Fumega, confirma que se está traballando xa na organización do campamento Divertiño

ÁBRESE HOXE O PRAZO PARA SOLICITAR OS CAMPAMENTOS XUVENÍS DE VERÁN DA XUNTA DE GALICIA.

A RESIDENCIA DO TEMPO LIBRE ACOLLERÁ DOUS CAMPAMENTOS DE ARTE E TECNOLOXÍA EN XULLO E AGOSTO

AVANTAR ACTIVIDADES

O DOG publicou onte a convocatoria para solicitar praza nos campamentos xuvenís de verán da Xunta de Galicia. O prazo para presentar as solicitudes comezou hoxe e rematará o mércores 24 de xuño.

VIDEO

As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario que hai dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Na área de Cultura e Xuventude do concello do Carballiño pódense tramitar as solicitudes de xeito presencial, solicitando cita previa por teléfono.

Na orde publicada no DOG aparece a Residencia do Tempo Libre do Carballiño, como un dos lugares nos que se van a desenvolver estes campamentos.

Así, terán lugar dous campamentos de Arte e Tecnoloxía para mozos e mozas nados nos anos 2009, 2010 e 2011, que se celebrarán en dúas quendas: unha, do 19 ao 26 de xullo, e outra, do 28 de xullo ao 4 de agosto. O grupo popular preguntaba onte polos campamentos de verán que ofrece o propio concello dos que dín que nada se sabe ainda sobre a súa posta en marcha.

Preguntado o alcalde Francisco Fumega, confirmounos que se está traballando xa na organización do campamento Divertiño e que próximamente será anunciado