O festival ‘O Carballiño Soa!’ voltou atronar a vila con 200 percusionistas esta fin de semana

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Concertos, obradoiros e exhibicións integraron a programación da terceira edición do Festival de Percusión “O Carballiño soa!”, que tivo lugar na vila esta pasada fin de semana baixo a organización do Conservatorio Profesional e a Escola Municipal de Música (CMUS) do Carballiño, coa colaboración e patrocinio de diversas casas comerciais.

Así o venres, 15 de maio celebrouse un concerto de percusión no Auditorio Manuel María, no que participaron agrupacións dos conservatorios e escolas de música de Verín, O Rosal, Valladares e Cambados, ademais do anfitrión do Carballiño”.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Xa o sábado, día 16, a Pista Roxa acolleu pola mañá un obradoiro de ritmo e expresión corporal, que correu a cargo de Catherine Díaz e Miguel Moreno, da Asociación Mudarte, e, ao seu remate, os grupos realizaron un pasarrúas atronando ao seu paso o casco urbano da vila.

O programa contemplou para a mesma tarde do sábado unha exhibición de batucada na Praza Maior, na que interviron os grupos Percucar, Batucarba, Os PerQtores, Axe Bahía e Vilatuke, finalizando a xornada cun concerto do grupo Nizam Drummer.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------