A Asociación para a Defensa do Asilo anuncia o seu plan de acción para este ano

No día de onte, xoves 19 de xaneiro de 2023, tivo lugar a primeira xuntanza do ano das persoas encadradas dentro da Asociación para a Defensa do Asilo do Carballiño.

A pesares da moi adversa climatoloxía a Casa da Cultura presentou un cheo absoluto, o que evidencia a preocupación cidadá pola deriva tomada pola Fundación Irmáns Prieto e os seus patronos.

AVANTAR ACTIVIDADES

Nunha primeira intervención, Pachi Vázquez , o presidente do colectivo, fixo unha breve presentación das persoas que compoñen a xunta directiva e que amosaron un firme compromiso coa histórica institución. Dentro da mesma hai unha ampla representación do tecido social do Carballiño e, incluso, de moi distintas orientacións políticas. Porque hai causas que están por riba de calquer diferencia e manter intacto o Asilo e garantir o legado dos catro irmáns benefactores é, sen dúbida, unha delas.

Entre as actuacións anunciadas para este ano recién comezado está a creación dunha páxina web onde irá sendo pendurada toda a información que se vaia recabando sobre patrimonio, contas e actualidade da institución, é dicir, todo aquello que seguen escondendo bispo, alcalde e arcipreste e que, dende a Asociación nos comprometemos a ir conquerindo, como anunciou Vázquez “aínda que para iso haxa que ir ao xulgado”.

“Fai un ano que prometeron que nos ían dar todo o que pedimos para garantir a transparencia na xestión dos recursos da Fundación pero nós e os moitos veciños preocupados seguimos sen ver nada, nin siquera nos respostaron ao burofax remitido aos tres pedindo unha reunión e diálogo para resolver o conflito” afirmou Pachi Vázquez.

O numeroso público asistente interviu nunha quenda de preguntas onde a tónica xeral foi a demanda unánime de transparencia aos responsables de velar polo bo funcionamento dun ben que é historia do Carballiño: o noso Asilo.

Ao final do acto unhas 20 persoas máis asinaraon á súa adhesión á Asociación polo que o número de socios xa supera os 200.