Xornada de reflexión de Noa Presas (candidata do BNG pola circunscrición de Ourense)

A cabeza de lista do BNG por Ourense, Noa Presas, pasou a súa xornada de reflexión rodeada de amizades durante unha sesión vermouth onde puido desconectar após semanas dunha campaña electoral “ilusionante e propositiva”.

Noa Presas celebrou a súa xornada de reflexión cun encontro coas súas  amizades nun encontro vermouth. A cabeza de lista animou á participación a exercer o seu dereito a voto o 12X para escoller que modelo de futuro queren para Galiza no futuro máis próximo.

AVANTAR ACTIVIDADES

Durante esta xornada, Presas destacou que “estamos nun momento decisivo para o noso país” onde as persoas que non teñan decidido o voto “pensen na opción que máis e en que país queren vivir desde o próximo 12X”. Asemade, a cabeza de lista do BNG por Ourense lembrou a importancia de exercer o dereito a voto, conquistado decenios atrás, para decidir o futuro de Galiza.