O BNG critica a falta de iniciativa municipal para conmemorar o día das letras galegas en homenaxe a Carvalho Calero

A voceira do grupo municipal do BNG do Carballiño, Sofía García, lamentou que o Goberno municipal “esquecese una data tan relevante” para a cultura e a lingua galega como o 17 de maio, día das letras galegas, un feito polo que a administración local “debería sentir vergoña”.

Publicidade

O día das letras galegas, unha data fulcral na nosa cultural, unha data que cobra especial relevancia ao adicala a un persoeiro coma Carvalho Calero quen loitou toda a súa vida pola recuperación da lingua galega e a súa normalización. Non pode aceptarse que non haxa a máis mínima inciativa institucional para conmemorar este día e homenaxear a un persoeiro coma Carvalho Calero.

Carvalho Calero representa un exemplo de estudoso do galego e “traballador incansábel” na recuperación da nosa lingua. Ricardo Carvalho Calero foi profesor en Dereito e en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) e Doutor pola de Madrid. Ademais, foi un recoñecido membro da Real Academia Galega, e o primeiro catedrático de Lingüística e Literatura Galega da USC.

Neste escenario, e malia todas as limitacións, este 17 de maio, voltamos ter una cita para que o galego non siga confinado. Neste sentido, García sinalou que a formación nacionalista que ela representa no concello do Carballiño súmase aos actos promovidos pola “Mesa Pola Normalización Lingüística” para comemorar este día e homenaxear a Carvalho Calero.

Desde o BNG convidamos a toda a veciñanza a pendurar a bandeira galega durante todo o día das xanelas ou varandas e os cartaces disponíbeis na web da Mesa. Ás 12 horas Maniféstarse nas redes con mensaxes escritas, vídeos, fotografías, audios… utilizando os cancelos #PrecisamosDoGalego #QueremosGalego #17demaio #Eufalogalego. E ás 13 horas sair á xanela a cantar: A fala (letra: Manuel María; música Uxía- Sérgio Tannus).