Este sábado día 26, entrega do Premio Pedra Alta de 2022 á sección Antela da Sociedade Galega de Historia Natural.

PROGRAMA de actos do 26 de novembro de 2022, con motivo da entrega do Premio Pedra Alta de 2022 á sección Antela da Sociedade Galega de Historia Natural.

11:15 horas, visita ao Museo da Limia.

AVANTAR ACTIVIDADES

12:00 horas, acto de entrega do premio no salón multiusos da casa do Concello.

– Vídeo do Museo

– Saúdo do Alcalde de Vilar de Santos

– Intervención do Presidente do Padroado

Actuación musical

– Lectura do poema A Limia de Antón Tovar, por alumnos/as do CEIP Carlos Cid Arregui de Rairiz de Veiga

– Lectura da acta da concesión do Pedra Alta 2022.

– Laudatio a cargo de Pablo Ramil Rego, Director do IBADER (Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural) da Universidade de Santiago de Compostela

– Entrega do premio

– Intervención de Serafín González Prieto (Presidente da SGHN)

Actuación musical

14:30 horas, xantar-cocido «Pedra Alta», previo pago, no restaurante O Churrero (Vilar de Santos)