A Deputación reforza o seu compromiso coas protectoras de animais integradas no convenio marco de colaboración

IES CHAMOSO LAMAS

A comisión de seguimento do convenio entre a Deputación e os concellos que teñen delegado o servizo de recollida de animais abandonados, informou favorablemente sobre a modificación fiscal para bonificar ao 100% as adopcións realizadas por estas protectoras

O vicepresidente segundo, César Fernández, resaltou o alto nivel do servizo e o bo traballo destas asociacións 

OZOCOgz Deseño Galego

O servizo da rede provincial xestionada pola Deputación facilitou o ano pasado a adopción de 432 cans abandonados. Os técnicos resaltan que case todos os animais recollidos son adoptados, un 60% xa nos primeiros días

O salón de plenos da Deputación acolleu a reunión da comisión de seguimento, vixilancia e control do convenio de cooperación asinado pola institución provincial e os concellos que teñen delegado o servizo de recollida de animais abandonados. Un servizo dependente dos centros de recollida integrados na Rede Provincial de Centros de Recollida de Animais Abandonados (RPCRAA), situados en Xinzo de Limia, O Carballiño, Muíños e A Rúa.

Entre outros puntos resoltos nesta sesión, presidida polo vicepresidente segundo, César Fernández, informouse favorablemente da modificación da ordenanza fiscal reguladora das taxas de adopción, para bonificar ao 100% as taxas de adopción das asociacións colaboradoras coa Deputación de Ourense -Agallas, ligada ó centro de acollida de Xinzo e Arume, no Carballiño-. O resto de asociacións protectoras que non teñen subscrito o convenio marco co institución provincial teñen unha bonificación do 50%. 

César Fernández resalta o alto nivel do servizo e valorou o paso proposto para atender unha demanda destas asociacións, “que tan bo traballo están realizando en favor do benestar animal”, destacando as xestións para facilitar a adopción dos animais dentro do servizo. Esta modificación irá ao pleno provincial ordinario do mes de maio. 

Informe de xestión do servizo do 2021

A rede provincial presta actualmente servizo a 81 concellos ourensáns, que teñen delegada por convenio a competencia en material de recollida, custodia e xestión de animais abandonados na Deputación de Ourense. A recollida dos animais lévase a cabo nas 24 horas posteriores ó aviso na práctica totalidade dos casos. 

Segundo informaron na sesión os técnicos respecto ao informe de actividade en 2021, o número de cans recollidos polo servizo o ano pasado foi de 532. Ata 128 cans recollidos polos traballadores da rede provincial foron devoltos aos seus donos e asináronse 442 adopcións, un 11,2% máis que en 2020. 

Na comisión definíronse como “excelentes” estes resultados, grazas en parte á actuación das  propias asociacións protectoras e, en menor grao, de particulares, que median en máis do 95% das adopcións. Case todos os animais recollidos logran adopción nos 60 días posteriores, e máis do 60% nos primeiros días.