Ourense volve a estar ca unidade de coidados intensivos libre de covid

A comunidade galega rexistra hoxe 106 contaxios novos, un lixeiro ascenso con respecto a onte. Aínda así, o número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 1.581, unha cifra que descende nunha trintena de casos grazas ás altas. Do total de pacientes positivos en Galicia, 14 (-1) están en UCI, 55 (+4) en unidades de hospitalización.

Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras a xornada presenta un descenso. A provincia rexistra hoxe 5 contaxios novos, e restando as altas, os casos totais baixan en 7 persoas con respecto a onte, ata os 155 casos activos. Nos hospitais hoxe a situación amosa tamén un estancamento. Contamos con 7 (+2) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 0 (-1) na UCI.

AVANTAR ACTIVIDADES