O Conservatorio recupera mañá as clases presenciais de canto e instrumentos de vento

O Diario Oficial de Galicia, que saíu publicado hoxe, inclúe tres novidades. No ámbito da educación, despois da recuperación progresiva das ensinanzas especiais, a partir de mañá volven as clases de canto e a docencia con instrumentos de vento, que volven á normalidade. Estas modalidades eran as que maior facilidade de contaxio supoñían ó ter que realizarse sen máscara.

Os doutros dous ámbitos son os albergues, que poderán abrir dende mañá, aínda que con limitacións de aforo. E recupéranse tamén as actividades de turismo activo con limitación de catro persoas. Todas estas medidas entrarán en vigor dende a media noite de hoxe.

PUBLICIDADE

Publicidade Premer na Imaxe