Nova resintonización da Tv. Este xoves, 21 hai cambio de frecuencias

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O centro de cobertura de tdt do carballiño procederá este xoves, 21 de maio, ao cambio de frecuencias, polo que os veciños de godás de cima, longoseiros, a gouxa, veiga e a groba deberán resintonizar as canles nos receptores de tdt

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Debido á liberación do segundo Dividendo Dixital, este xoves, 21 de maio, procederase no centro de cobertura de TDT do Carballño ao apagado dalgunhas frecuencias e encendido das novas frecuencias asignadas.

Segundo os datos facilitados pola Oficina de TDT de Galicia, veranse afectados uns 141 veciños residentes nas entidades de Godás de Cima e Longoseiros, ambas da parroquia de Longoseiros (Santa Mariña), e os veciños de A Gouxa, Veiga e a Groba, da parroquia de Ponte Veiga (San Louenzo).

Para asegurar a calidade da recepción, deberán resintonizar as canles nos receptores de TDT, e no caso de comunidades de veciños, axustar as antenas colectivas.

A distribución das canles é a seguinte:

  • CANLE 26 (MPE1): Disney Channel, Paramount Channel, Dmax, Gol.
  • CANLE 35 (MPE4): Boing, Energy, Mega, 13TV.
  • CANLE 39 (MPE2): Antena 3, La Sexta, Neox, Nova, A3 HD, Sectas HD.
  • CANLE 40 (MUX AUTONOMICO): TVG, TVG2, GHD,G2HD.
  • CANLE 42 (RGE2): TDP, TDP HD, Clan HD, Dkiss, Ten.
  • CANLE 43 (MPE3): Telecinco, cuatro, Divinity, FDE, T5 HD, Cuatro HD.
  • CANLE 47 (RGE1): TVE 1, TVE1 HD, TVE2, TVE2 HD, Clan, 24H.
  • CANLE 48 (MPE5): A3 Series, Real Madrid TV, Be Mad, Ten.

Para calquera información adicional pódese chamar ao teléfono 881 866 388, ou na páxina web www.tdtgalicia.gal  ou no correo electrónico oficinatdr@xunta.gal