O Vila do Arenteiro crea unha “Patrulla Verde” para a reciclaxe de plásticos

Os alumnos de terceiro de primaria do centro Vila do Arenteiro puxeron en marcha unha campaña de reciclaxe  baixo o nome Patrullas verdes, que son un equipo de rapaces que apostan por dar un bo tratamento a todos os refugallos que sobran da súa merenda. A súa titora, Nélida Rodríguez, adiántanos un pouco o seu proxecto, baseado na creación de ecoladrillos.

Os máis pequenos están moi implicados con esta causa, e son os artífices de todo o proxecto. Eles mesmos explicáronnos esta mañá como é o proceso que realizan a diario, comezando por contarnos o que é unha patrulla verde.

AVANTAR ACTIVIDADES

A finalidade de crear ecoladrillos e a de construír un espazo destinado a plantar, outra das iniciativas nas que os máis pequenos se formarán.

Tamén crearon os chamados composteiros, que son recipientes para que todos os rapaces do centro poidan depositar os restos orgánicos para a súa utilización posterior.