Asdifica fai un seguemento virtual dos seus socios durante estes meses

A Asociación de Discapacitados Físicos do Carballiño afronta as consecuencias desta situación sanitaria de xeito virtual. As persoas deste colectivo teñen máis dificultades para facer unha vida normal, xa que as actividades físicas e cognitivas que levan a
cabo para manterse áxiles e activos están actualmente paralizadas. O único que teñen en marcha son as sesión de fisioterapia, imprescindibles para que as persoas con mobilidade reducida non empeoren a súa condición física ó pasar tanto tempo nas súas casas.
O xeito que teñen de traballar nesta segunda ola da pandemia está adaptado ós problemas que se presentaron durante a primeira ola de marzo. Agora, dende a dirección realizan un seguemento de todos os socios diario e de xeito telemático.