo rural dos anos sesenta.  “Memorias dun neno labrego.” Claro, era o fillo do cacique  e mandaba en todos os rapaces. E a ver quen lle tusía. Pois ben, no mundo que nos tocou vivir chegou ó poder un abusón, un cretino, un narciso e un ególatra que pensa que a terra xira porque el é o que a fai xirar, e nesas estamos. Un home  que di unha cousa  e logo a contraría en menos que canta un galo. Un home ó que lle gustas moito  que lle fagan gabanzas e  reverencias e que sempre o adulen. Mais o que a min me choca  é que na  nosa península  están os que se din patriotas, si. Os que   envolvéndose na bandeira roxa e amarela como se fose  soamente deles,  rinlle as gracias a un señor que non dubida en meterse en asuntos deportivos como o dunha tarxeta roxa a un xogador do seu pais. Polo que semella que estamos dinte un neno grande e caprichoso que ten que facerse ver por onde pasa, se non non queda satisfeito.

As veces penso que mediante as urnas chegou ó poder un charlatán de feira, un tolo, un predicador barato. Un persoeiro o que os patriotas lle rin as súa chocalleiras chanzas e ameazas,  esquecendo que os Ianquis foron os que con artimañas falsas e lanzando lendas escuras nos expulsaron  do Caribe, ou lle roubaron a terra ós mexicanos.  Polo que pena me dan os que soamente ven o mundo polo ollo de facer negocios para el e os seus poderosos compañeiros.  Tump é un supremacista que presumindo de pais comeza guerras onde lle peta  e  pídelle ós demais que o acompañen na súa loucura. Ás veces chócame ver que chegan ó poder tolos e persoeiros disparatados que son apoiados polas masas máis humildes, e logo pasa o que pasa e levan un fracaso máis as súas costas.

Levamos un tempo no que, neste mundo tolo que camiña con moita presa, mandan persoas que comezan a seren repelentes ademais de seren un perigo para a humanidade. Corren tempos moi incertos onde tanta técnica non nos deixa distinguir o grao da palla ou o certo do falso. Trump e outros semellantes a el, son a faciana dun poder e dun egoísmo que non ten límites. Son a imaxe da deshumanización da política e da ambición que hoxe nos invade. Por iso, os ególatras  e narcisistas pensan que son os  amos do mundo, cando o que sofren é unha patoloxía que os invalida para mandar. Pois as súas veleidades  lémbranme a historia  que reflexou  Chaplin no  gran ditador. En fin, o triste é que a egolatría e o narcisismo chegou  ó poder nun momento  de cabreo apoiado por moita  xente que, en certa medida,  se convirte en servil dos caprichos dun tirano. Velaí a relación entre egolatría e servilismo.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS



Outros artigos de Manuel Herminio Iglesias

Manuel Herminio: “Aldama:  un modelo  de que?”

Manuel Herminio: “A mensaxe de León XIV e os riscos da I.A.”

Manuel Herminio: “Unha lección de humanidade”

Manuel Herminio: “A velocidade nas nosas vidas”

A opinión de Manuel Herminio: “Raigame: algo máis que  unha romaría”

A opinión de Manuel Herminio: “A manipulación  das masas”

A opinión de Manuel Herminio: “Hai 50 anos e pico…”

A opinión de Manuel Herminio: “Adeus a Revolución Cubana”

A opinión de Manuel Herminio: “Patriotas de bandeira”

A opinión de Manuel Herminio: “Cuba na encrucillada”

A opinión de Manuel Herminio: “Quixemos cambiar o mundo…”

A opinión de Manuel Herminio: “O mundo ten alzheimer?”

A opinión de Manuel Herminio: “A faciana agochada dos deuses”

A opinión de Manuel Herminio: “A lei do máis forte”

A opinión de Manuel Herminio: “A velocidade como meta”

A opinión de Manuel Herminio: “Ás portas do Nadal lembrando a Marcos”

Venres negro

Frases  con moita retranca

A lei do péndulo

Seica mentir  non é delito

Non chove auga…

Camiñar na ambigüedade

Agochar o que non gusta da historia

Arredor dos incendios

O rei do mundo

Licenciado pola universidade da vida

A deshumanización da sociedade

Unha parte non é o  todo

Tiranos con facha de demócratas

Españoles decentes

Pode arredarse  música  e cultura da política?

Mover ficha

Falar coas máquinas

Nas mans de ególatras e imperialistas

O mundo ó revés

A guerra como negocio

Soamente unha visión: a  económica

Aumentar o espazo vital

Venezuela

Tempo de Nadal

Atados á Utopía

Ourense e a enerxía eléctrica

Cuniupuyara

O insulto no canto do argumento

Os Bacelos de Prata 2024

Vivir no Rural

Catalunya: Un tempo novo

Algo cheira a podre

Pasarse de voltas

Tempo de charlatáns e predicadores

Haberá moción de censura?

As recetas da motoserra

Adeus á independencia

Non todo vale pra acadar o poder

A noria do tempo

Ditadores coa faciana de demócratas

Amarrado polos ovos

Unha cantiga sin alma

A opinión de Manuel Herminio: “Enfurruñados ou riquiños”

Quen fala dos problemas desta terra?

Asaltar o ceo contra o pracmatismo

Volve o tempo das promesas

Aquelas pequenas cousas

A fantasía e o consumismo no Nadal

Feijoo e as maiorías absolutas

Tempo de Magostos

Coidado cos salvapatrias

Descoñecen o que berran e chantean?

Achegarse á España real

Lavándolle a faciana a extrema dereita

A Resaca Electoral

O puzle ourensán

Música de calidade

As licencias dos quen mandan

Pacto cós ourensás

Moita enerxía sen rentabilidade

Xente sinxela

Os que pasan á historia

A Aposta Galeguista

Fun cantando

Nin Música nin Letra

Un home feito de cartos

Tempo de lecer e refexión.

As leiras a ermo

A longa sombra da corrupción

Erro Histórico

Llegó la mami….

Un crego de parroquia

Ourense: Sen obxectivos nin proxectos

e Ourense, existe?

O Nadal da Saudade

Unha area no zapato

Serrat e os cantautores

As incertezas na aldea global

Ourense, por riba das ideoloxías

O importante é a pasta

Sos Ourense!!!

Ourense cara un ermo cultural

Vandalismo, botellóns e desleixo

Na procura da felicidade

Dúas maneiras de actuar na política

Tinte galeguista

Abrindo un novo camiño

Lembrades a democracia organica?

Actuar en manada

Os refráns na política

As miserias na política

De xeonllos e pedindo perdón

Culturetas de ….

Arroutadas

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------