O Concello de Piñor pon en marcha o programa de conciliación para este Nadal

Como se ven realizando dende anos atrás, o Concello de Piñor levará a cabo o programa  PIÑOR CONCILIA “DIVERNADAL”, que ofrecerá atención a cativos de entre 4 e 13 anos de idade, en horario de 10:00h a 14:00h no Centro Social, dende o 22 de decembro de 2021 ó 7 de xaneiro de 2022 (a excepción do 24 e 31 decembro, e do 6 de xaneiro). Os participantes realizarán talleres e xogos moi variados. Por unha banda, o primeiro día, que será o 22 de decembro, terá lugar a XORNADA DE BENVIDA DO DIVERNADAL, sendo unha mañá moi diferente na cal ademais de contar cun obradoiro de xogos populares denominado “Enredos no Nadal” (a cargo do Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo da Deputación Provincial de Ourense) tamén terá lugar o espectáculo teatral “Ris Ras”, de Baobab Teatro, que se desenvolverá de 12h a 12:45h aproximadamente, unha iniciativa dentro do Programa Nadal en Rede da Rede de Dinamización Lingüística. Finalmente, dende o 23 de decembro ó 7 de xaneiro terán lugar talleres e obradoiros moi variados como xogos musicais, cociña navideña divertida, maquillaxe infantil…entre outros.

Este servizo permite facilitar a conciliación da vida familiar e laboral durante as vacacións escolares, sendo totalmente gratuito para as familias.  A situación provocada polo COVID19 fai preciso adaptar este tipo de actividades para poder cumprir coas restricións sanitarias, motivo polo cal se abrirá o período de inscrición ata o vindeiro 20 de decembro, contando así co tempo preciso para unha organización axeitada da actividade.  

AVANTAR ACTIVIDADES

Toda persoa interesada pode poñerse en contacto cos Servizos Sociais, onde se lle facilitará o procedemento de inscrición.


VIDEO SPOT PIÑOR en BADAL TV