Manuel Herminio: “Aldama:  un modelo  de que?”

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O colaborador de badalnovas Manuel Herminio deixanos este artigo


Dende Seixo-Albo

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Os aconteceres da política non deixan de sinalarnos novas que chaman e moito  a atención. A sociedade do Lazarillo de Tormes, a dos pícaros,  moito máis ampliada nas corruptelas esta moi presente no noso día a día. Eu diría que sempre estivo,  mais hoxe podemos saber moitas cousas que durante a ditadura estaban agochadas, pois a prensa daquelas  estaba sometida á unha censura total, e si que había moita máis corrupción ca hoxe.  O que pasou e que non saían á luz porque eran agochadas.

Nesta sociedade os feitos máis insólitos e retortos aportan novas que sinalan que a perda, cando non a  conculcación  dos principios polos que nos rexemos,  toman forza e agochados baixo formas de arrepentimento e colaboración coa xustiza, e ate son premiados con moito esmero. Desta maneira a xente sen principios morais   convértense en modelos de cidadáns  honrados que pasan a seren imitados como intelixentes e persoas de éxito social. 

Ben sei que nas capas máis altas da sociedade emprégase unha linguaxe moi distinta á que se fala  nos ambientes do pobo, ou se queren na  rúa. Porei  varios  exemplos: o Señor tiña unha borracheira como un piano, mais como era un señorito con cartos e poder,  os achegados dicían que estaba mareado ou indisposto. Pero todos sabían que era un trompas. Pola contra nos ambientes de barrio o dito era ben distinto: fulano é un borracho. 

Iso mesmo acontece nos negocios e sona doutra maneira ben distinta, pois calquera incumprimento por pequeno que sexa márcate como pufeiro ou informal e case como un  delicuente.  Un señor, como eses que andan de comisionistas corrompendo á xente e os cargos públicos,  ou  se o prefiren:  un señor que anda facendo negocios turbios, cando ten éxito  e acada millón de euros,  na linguaxe dise que fixo unha boa operación.

Mentres o pequeno  autónomo se fai algo mal, axiña é un chapuzas ou  un incumpridor.. Pois ben, isto é o aconteceu co corrupto Aldama. Primeiro meteu no allo ós que se deixaron corromper e cando viu que a xustiza andaba  tras del e o meteu uns días  no talego, fíxose  colaborador a cambio de que lle conmutaran a pena polos seus delitos. E enriba trincou unha boa pasta, pois a sentencia do supremo non se mete no asunto dos cartos.  

Os xuíces dese alto tribunal  seica fan  esa sentencia pra que outros canten. Que é legal, pois iso parece, pero que un  danzante coma este señor enriba sexa laureado  e apareza como modelo de ética na dereita dá certo arrepío.  Esta claro que a España do cego e o rapaz que lle axudaba segue viva e en pleno apoxeo. Iso xa ninguén o dubida, dado que se roubas e tes certo prestixio e cartos  sempre podes fardar de que fixeches unha boa operación.  O demais é un conto. Polo que lémbrome do que dixo un presidente dese alto  tribunal nun intre de lucidez e sinceridade: A xustiza está feita para os rouba galiñas.

Polo que remato deixando unha pregunta: Quen xuzga ós que nos xuzgan? Eu xa non creo na xustiza despois desta e de moitas cousas que hoxe pasan  cós xuíces cando fan as cousas mal?  Complicado vexo o asunto de eliminar a corrupción entre  dos humanos. Mais acato a  xustiza porque non me queda outra;  pero xa perdín a fe de crer nela cando se fala das altas instancias. Aldama non é modelo de nada bo. Con todo, queiramos ou non, seguimos vivindo na España dos pillos, dos defraudadores e dos ladróns do público.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS



Outros artigos de Manuel Herminio Iglesias

Manuel Herminio: “A mensaxe de León XIV e os riscos da I.A.”

Manuel Herminio: “Unha lección de humanidade”

Manuel Herminio: “A velocidade nas nosas vidas”

A opinión de Manuel Herminio: “Raigame: algo máis que  unha romaría”

A opinión de Manuel Herminio: “A manipulación  das masas”

A opinión de Manuel Herminio: “Hai 50 anos e pico…”

A opinión de Manuel Herminio: “Adeus a Revolución Cubana”

A opinión de Manuel Herminio: “Patriotas de bandeira”

A opinión de Manuel Herminio: “Cuba na encrucillada”

A opinión de Manuel Herminio: “Quixemos cambiar o mundo…”

A opinión de Manuel Herminio: “O mundo ten alzheimer?”

A opinión de Manuel Herminio: “A faciana agochada dos deuses”

A opinión de Manuel Herminio: “A lei do máis forte”

A opinión de Manuel Herminio: “A velocidade como meta”

A opinión de Manuel Herminio: “Ás portas do Nadal lembrando a Marcos”

Venres negro

Frases  con moita retranca

A lei do péndulo

Seica mentir  non é delito

Non chove auga…

Camiñar na ambigüedade

Agochar o que non gusta da historia

Arredor dos incendios

O rei do mundo

Licenciado pola universidade da vida

A deshumanización da sociedade

Unha parte non é o  todo

Tiranos con facha de demócratas

Españoles decentes

Pode arredarse  música  e cultura da política?

Mover ficha

Falar coas máquinas

Nas mans de ególatras e imperialistas

O mundo ó revés

A guerra como negocio

Soamente unha visión: a  económica

Aumentar o espazo vital

Venezuela

Tempo de Nadal

Atados á Utopía

Ourense e a enerxía eléctrica

Cuniupuyara

O insulto no canto do argumento

Os Bacelos de Prata 2024

Vivir no Rural

Catalunya: Un tempo novo

Algo cheira a podre

Pasarse de voltas

Tempo de charlatáns e predicadores

Haberá moción de censura?

As recetas da motoserra

Adeus á independencia

Non todo vale pra acadar o poder

A noria do tempo

Ditadores coa faciana de demócratas

Amarrado polos ovos

Unha cantiga sin alma

A opinión de Manuel Herminio: “Enfurruñados ou riquiños”

Quen fala dos problemas desta terra?

Asaltar o ceo contra o pracmatismo

Volve o tempo das promesas

Aquelas pequenas cousas

A fantasía e o consumismo no Nadal

Feijoo e as maiorías absolutas

Tempo de Magostos

Coidado cos salvapatrias

Descoñecen o que berran e chantean?

Achegarse á España real

Lavándolle a faciana a extrema dereita

A Resaca Electoral

O puzle ourensán

Música de calidade

As licencias dos quen mandan

Pacto cós ourensás

Moita enerxía sen rentabilidade

Xente sinxela

Os que pasan á historia

A Aposta Galeguista

Fun cantando

Nin Música nin Letra

Un home feito de cartos

Tempo de lecer e refexión.

As leiras a ermo

A longa sombra da corrupción

Erro Histórico

Llegó la mami….

Un crego de parroquia

Ourense: Sen obxectivos nin proxectos

e Ourense, existe?

O Nadal da Saudade

Unha area no zapato

Serrat e os cantautores

As incertezas na aldea global

Ourense, por riba das ideoloxías

O importante é a pasta

Sos Ourense!!!

Ourense cara un ermo cultural

Vandalismo, botellóns e desleixo

Na procura da felicidade

Dúas maneiras de actuar na política

Tinte galeguista

Abrindo un novo camiño

Lembrades a democracia organica?

Actuar en manada

Os refráns na política

As miserias na política

De xeonllos e pedindo perdón

Culturetas de ….

Arroutadas

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------